Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de marzo de 2013

A Concellería de Cultura e Participación Cidadá programa un total de oito obradoiros para o rural


A Concellería de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías R. Da Torre, vén de programar para este ano unha variada oferta de obradoiros para desenvolver nos centros sociais das parroquias. En total ofértanse nove modalidades, impartidas todas elas por artistas e artesáns silledenses.
José Villar (Taller 1924) será o encargado de impartir o obradoiro de coiro, especialidade da que se ofertan dous ciclos (un básico e outro con máis técnicas). Os creadores locais Jorge Conde e Fernando Rodríguez encárganse do obradoiro de artes plásticas (cerámica, gravado con linóleo…) e Adriana Rey do de abalorios.  Os artesáns Manuel Liñares e Carmén Recimil impartirán o de cestos e sombreiros de palla; Francisco Alén o de pintura (óleo). Así mesmo, tamén figura no programa un obradoiro de teatro, que será impartido por Ana Fares. A arte floral será outra das protagonistas, con Marbelis Hernández que se encargararía de outros dosuc ciclos (centros de mesa con material reciclado e arte floral con flora artificial).
“Dende esta Concellaría queremos que os centros sociais das parroquias se convirtan realmente en lugares nos que se desenvolvan actividades culturais e sirvan para que os veciños e veciñas se reúnan e aprendan xuntos, neste caso, distintas técnicas artísticas”, sinalou o concelleiro Matías R. Da Torre, que presentou hoxe o programa de obradoiros no rural xunto con algúns dos artistas que impartirán as sesión. Ademais de José Villar asistiron Carmen Recimil , Adriana Rey e Ana Fares. O concelleiro destacou que ademais de facerse “por vez primeira unha programación dende un punto de vista máis cultural e artístico”, ofrécese ademais a posilidade de facer grupos interparroquais, no caso de que nunha parroquia non se xuntara o número mínimo de persoas que se precisan para desenvolver os curso. Estes teñen tamén unha duración propia e un custe. “Dende o Concello o que facemos é unha labor de coordinación e programación”, sinalou Da Torre, quen explicou que se veñen de enviar cartas aos veciños e veciñas do rural informando do programa.
Así mesmo, tamén incidiu en que é a primeira vez que todos os /as monitores son de Silleda, “o que demostra que hai un potencial importante, e os silledenses debemos de valorar o noso”, engade.
Da Torre explicou que o inicio das actividades, previsto para a primavera, dependerá das inscricións realizadas nas parroquias. As inscricións poden realizarse chamando á Casa da Cultura (986 581028) ou a través do correo electrónico casa. cultura@silleda.es
 “De igual xeito pode suceder que cos veciños dunha soa parroquia, non se dea cuberto o número de alumnos necesario para que un determinado obradoiro se poida impartir, neste caso poden participar no mesmo veciños e veciñas de distintas parroquias e completar así o número de alumnos que se require en cada curso. Neste caso o lugar de celebración do obradoiro, composto por persoas de diferentes parroquias, sería  a convir entre todos”, engade o concelleiro.


viernes, 22 de febrero de 2013

Silleda celebra o vindeiro domingo o día de Rosalía co descubrimento dun mural na rúa Santa Olaia


Silleda, 20 de febreiro  de 2013. Silleda celebrará o vindeiro domingo día 20 o Día de Rosalía, coincidindo co día do aniversario do nacemento da autora de Padrón. Deste xeito tamén se da  cumprimento ao acordo da xunta de goberno local que o ano pasado acordou declarar o 24 de febreiro coma o Día de Rosalía de Castro, para a celebración de actividades diversas en memoria da escritora.
Logo de que o pasado ano se fixera unha lectura pública dos seus poemas a cargo dos traballadores municipais, o Concello de Silleda secundará as propostas da Asociación de Escritores en Língua Galega na celebración deste ano. Así, o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez Da Torre explica que o vindeiro domingo día 24 se procederá ao descubrimento dun mural na rúa Santa Olaia. A creación, en metacrilato e de 2 por 1 metros, situarase xunto a un muro. Do mesmo xeito o acto, previsto para as 16.30 horas, completarase cunha lectura dos poemas de Cantares Gallegos. “Este ano hai aínda máis razóns para conmemorar este día, xa que se cumpren 150 anos de Cantares Galelgos, a primeira gran publicación en galego do século XIX”, sinala Da Torre. Nos vindeiros días tamén se repartirán por distintos puntos da vila poemas da autora. Para a lectura pública do domingo están convocados colectivos silledenses, asociacións culturais, a comunidade educativa…. nun acto aberto a toda a cidadanía. “Co descubrimento deste mural Rosalía de Castro poderá ter un espazo no rueiro do noso concello”, engade Da Torre.
Nestas actividades colabora ademais a Plataforma Queremos Galego Deza.

miércoles, 16 de enero de 2013

O silledenses Xosé Luís Alonso Abeledo expón a súas obras na Casa da Cultura


 A Casa da Cultura de Silleda volve acoller outra mostra dun artista local. Trátase de Xosé Luis Alonso Abeledo, autor natural de Meixomence, na parroquia de Ponte, que dende hai case 40 anos se vén adicando á arte por afección.
Este autor xa realizou varias mostras, sempre a nivel local, amosando as súas obras en espazos coma a Fundación Semana Verde o una Casa da Cultura, a onde volta cun total de 8 óleos e 8 tallas en madeira. A inauguración da exposición das obras de Alonso Abeledo terá lugar pasado mañá xoves día 17 ás 21.00 horas. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro día 31.
De formación autodidacta, tamén ten traballos de escultura en pedra, mármore, talla en madeira e pinturas en óleo e acuarela.
O concelleiro de Cultura, Matías R. Da Torre, sinala que con esta mostra séguese a apostar pola promoción e divulgación das obras de artistas silledenses. 

martes, 8 de enero de 2013

12/12/12 ás 12:00 horas...e escoitouse a Celso Emilio no IES Pintor Colmeiro

Por iniciativa das equipas de Dinamización Lingüísitca do IES Pintor Colmeiro o pasado 12 de Decembro lembrouse a Celso Emilio Ferreiro nun grande recital que tivo lugar no Instituto. O vídeo foi realizado polo deseñador de Manduas Anxo Lois Diéguez. 

http://www.youtube.com/watch?v=dszKsOJUYLw

sábado, 5 de enero de 2013

III Xuntanza de de baile e música tradicional do Concello de Silleda

O día de Reis Silleda estará de dobre celebración: por unha banda reúnense 12 agrupacións de música tradicional do concello, e por outra banda a Concellaría de Participación Cidadá continúa este ano coa recuperación da Feira de Reis cunha quincena de artesán locais, todo iso na Praza da Feira Vella. Achégate!


miércoles, 2 de enero de 2013

Concerto Extraordinario de Aninovo na Bandeira

O vindeiro venres 4 de Xaneiro teremos a oportunidade de desfrutarmos dunha benvida musical ao 2013 no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira! achégatea a recibires o Aninovo!


martes, 1 de enero de 2013

Hansel e Gretel na Bandeira

O Quinteto Pentafonía e a compañía teatral Seisdedos producen unha maxitral revisión do clásico "Hansel e Gretel" que teremos a oportunidade de ver no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira o mércores 2 de Xaneiro ás 20:30. Achégate a desfrutar desta oportunidade!


lunes, 24 de diciembre de 2012

Clube de lectura na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda o vindeiro xoves 27

O IES Pintor Colmeiro e a Concellaría de Cultura e Educación promoven a creación dun clube de lectura na Biblioteca de Silleda

Os maiores de 16 anos interesados/as na iniciativa están convocados o vindeiro xoves día día 27 ás 20.30 horas a una reunión que celebrará na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde se levarán a cabo as xuntanzas do club.

Silleda aposta pola creación dun club de lectura aberto a toda a cidadanía. Esta iniciativa parte do IES Pintor Colmeiro, que xa conta con clubs propios, co apoio da Concellería de Educación e Cultura. Estará aberto a todas aquelas persoas maiores de 18 anos para poñer en común as reflexións que susciten as distintas lecturas. Para a súa posta en marcha convócase aos interesados/as a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves día 27 na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde terá a súa sede o club, ás 20.30 horas.

A proposta xorde para fomentar o hábito de lectura e o diálogo, para ofertar novas posibilidades no tempo de lecer e tamén para converterse nun punto de encontro entre as persoas que compartan o gusto pola lectura. Dende o IES Pintor Colmeiro, tamén apuntan que o club permitirá dar a coñecer contornos sociais e culturais diferentes aos nosos.

O club desenvolveríase nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao a partir dos comezos deste vindeiro ano 2013. “Consideramos que se trata dunha iniciativa moi interesante, para fomentar o hábito da lectura e ampliar a oferta cultural no noso municipio, alén de poder diversificar distintas actividades culturais arredor das lecturas que se realicen”, sinala o concelleiro Matías R. da Torre, que eloxia a iniciativa de Gracia Santorum, do IES Pintor Colmeiro, con dilatada experiencia neste tema e que este curso conta con catros clubs de lectura. Con esta proposta a creación dun club de lectura ábrese a toda a cidadanía de Silleda.

Que é un clube de lectura?

Un club de lectura está formado por un grupo de persoas que len un libro aomesmo tempo e que se xuntanunha vez ao mes para debatersobre o lido e poñer en común as distintas opinións. Os clubs de lectura reúnen dous estímulos: a lectura persoal e íntima a posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.





Contacontos na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda. "A Música das árbores" de Anxo Moure

Este mércores 26 de Decembro teremos a oportunidade de desfrutarmos do precioso espectáculo "A música das árbores" destinado ás e aos máis cativas e cativos, e tamén ás súas nais e pais, e que dará comezo ás 16:30 da tarde.


O Contacontos chantadino Anxo Moure

jueves, 20 de diciembre de 2012

XII Concerto de Nadal da Banda de Música Muncipal de Silleda, e promete ser abraiante!!!

Este sábado ás 21:00 no Auditorio da Semana Verde de Galiza teremos a extraordinaria oportunidade de ver, escoitar e deleitármonos co espectáculo AS POMBAS DE CARBOEIRO de Fantoches Baj, cola colaboración especial da Banda de Música Municipal de Silleda.
Por tan só 4 euros gozaremos desta espectacular montaxe única. Lembrades que as entradas están á venda na Escola de Música Municipal de Silleda, na Casa da Cultura ou no propio Auditorio anté momentos antes do espectáculo.
Nos quedes sen mçusica, sen son, sen tratro, sen esta grandísima oportunidade!




Teatro no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira

Mañá venres 21 de decembro ás 8 da tarde-antes da fin do mundo- temos tripla sesión da escola de teatro infantil da Anpa Brincadeira: O CONTO TOLO; A TOUPIÑA, 
que serán representadas polo alumnado do Ceip da Bandeira no Auditorio Manuel Dopazo.
Deseguido tamén contaremos coa función teatral a cargo do Grupo de Teatro do Centro Sociocultural de Conxo "Aquí non paga nin dios".
Entrada para maiores de 12 anos: 2 euros




miércoles, 19 de diciembre de 2012

Presentadas máis de 340 postais e 88 cartas solidarias aos Reis Magos nos certames para escolares


Os certames creativos para escolares, organizados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. Datorre, continúan a ter un grande éxito, con novos récords de participación . Así, nesta edición, ao concurso de postais presentáronse un total de 345 creacións e no de Cartas Solidarias aos Reis Magos, un total. Estes traballos foron realizados polos alumnos da Escola Infantil A Galiña Azul (que presentaron 20 postais); o alumnado do Ceip da Bandeira, do Ceip de Silleda,  do Colexio María Inmaculada e os do IES Pintor Colmeiro.
A reunión do xurado terá lugar mañá na Casa da Cultura, onde xa se poden ver tanto ás postais coma as cartas. O xurado do certame de postais estará formado polos artistas locais Marisa Miguelez, Adrián Penido e Ramón Vázquez Barcala, mentres que de xulgar os textos se encargarán outros tres silledenses: o xornalista silledense Xan Salgueiro, o artista Jorge Conde, e David Iglesias González,  artesán e colaborador en prensa.
A entrega de premios nas distintas categorías terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 16.30 horas na Casa da Cultura.   En canto aos premios, haberá tres por categoría, con material escolar (fundamentalmente libros en galego) e diplomas, así coma dous libros  para cada centro escolar que participe.

Mañá xoves celebrase o festival de Nadal do Espazo Lúdico Educativo


. Mañá xoves terá lugar, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura o Festival de Nadal do Espazo lúdico-educativo, iniciativa coordinada dende a Concellaría de Educación.  O certame está aberto a toda a sociedade e contará con propostas novidosas como a representacións con sombras . Ademais do conto da muiñeira de Chantada, O conto dos tres porquiños, haberá un poema, e rimas con números inventadas polos nenos e nenas. Esta proposta está  baseada no libro "Cinco" de Antonio Rubio.
O festival tamén contará con danzas ( Don Meliton, do recopilatorio "Un bico e un cantar" e  Debaixo da Figueira, do recopilatorio "Pelo Gato 24"
Os asistentes tamén poderán disfrutar con visionados coma o da da festa do Samain no Espazo lúdico.


Ábrese o prazo para quen queira ser paxe na Cabalgata de Reis.


@s nen@s interesad@s en participar na Cabalgata de Reis como paxes xa se poden anotar na Casa da Cultura a través do tlf. 986581028. Poden anotarse cativ@s entre 5 e 11 anos.






Silleda recupera a figura do apalpador

O Apalpador, unha figura lendaria do Nadal galega escasamente conservada nas montañas orientais do noso país está a ser recuperada polo concello de Silleda, consciente da importancia de reivindicación e recuperación da cultura do país:

-O día 14 tivo lugar a visita do Apalpador e dun dos seus tranos aos 3 colexios do concello.

-Dende o día 18 fica unha recreación explicativa do personaxe na Casa da Cultura de Silleda alén, dun xogo de palabras participativo co mesmo Apalpador.

-O día 24, a partir das 7 da tarde o Apalpador fará un pasarrúas pola vila de Silleda, e o 31 na vila da Bandeira á mesma hora.


O Apalpador descóbrenos o Arco da Vella

domingo, 16 de diciembre de 2012

Carlos Callón presentará o martes en Silleda o seu libro “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”


O vindeiro martes día 18, dentro da programación de Nadal, terá lugar en Silleda a presentación do libro “Como falar e escribir en galeg con corrección e fluidez”, de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. A cita será ás 21.00 horas na biblioteca municipal Daniel Castelao, e ademais do autor da obra, participarán o concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre e o  coordenador de Queremos Galego Deza, Afonso Leal.
Editada por Xerais, nesta obra práctica Callón, de xeito desenfadado e mediante anécdotas, ofréce consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
Carlos Callón (Ribeira, 1978) é presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e da Fundación Via Galego, así como portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas. Profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e investigador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista. Foi tamén concelleiro na súa vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE-G. Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005), En castellano no hay problema (Xerais, 2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011) Premio Redelibros de Ensaio, Amigos e sodomitas (2011) Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e Premio Fervenzas Literarias de Ensaio e Como escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012). Obtivo tamén varios galardóns pola súa obra de creación, entre os cales salienta o Premio Internacional de Teatro Breve Lauro Olmo (1996). Ademais de colaborar con asiduidade en varios medios de comunicación, mantén o blogue www.carloscallon.com




jueves, 13 de diciembre de 2012

Silleda estrea o programa de Nadal con máis actividades ca nunca!

Coa fin de dar á cidadanía unha amplísima oferta cultural e de lecer para este Nada, o Concello de Silleda crea o programa con máis actividades que nunca se viron neste concello.






sábado, 8 de diciembre de 2012

Maratón de Cinema de ADELLIS

Outro ano máis o cinema de calidade ten o seu lugar no Trasdeza grazas á labor que estas datas, como xa é tradicional, fai a Asociación Sociocultural ADELLIS.
A cita será o vindeiro sábado 15 de Decembro, as 15:55 e rematará ben entrada a madrugada cun filme sorpresa (como xa é habitual),cun total de 6 películas.
Achégate!


sábado, 1 de diciembre de 2012

O local social de Ansemil-Martixe acolle durante tres xornadas un curso de coñecemento do viño



O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11, 12, e 13 deste mes de decembro un curso de coñecemento da cultura do viño. A cita será a partir das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia.
A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24 prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de Silleda (986 581021).
O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.
A cita está coorganizada polas Concellerías de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías R. Da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A idea é realizar  un primeiro achegamento teórico práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a elaboracion do viño.
“Trátase dunha iniciativa que se podería repetir se houbera interese, especialmente na zona nordeste do Concello, cara ao val do ulla,  onde a produción de viño xa é considerabel”, engade o concelleiro.




jueves, 29 de noviembre de 2012

As autoras Ledicia Costas e Montse Pena imparten obradoiros de literatura no IES Pintor Colmeiro

Ledicia Costas e Montse Pena Presas, escritora e crítica literaria respectivamente deron onte  senllos obradoiros sobre poesía e literatura infantil para o alumnado do IES Pintor Colmeiro, alén de falaren das súas derradeiras obras publicadas: O Corazón de Xúpiter e a Estrela do Vento.