Un monólogo adicado a Lorca, no 75 aniversario do seu asasinato será representado o día 17 de Maio en Silleda (na Casa da Cultura ás 20:00 horas) e na Bandeira o 18 (no Centro Cultural Vista Alegre ás 21:00 horas). As entradas están xa a venda (a 5€) na Casa da Cultura de Silleda e no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. Estos actos enmárcanse dentro da "Semana das Letras Galegas" que celebra, por primeira vez, o noso concello.
O coñecido poeta andaluz, autor dunha obra en galego, "Seis poemas galegos", publicada en Compostela no 1935, terá unha merecida homenaxe con esta singular obra de teatro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario