Etiquetas

sábado, 1 de diciembre de 2012

O local social de Ansemil-Martixe acolle durante tres xornadas un curso de coñecemento do viño



O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11, 12, e 13 deste mes de decembro un curso de coñecemento da cultura do viño. A cita será a partir das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia.
A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24 prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de Silleda (986 581021).
O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.
A cita está coorganizada polas Concellerías de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías R. Da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A idea é realizar  un primeiro achegamento teórico práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a elaboracion do viño.
“Trátase dunha iniciativa que se podería repetir se houbera interese, especialmente na zona nordeste do Concello, cara ao val do ulla,  onde a produción de viño xa é considerabel”, engade o concelleiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario