A Concellaría de Participación Cidadá, que dirixe Matías R.
Da Torre, inicia a semana próxima o calendario de votacións para elixir ás
persoas que formarán parte dos Consellos Parroquiais, entidades de
representación a nivel parroquial que xurden ao abeiro do Regulamento de
Participación Cidadá aprobado o pasado ano.
O calendario arranca o vindeiro
luns día 18 en Pazos ( de 18.00 a 21.00 horas) e continuará nesa mesma semana
en Cira, Rellas, Abades e Saídres. A axenda complétase en Taboada (día 25);
Parada (26) e Vilar (27). No mes de marzo as eleccións continuarán en Breixa
(día 1); Dornelas (4); Oleiros (5); Ansemil-Martixe (6); Cervaña (7); Margaride
(8); Moalde (11); Ponte (12);Lamela (13 ; Xestoso (14);Graba (15) ); Cortegada
(18); Refoxos (19); Laro (20); Escuadro (21); Carboeiro (22); Negreiros (25) e
Chapa o día 26.
Xa no mes de abril, logo da Semana
Santa, a axenda retómase o luns día 1 en Siador; o martes día 2 en Fiestras, o
mércores 3 en O Castro, o xoves 4 en Piñeiro e o venres 5 en Manduas.
A
estas sesión están convocados presidentes e vogais de cada mesa, segundo sorteo
celebrado o pasado 18 de xuño nas dependencias municipais, que serán os
encargados de dar fe como veciños/as do proceso de elección. Tamén acudirá ás
sesión un traballador do Concello de Silleda para levantar as actas de escrutinio
de cada xornada .
Para presentarse a estas
eleccións como candidatas/os os requisitos son: ter cumpridos 18 anos e estar
empadroado na parroquia. Os interesados en ser candidatas/os poden
dirixirse por escrito á Concellaría de
Participación Cidadá para, ou ben mediante comunicación verbal ou escrita
á mesa 5 minutos antes de dar comezo á votación, ou por votación directa
dos electores, sempre respectando a opción de renuncia por parte do elixido.
Nas votacións poderán participar
todos os veciños e veciñas maiores de idade para elixir aos/as seus representantes aos que poderá
unirse un representante elixido en asemblea pola Asociación de Veciños,
dos cales o que obteña o maior número de votos será Presidente e o segundo
vicepresidente do Consello Parroquial.
O concelleiro de Participación
Cidadá anima a toda a veciñanza das parroquias a votar “para escolleren os seus
representantes democráticos nas parroquias por primeira vez, co fin de mellorar
a conexión entre as parroquias e o Concello, lograr unha maior participación
veciñal na vida municipal e, sobre todo, acadar un órgano que represente os
intereses do rural silledense ao servizo de cada aldea e en beneficio da
comunidade”, engade
Deste xeito, tamén anima a todos os
veciños e veciñas a presentarse a estes comicios para traballar en común por
mellorar as cousas en cada parroquia. “É unha responsabilidade que recae
directamente na xente e desde a Concellaría de Participación Cidadá agárdase
que se aproveite esta oportunidade de participación directa dos veciños nas
decisións municipais”, engade Da Torre.
Dende o citado departamento
municipal xa se levaron a cabo nos últimos meses reunións informativas obre o
Regulamento de Participación Cidadá, e agora o proceso continúa coa elección
dos Consellos Parroquiais órganos representante das parroquias que terán
como obxectivos a participación, consulta información e control da xestión
municipal, que ao mesmo tempo permitirá e impulsará as propostas das/os
veciñas/os e colectivos.
Segundo establecen as normas que regulan a participación nestas eleccións,
o número de representantes de cada consello dependerá do número de residentes
en cada parroquia así, ata 100 residentes, haberá 2 participantes; de 100 a
250, 3 representantes; de 251 a 500, 4 representantes e nas que teñan máis de
500, 5 representantes.
As eleccións terán lugar
nos locais sociais de cada parroquia e deixaranse un mínimo de 3 horas para a
votación en furna (en principio a maioría das sesións están previstas entre as
19.00 e as 22.00 horas).
Na normativa tamén figura que as
mesas estarán compostas por un/unha presidente/a, que será un veciño/a da
parroquia elixido por sorteo entre o padrón de residentes; outro veciño/a como
vogal e un traballador/a municipal que actuará tamén como vogal e levantará
acta.
Todos os membros do Consello
Parroquial serán renovados cada 4 anos, seguindo os tempos da lexislatura
municipal.
Calendario:
FEBREIRO 2013
|
|
|
|
Venres 1
|
Sábado 2
|
Domingo
3
|
Luns 4
|
Martes 5
|
Mércores 6
|
Xoves 7
|
Venres 8
|
Sábado 9
|
Domingo
10
|
Luns 11
|
Martes 12
|
Mércores 13
|
Xoves 14
|
Venres 15
|
Sábado 16
|
Domingo
17
|
Luns 18
18:00-21:00
PAZOS
|
Martes 19
19:00-22:00
CIRA
|
Mércores 20
19:00-22:00
RELLAS
|
Xoves 21
19:00-22:00
ABADES
|
Venres 22
19:00-22:00
SAIDRES
|
Sábado 23
|
Domingo
24
|
Luns 25
19:00-22:00
TABOADA
|
Martes 26
19:00-22:00
PARADA
|
Mércores 27
19:00-22
VILAR
|
Xoves 28
|
|
|
|
|
|
|
|
Venres 1
19:00-22:00
BREIXA
|
Sábado 2
|
Domingo
3
|
Luns 4
DORNELAS
|
Martes 5
OLEIROS
|
Mércores 6
ANSEMIL-MARTIXE
|
Xoves 7
CERVAÑA
|
Venres 8
MARGARIDE
|
Sábado 9
|
Domingo
10
|
Luns 11
MOALDE
|
Martes 12
PONTE
|
Mércores 13
GRAVA
|
Xoves 14
XESTOSO
|
Venres 15
LAMELA
|
Sábado 16
|
Domingo
17
|
Luns 18
CORTEGADA
|
Martes 19
REFOXOS
|
Mércores 20
LARO
|
Xoves 21
ESCUADRO
|
Venres 22
CARBOEIRO
|
Sábado 23
|
Domingo
24
|
Luns 25
NEGREIROS
|
Martes 26
CHAPA
|
Mércores 27
|
Xoves 28
|
Venres 29
|
Sábado 30
|
Domingo
31
|
MARZO
ABRIL
Luns
1
SIADOR
|
Martes 2
FIESTRAS
|
Mércores 3
O CASTRO
|
Xoves 4
PIÑEIRO
|
Venres 5
MANDUAS
|
Sábado 6
|
Domingo
7
|
Luns 8
|
Martes 9
|
Mércores 10
|
Xoves 11
|
Venres 12
|
Sábado 13
|
Domingo
14
|
Luns 15
|
Martes 16
|
Mércores 17
|
Xoves 18
|
Venres 19
|
Sábado 20
|
Domingo
21
|
Luns 22
|
Martes 23
|
Mércores 24
|
Xoves 25
|
Venres 26
|
Sábado 27
|
Domingo
28
|
Luns 29
|
Martes 30
|
|
|
|
|
|
Regulamento
NORMAS QUE REGULAN
A PARTICIPACIÓN
NAS ELECCIÓNS DOS MEMBROS DOS CONSELLOS
PARROQUIAIS.
O Consello Parroquial é o representante da
parroquia, en tal condición, terán o carácter de autoridade no cumprimento dos
seus cometidos.
Artigo 1.- Tal e como se recolle
no Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Silleda, publicado no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o luns 12 de decembro de 2011, cada
Consello Parroquial estará composto por :
Presidente: un/unha veciño/a da parroquia.
Vicepresidente, que actuará así mesmo como Secretario: un/unha veciño/a da parroquia.
Vogais: ata un máximo de cinco veciñas ou veciños da parroquia, amais de
representantes das entidades de participación cidadá legalmente constituídas,
inscritas no Rexistro Municipal, que teñan como único ámbito de actuación a
parroquia.
Os membros do
Consello Parroquial serán elixidos pola Asemblea Parroquial, constituída por
todos os veciños e veciñas da parroquia maiores de 18 anos, incluídos no censo
municipal. O candidato con maior número de votos será Presidente, o segundo
vicepresidente e os sucesivos vogais.
En caso de
incapacidade, renuncia ou falecemento, os cargos serán substituídos por aquelas
persoas que ocupasen a suplencia, no caso de que non houbese suplentes, o posto
so sería restituído a proposta da Asemblea Parroquial.
O cese dos membros
do Consello Parroquial antes do esgotamento do seu mandato farase a proposta da
Asemblea Parroquial, por maioría dos asistentes dos asistentes á Asemblea.
Cada parroquia constitúe
unha circunscrición, na que se elixe o número de representantes do Consello
Parroquial, que resulte da aplicación da seguinte recomendación da Concellaría
de Participación Cidadá: :
Representantes
|
Ata 100
residentes
|
2
|
De
101 a 250 residentes
|
3
|
De
251 a 500 residentes
|
4
|
A
partir de 501 residentes
|
5
|
Aos
que se poderán unir un representante
elixido en asemblea por cada un dos
colectivos que teñan enderezo social e dinamicen socialmente a parroquia.
No suposto de que
nalgunha parroquia non se presentasen representantes para formar o
Consello Parroquial, a Asemblea Parroquial propoñerá para elección o número de
veciños ou veciñas recomendado para tal representación; se estes rexeitasen a
escolla, a parroquia poderá recorrer aos representantes propostos polos
colectivos con sede na mesma a fin de establecer o órgano interlocutor co
Concello e coas competencias atribuídas ao mesmo recollidas no artigo 32 do
Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Silleda.
Artigo
2.- Requisitos para ser elector e elixible
1º .-Ter
cumpridos 18 anos.
2º.- Estar inscrito/a no Padrón Municipal como
veciño/a da parroquia.
Artigo
3.- Requisitos para presentarse:
1º.- Cumprir os requisitos mencionados no
parágrafo anterior.
2º.- Non ter sido desposuído/a do dereito de
sufraxio pasivo.
3º.- Comunicación por escrito a Concellaría de
Participación Cidadá.
4º.- Comunicación verbal ou por escrito á Mesa
5 minutos antes de dar comezo a votación.
Son inelexibles o alcalde ou alcaldesa amais
os concelleiros e concelleiras.
Artigo
4.- Lugar e forma da votación:
As eleccións terán
lugar no Local Social de cada parroquia no día da semana que se determine polo
Concelleiro de Participación Cidadá, a convocatoria será realizada cunha
antelación de 7 días.
Deixarase un mínimo de 3 horas para a
votación, que se realizará nunha urna
colocada ao efecto.
A Mesa estará constituída da seguinte maneira:
Presidente/a: Un/ha veciño/a da parroquia,
elixido por sorteo entre o padrón municipal de residentes na parroquia, con
comunicación previa por parte do Concello.
1º
Vogal: Un/ha veciño/a da parroquia, elixido por sorteo entre o padrón
municipal de residentes na parroquia, con comunicación previa por parte do
Concello.
2º Vogal: Un/unha traballador/a
municipal.
Para o caso de Presidente/a e 1º vogal
sortearanse tamén dous suplentes para cada posto.
De non asistiren as persoas ás que lles tocase
a devandita responsabilidade por sorteo, excepcionalmente exercerá as funcións
o Concelleiro de Participación Cidadá.
Artigo
5.- Duración
Cada catro anos
renovaranse todos os membros do Consello Parroquial, seguindo os tempos da
lexislatura a nivel municipal, limitándose a tres o número de períodos
consecutivos de pertenza a este órgano, e a seis os descontinuos.