Un ano máis, e xa van 34, a parroquia máis septentrional do noso concello artella unha a súa xa senlleira, Semana Cultural. Desta volta, serán 3 días cheos de actividades:
-Xoves 22 de Novembro ás 9 da noite: charla sobre a paisaxe de Cira e do Val do Ulla. "Un percorrido polo Val do Ulla. A parroquia de Cira" e proxección do documental "A memoria nos tempos do wolfram" de Antón Caeiro.
-Venres 23 de Novembro ás 9 da noite: concerto da Banda Xuvenil da Bandeira.
-Sábado 24 de Novembro ás 9 da noite: cea-baile amenizada polo dúo Meritxell
Cómpre salientar os anos que está parroquia leva comprometido coa popularización e difusión cultural entre os seus veciños.

No hay comentarios:
Publicar un comentario