Etiquetas

sábado, 9 de marzo de 2013

A Concellería de Cultura e Participación Cidadá programa un total de oito obradoiros para o rural


A Concellería de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías R. Da Torre, vén de programar para este ano unha variada oferta de obradoiros para desenvolver nos centros sociais das parroquias. En total ofértanse nove modalidades, impartidas todas elas por artistas e artesáns silledenses.
José Villar (Taller 1924) será o encargado de impartir o obradoiro de coiro, especialidade da que se ofertan dous ciclos (un básico e outro con máis técnicas). Os creadores locais Jorge Conde e Fernando Rodríguez encárganse do obradoiro de artes plásticas (cerámica, gravado con linóleo…) e Adriana Rey do de abalorios.  Os artesáns Manuel Liñares e Carmén Recimil impartirán o de cestos e sombreiros de palla; Francisco Alén o de pintura (óleo). Así mesmo, tamén figura no programa un obradoiro de teatro, que será impartido por Ana Fares. A arte floral será outra das protagonistas, con Marbelis Hernández que se encargararía de outros dosuc ciclos (centros de mesa con material reciclado e arte floral con flora artificial).
“Dende esta Concellaría queremos que os centros sociais das parroquias se convirtan realmente en lugares nos que se desenvolvan actividades culturais e sirvan para que os veciños e veciñas se reúnan e aprendan xuntos, neste caso, distintas técnicas artísticas”, sinalou o concelleiro Matías R. Da Torre, que presentou hoxe o programa de obradoiros no rural xunto con algúns dos artistas que impartirán as sesión. Ademais de José Villar asistiron Carmen Recimil , Adriana Rey e Ana Fares. O concelleiro destacou que ademais de facerse “por vez primeira unha programación dende un punto de vista máis cultural e artístico”, ofrécese ademais a posilidade de facer grupos interparroquais, no caso de que nunha parroquia non se xuntara o número mínimo de persoas que se precisan para desenvolver os curso. Estes teñen tamén unha duración propia e un custe. “Dende o Concello o que facemos é unha labor de coordinación e programación”, sinalou Da Torre, quen explicou que se veñen de enviar cartas aos veciños e veciñas do rural informando do programa.
Así mesmo, tamén incidiu en que é a primeira vez que todos os /as monitores son de Silleda, “o que demostra que hai un potencial importante, e os silledenses debemos de valorar o noso”, engade.
Da Torre explicou que o inicio das actividades, previsto para a primavera, dependerá das inscricións realizadas nas parroquias. As inscricións poden realizarse chamando á Casa da Cultura (986 581028) ou a través do correo electrónico casa. cultura@silleda.es
 “De igual xeito pode suceder que cos veciños dunha soa parroquia, non se dea cuberto o número de alumnos necesario para que un determinado obradoiro se poida impartir, neste caso poden participar no mesmo veciños e veciñas de distintas parroquias e completar así o número de alumnos que se require en cada curso. Neste caso o lugar de celebración do obradoiro, composto por persoas de diferentes parroquias, sería  a convir entre todos”, engade o concelleiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario