Ás
Comisións Informativas de cultura, turismo, paticipación cidadá, deportes,
formación, emprego e xuventude, celebradas onte, o Concello de Silleda levou o
Entroido dos Xenerais da Ulla, os Consellos de Educación, Cultura e os
Parroquiais.
No tocante
ao Entroido dos Xenerais da Ulla, a proposta foi convertelos en festa de
interese turístico. No protocolo de colaboración que Silleda fimou cos
concellos de Vila de Cruces, A Estrada, Boqueixón, Vedra Teo, Padrón, Touro e
Santiago, quedaron en que todos eles levarían este tema aos plenos do mes de
marzo, para crear unha imaxe conxunta deste evento. Na devandita comisión,
todos os membros votaron a favor desta proposta. Cabe destacar a novidade desta
actuación xa que por primeira vez proponse unha festa mancomunada por tantos
concellos.
Asemade,
levouse a constitución do Consello de Educación, que se celebrou o pasado 23 de
febreiro; douse conta da acta de proposta, pola que mostraron interese os
directores dos centros educativos, os representantes das Anpas locais, así coma
voceiros de Prescolar na Casa. Está previsto que se leve a pleno, co que, de
aprobarse, pasarán a ser un organismo colexiado, como entidades municipais. O
mesmo proceso foi levado a cabo para o Consello Municipal∫ de Cultura.
Ante estas dúas
propostas, os concelleiros do PSOE e o do BNG votaron a favor, mentres que os
do Partido Popular se abstiveron.
Consellos parroquiais
A Comisión
Informativa leváronse por urxencia as normas que regulan os Consellor
Parroquias.
A proposta
contempla normas sobre as eleccións, para aprobar para o coñecemento dos
cidadáns. Establécese asemade, as normas para participar no proceso de elección
dos representantes dos consellos de cada parroquia.
Habería un
presidente, un vicepresidente e ata un máximo de 5 vogais. Para isto, a
Concellaría de Participación, que dirixe Matias R. da Torre, presentou unha
suxerencia para poder estimar o número de representantes en función dos
habitantes de cada lugar. De haber menos de 100 habitantes, o número de
voceiros seria 2 (presidente e vicepresidente); se hai entre 101 e 250 veciños,
serían representados por 3 persoas; se os residentes van de 251 a 500,
elexirían a 4 persoas, mentres que se hai máis de 500, deberían elixir a 5.
Preténdese
unha elección transparente, aberta e directa, garantido sempre máis dunha
persoa en representación da parroquia, o que lexitimado de por si o proceso,
conseguiríase unha representación máis imparcial, xa que sustituirían aos
tradicionais alcaldes de barrio que eran designados polo goberno local
pertinente.
Cabe
destacar que se podería sumar un representante por cada un dos colectivos que
estén inscrito no rexistro municipal de asociacións, con razón social na
parroquia á que pertenzan.
As persoas
que desexen apuntarse, deberán comunicalo previamente para o que teñen dúas
vías. Por un lado, poden presentar un comunicado por rexistro á Concellaría de
Cultura e Participación Cidadá, ou ben cinco minutos antes de comezar o proceso
de elección. No caso de que ninguén se presentase, nunha asemblea parroquial
poden porpoñerse candidatos para elixir aos representantes. En caso de que
aínda así quede deserta, poderían elixirse, tamén en asemblea, a membros das asociacións locais como
representantes nos consellos parroquiais.
Poderán
votar todas as persoas censadas nas parroquias e maiores de 18 anos, e non
serán elixibles ningún dos membros da corporación municipal. Para este proceso
de sufraxio, os veciños serán avisados con 7 días de antelación coa publicación
nos medios de comunicación, así como a través de correspondencia. Os
representantes das mesas serán elixidos mediante sorte, e dous deles serán
veciños da parroquia, mentres que o terceiro será un traballador do Concello de
Silleda.
As
eleccións faranse de parroquia en parroquia, e non todas á vez. O presidente
será a persoa con máis votos, o vicepresidente o seguinte con máis votos, e así
sucesivamente.
A vixencia
destes consellos van á par co tempo de lexislatura municipal.
“Con isto, trátase de proporcionar aos veciños unhas normas claras polas
que rexirse no devandito proceso, e que este sexa claro e transparente” afirma
o Concelleiro de Cultura e Participación Cidadá, Matías R. da Torre, “e por
primeira vez na historia, os veciños poderán elixir eles os seus representantes
parroquiais ante o Concello de Silleda polo que se anima a toda a poboación a
participar nestes Consellos parrquiais”, remata o edil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario