Etiquetas

miércoles, 29 de febrero de 2012

Encontro cos veciños de Pazos para explicar o regulamento de Participación Cidadá

Na tarde de onte Matías Rodríguez da Torre tivo unha reunión cos veciños da parroquia de Pazos, para explicar o regulamento e o significado de Participación Cidadá.

martes, 28 de febrero de 2012

Constitución do Consello Municipal da Cultura


Arredor de trinta colectivos trasdezaos acudiron onte á Casa da Cultura de Silleda onde tivo lugar a reunión na que se fixo a proposta de constitución do Consello de Cultura.

Na reunión mantida onte designouse o presidente do Consello, que será o Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, a videprensidencia recaerá na  Banda Recreativa e Cultural de A Bandeira, a cal enviou como representante ao seu tesoureiro Diego Cuíña, mentres que os representantes das restantes asociacións serán os vogais. Cabe destacar, que ao ser en representación do colectivo, se alguén non pode acudir ás reunións, pode ser substituido por outro membro da súa asociación.

Este consello manterá asembleas con carácter semestral e estará vixente mentres dure a lexistatura; o obxectivo fundamental desta entidae é a coformación dun grupo a prol da cultura no Concello de Silleda, que organice actividades para a súa promoción.

O Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, califica de importante a heteroxeneidade de colectivos que acudiron, posto que “habíaos con obxectivos totalmente culturais, pero outros tamén artísticos, ou que son só tanxenciais no eido cultural, aínda que aportan moito coas actividades que organizan nas correspondentes parroquias”.

Na encontro mantido onte, os asistentes estruturaron as bases para as subvencións de 2012, aportando un modelo por cada punto a presentar, para que a entrega da documentación precisa fora máis doada para todos; tamén se deixou claro que estas axudas económicas, en ningún caso servirían para comidas, nin tampouco para gastos ordinarios como poden ser luz, auga... Unha das primeiras función deste órgano recén constituido, será valorar as propostas de resolución de subvencións funcionando tamén como consello asesor do propio Concello.

Rede cultural municipal
Asemade, o Consello de Culutra contempla a creación dunha rede cultural que vai facilitar a comunicación e a colaboración entre colectivos, para que  todo o mundo teña coñecemento das actividades que organizan os demais, e proporcionar así a este municipio un calendario estable de actividades culturais. Esta rede tamén permitirá ás asociacións evitar a duplicidade de eventos na mesma data, ou unha organización máis aticipada, ademáis da colaboración directa con outras, aportando os recursos de cada unha, para levar os seus proxectos a cabo.

Algo no que se traballará na vindeira reunión, en xuño, será unha proposta da presidencia, na que se pon sobre a mesa a posibilidade de que todos os colectivos colaboren para que os silledenses que non o coñezan, teñan información sobre o seu propio patrimonio e a riqueza cultural socializando monumentos e paraxes naturais.

                                 
A constitución efectiva deste Consello levarase a cabo seguinte pleno municipal, que terá lugar en marzo.

Teatro en inglés na Casa da Cultura de Silleda

O venres 2 de Marzo terá lugar na Casa da Cultura de Silleda a representación de "Three in one" para os alumnos do I.E.S. Pintor Colmeiro ás 09:15 horas, a cargo da compañía Clever Pants.



lunes, 27 de febrero de 2012

Degustación do lacón máis da empanada no Forum Gastronómico de Santiago de Compostela

O domingo 26 de Febreiro degustamos no Forum Gastronómico de Santiago de Compostela, 2 dos nosos produtos: o lacón de Silleda e a empanada da Bandeira, a través do proxecto Depodeza, que concurría cun stand á cita gastronómica na capital do país.

Matías Rodríguez da Torre, concelleiro de Turismo no stand de Depodeza

domingo, 26 de febrero de 2012

Encontro dos veciños de Oleiros

O sábado 25 tiveron unha cea os veciños da parroquia de Oleiros para amosar as obras realizadas no Curso de Pintura que organizaron a cargo da Concellaría de Cultura.

Aspecto da cea no Centro Sociocultural de Oleiros

Durante a cea sorteáronse unha parella de  quicos, velaí o gañador cun deles




sábado, 25 de febrero de 2012

O Concello de Silleda homenaxea a Rosalía de Castro

Unha iniciativa da Concellaría de Cultura, fixo que a Xunta de Goberno Municipal tomara a decisión de celebrar o 24 de Febreiro, día de nacemento de Rosalía de Castro, cunha lectura de poemas da autora no salón de plenos do concello.
 Nesta primeira vez de celebración foron os traballadores do concello e os membros da corporación os que tiveron a oportunidade de ler á autora, pero preténdese que en vindeiras ocasións, esta homenaxe sexa feita por outros colectivos: gandeiros, membros de asociacións culturais, comerciantes...como un xeito máis de achegarmos a cultura á sociedade.

Homenaxe a Rosalía

viernes, 24 de febrero de 2012

Constitución do Consello Municipal da Educación

Onte pola noite, nunha reunión na Casa da Cultura entre o concelleiro de educación, Matías Rodríguez da Torre e os representantes das 6 institucións educativas do concello (CEIP de Silleda, CEIP da Bandeira, Colexio María Inmaculada, Escola Infantil Galiña Azul, IES Pintor Colmeiro e Preescolar na casa) así como das ANPAS (Brincadeira do CEIP da Bandeira e Pícaros do CEIP de Silleda) quedou constituido o Consello Municipal da Educación. 
Na reunión de onte puxéronse en común as características e demandas dos distintos centros así como   foron  suxeridas diferentes inciativas para inserir á sociedade trasdezá na actividade educacativa, e do mesmo xeito acordáronse celebrar reunións semestrais..
Nesta primeira asemblea constituinte quedou nomeado Jesús Fernández Sulleiro como vicepresidente do Consello Municipal da Educación, director do I.E.S. Pintor Colmeiro e Matías Rodríguez da Torre como presidente. 

Aspecto da constitución do Consello Municipal da Educación onte á noite. 

jueves, 23 de febrero de 2012

A Concellaría de Educación colabora coa Fundación Preescolar na Casa que desenvolverá a súa actividade no Ceip de A Bandeira


A Fundación Preescolar na Casa ten previsto desenvolver as súas actividades no Ceip de A Bandeira, e a Concellaría de Educación, que dirixe Matías R. da Torre, colaborará con ela na facilitación das instalacións e no apoio para as inscripcións para o programa.

As actividades, Espazos das Familias, - que pertence a Preescolar na Casa – darán comezo neste mes. A Fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que oferta, a través dun equipo de profesionais, un Servizo de Orientación Educativa ás familias e un Servizo de Difusión que comprende unha ampla variedade de accións divulgativas.

Dende esta fundación, as familias terán a oportunidade de favorecer o encontro con outras con características e necesidades similares, profundizar no desenvolvemento dos cativos para comprendelos mellor e ter actuacións máis axeitadas, aproveitar os recursos disponibles como elementos educativos, recoñecerse como principais educadores dos fillos, favorecer a sociabilización, e a participación en actividades lúdicas, todo para o desfrute dos máis pequenos.

Aqueles que estén interesados, poden inscribirse a través do correo electrónico correo@preescolarnacasa.org, da web www.preescolarnacasa.org, ou tamén na Casa da Cultura de Silleda (986581028).

O Concelleiro de Educación, Matías Rodríguez, considera que “é un programa educativo moi acaído, efectivo e necesario para o apoio educativo das crianzas no medio rural”.



III Cea da Xuventude en Graba o venres 30 de Marzo

A Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, celebrará no seu Centro Sociocultural unha nova edición da cea de confraternización que organiza a Asociación Cultural Coto do Castelo o vindeiro venres 30 de Marzo.


miércoles, 22 de febrero de 2012

Entroido infantil en Laro

Moi animada estivo a pasada tarde o Centro Sociocultural de Laro, cun Entroido Infantil por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais "O Candán" , coa participación da Área de Cultura, e que contou coa presenza de 2 animadoras e da contacontos lalinense Raquel Queizán, que fixeron unhas xeniais actuacións para cativos e grandes.

Aspecto da actuación de Raquel Queizás en Laro

martes, 21 de febrero de 2012

Entroido infantil na Bandeira

Onte foi o Entroido infantil na no Centro Sociocultural Vista Alegre, xa na recta final das celebracións da vila da Bandeira.

domingo, 19 de febrero de 2012

Tarde de domingo de Entroido na vila de Silleda

O Entroido da vila de Silleda estivo moi animado desta volta con moitas comparsas e disfraces e con moita participación dos veciños tanto no desfile na vila coma na festa final na Praza da Feira Vella.


Aspecto da Praza da Feira Vella, cos gañadores do concurso (os xigantes) á esquerda.


Velaí o vídeo da entrega de premios subido á nosa canle de YouToube:


Xenerais, xigantes e cabezudos no Entroido da Bandeira do Sábado

A vila da Bandeira tivo de novo outra edición do seu Entroido do Xenerias o sábado 18 de Febreiro, desta volta a asociación Xenerais da Bandeira, promotora da xolda, levou a cabo un pasarrúas con cabezudos antes do xantar, figura senlleira moitas décadas atrás do Entroido da vila da Bandeira, e recuperada para esta edición logo de meses de traballo de obradoiro para realizalos. O obxectivo era facer 3 dos personaxes  dunha obra de teatro escrita polo  ferrolán Bieito Vicetto, e que sitúa na mesma vila da Bandeira. 

Anxo Lois Diéguez, vogal da asociación Xenerais da Bandeira, promotora do Entroido e da recuperación da tradición do desfile de cabezudos, preparándose para sair no desfile de cabezudos. 

Pola tarde foi o grande desfile de máscaras, moi concorrido e onde había grupos e charangas de toda a Comarca e  que recorreu as principais rúas da vila e rematou no Alto que tivo lugar na Praza da Feira, onde os 2 bandos levaron a cabo unha dura loita dialéctica de arengas primeiro no Alto Infantil e logo no de maiores. 

Aspecto do Alto, cun arco de mimosas que simbolizaba a froteira.


Velaí o vídeo do Alto dos Xenerais Infantil:



Velaí o vídeo do Alto dos Xenerais (maiores):









sábado, 18 de febrero de 2012

Entroido de Graba...

Moi animado estivo o Entroido de Graba que fixeron os rapaces da parroquia, recuperando para @s veciñ@s esta sobranceira festa popular. Parabéns!

Velaí o vídeo do Entroido de Graba!

http://www.youtube.com/watch?v=u8qdO7LzbsI&context=C30bf33bADOEgsToPDskInZlKkKAwtc8l85fEZTKhO

Así foi o Entroido de Laro...

Unha cea con premios e moita festa foi o que houbo no Centro sociocultural de Laro, no lugar de Freixeiro,  este venres, organizada pola Asociación de Amigos da Tortilla de Laro e que foi unha boa mostra de achegamento entre os veciños.

Aspecto da troula no Centro Sociocultural  de Laro

viernes, 17 de febrero de 2012

Tarde de Entroido na Escola Infantil de Silleda

Na tarde do venres a  Escola Infantil de Silleda converteuse nunha máxica aldea pero moi semellante ao noso concello con granxa, taberna, queixería...e moitos cativos! Unha moi boa idea dos responsablesda escola de dar a coñecer o noso medio e a nosa cultura tradicional @s máis cativ@s!

Aspecto da granxa recreada para a festa de Entroido.


Un letreiro coas nosas parroquias e coa vila de A Bandeira


Entroido en Parada para o sábado 18 de Febreiro

A Asociación de Veciños de Parada organiza mañá, sábado 18 de Febreiro,  a partir da 22:00h  no local social unha Festa de Entroido, que incluirá degustacións de postres, viño e chocolate e que estará amenizado por un grupo de música.

Panorámica da parroquia de Parada, co Candán ao fondo

Entroido en Graba

A Asociación Coto do Castelo de Graba, que aglutina á mocidade (e non tan mocidade) desta parroquia da cabeceira do Toxa, prepara unhas actividades para este Entroido, que serán:

-Venres 17 de Febreiro as 22:30h festa de disfraces con premios (que aínda son unha sorpresa). A cea e maila bebida será a cargo de cada un pero, suxírese que se traian produtos deste tempo para desgustarmos entre todos.

-Luns 20 e Martes 21 de Febreiro viaxe a Xinzo da Limia  para  vivir de preto o Entroido nunha das capitais que este elemento da nosa antropoloxía ten non noso país.

Cartel do Entroido que se fará na parroquia

jueves, 16 de febrero de 2012

O antropólogo Xosé R. Mariño Ferro na Bandeira

O profesor da USC Xosé R. Mariño Ferro mantivo onte unha charla no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, onde tentou dar unha análise científica dos distintos elementos do Entroido, así como senlleiramente tratar con máis profundidade o caso dos Xenerais da Ulla, un caso completamente diferente dentro dos entroidos europeos tal e como sostivo onte o profesor.


Aspecto da charla co profesor Mariño Ferro onte na Bandeira


Nos vídeos que engadimos a seguir, amósase a intervención do profesor Mariño Ferro, onde, resposta ás preguntas dos veciños, debullando científicamente o Entroido dos Xenerais:









No CEIP de Silleda barallan cambiar de horario


O CEIP de Silleda baralla un cambio de horario para facer xornada contínua, para isto estanse a reunir a ANPA e o Consello Escolar, co obxectivo de acordar o horario máis racional e conveniente.

Charla da plataforma en contra da incineradora na Casa da Cultura de Silleda

Unhas 50 persoas asistimos onte a unha charla que os membros da plataforma Incineradora no Deza NON deron na Casa da Cultura de Silleda. No devandito encontro falouse dos problemas ambientais de saude e ecoómicos que traerá a incineradora que se pensa poñer no Irixo para a nosa comarca. Aos poñentes da Plataforma uníuselles a veciña de Parada, Ánxela Taboada, presentando a charla, e o veciño de Escuadro Lito Andión.

Aspecto da charla de onte

Vídeo da presentación feita pola veciña de Parada Ánxela Taboada:





martes, 14 de febrero de 2012

Nota de prensa para presentar a vosa nova ferramenta de participación e comunicación!





A Concellaría de Participación Cidadá dá a coñecer a ferramenta dixital de comunicación cos veciños e veciñas
A área de Participación Cidadá do Concello de Silleda pon en funcionamento un blogue, coa pretensión de que sirva de ferramenta para a comunicación dos veciños e colectivos coa institución, e dar a coñecer as novas en relación a Cultura, Educación e da propia área de Participación Cidadá. O obxectivo é conseguir un achegamento entre o Concello  e a sociedade silledense.
Nos vindeiros días deste mes, pasado o Entroido, o responsable desta Concellaría, Matías R. da Torre, comezará unha rolda de conversas cos diversos colectivos sectoriais do ámbito da educación e da cultura, así coma unhas xuntanzas informativas cos veciños de cada parroquia coa fin de dar a coñecer o regulamento de Participación Cidadá e, de xeito preliminar, explicar como vai ser a composición dos consellos que se anunciarán e exporán tamén en dito blogue, alén de servir este para colleitar as opinións dos silledenses no eido da cultura, a educación e a participación cidadá.

lunes, 13 de febrero de 2012

Un estudo do Pintor Colmeiro sinala o retroceso do galego en Silleda

Un estudo realizado pola área de normalización lingüística do I.E.S Pintor Colmeiro de Silleda, formado por alunas e alunos da E.S.O.  pon de manifesto o dramático retroceso do emprego da nosa língua dentro da sociedade silledense, especialmente na mocidade. Cómpre sinalar, e salientar a profundidade e rigor do estudo feito polas nosas rapazas e rapaces, que non merece senón unha sincera noraboa e o agradecemento, dende o punto de vista que este estudo ten como mostra de realidade e ferramenta de denuncia social.

Dende a área de Eduación do Concello de Silleda, consideramos moi positivo a implicación das rapazas e dos rapaces no tema da língua e emprazámolos a continuaren en sucesivas andainas e proxectos a prol do noso idioma.


1000 primaveras máis para a língua!! (A. Cunqueiro)





Corre o Entroido 2012 en Silleda nos Carnabares!

A vila de Silleda tamén terá este ano programación de Entroido:

Venres 17 e Sábado 18 de Febreiro: Roteiro dos Carnabares, onde amablemente convidarán a dobre pincho a todo aquel que veña disfrazado!  Nos bares tamén se expoñerán fotos antigas de entroidos anteriores.
Cartel co que se anuncia a proposta





Sábado 18 de Febreiro Entroidiño Infantil ás 17:00h con música e animación, nunha carpa cuberta situada na Praza da Feira Vella.


Domingo 19 de Febreiro, Desfile de máscaras e baile, a partir das 17:30h, que inclue un concurso de disfraces que se fará na devandita  carpa posta na Praza da Feira Vella, para o que haberá que inscribirse na Casa da Cultura (data límite as 17:15h) ou na mesma carpa. Os premios serán os seguintes:

Premios ás comparsas:


1º 300€ otórgao "Concello de Silleda"
2º 150€ otórgao"A.V.V. Olaia"
3º 100€ otórgao "A.S.C. Adellís"


Premios de ECOS en vales de compra no comercio de Silleda para disfraces individuais ou en parella:


1º 90€
2º 60€
3º 50€

Premio "Asociación Feiral Semana Verde":


Unha cesta de artesanía ao disfraz que mellor simbolice a cultura rural

Moi boa acollida do Entroido de Lamela

O pasado sábado día 11, tivo lugar en Lamela unha nova edición do Entroido dos Xenerais, o primeiro que este ano se celebra no concello. Este ano contou con 3 carrozas, 2 charangas, 3 grupos e 7 disfraces individuais e contou con 800€ en premios, e cun improvisado pregón a cargo dos Regueifeiros.

viernes, 10 de febrero de 2012

Actuación de "Odaiko" para @s cativ@s do CEIP de Silleda na Casa da Cultura

Hoxe, 10 de Febreiro, na Casa da Cultura tivo lugar o concerto de Odaiko, banda de percusionistas formada por artistas galegos, que ten a súa sé na veciña parroquia cruceña de Merza.
Este grupo dezao leva feitas ducias de actuacións por Europa, África e Asia e agora anda nunha xira polos colexios da comarca do Deza, co obxectivo de dar a coñecer a percusión aos máis cativos.


Un intre da actuación, na que estaba a facer percusión corporal


Vídeo da actuación na que se tenta amosar e representar a importancia histórica do tambor:


jueves, 9 de febrero de 2012

A Concellaría de Cultura colabora e apoia os "Sábados Culturais" do Pub Vinilo

O Pub Vinilo propón unha moi interesante aposta pola cultura galega cos "Sábados Culturais", onde traerán aos mellores monologuistas do país. A Concellaría de Cultura colaborará na difusión das actuacións, do mesmo xeito que prestará apoio loxístico ás mesmas. Deste xeito o programa dos "Sábados Culturais" queda do seguinte xeito:

-18 de Febreiro, monólogo de Cándido Pazó
-17 de Marzo, monólogo de Quico Cadaval
-31 de Marzo, monólogo de Carlos Blanco


O xerente do Pub Vinilo, Miguel Valdés e o Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, na presentación da iniciativa.

miércoles, 8 de febrero de 2012

Conferencia sobre o Entroido co antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro na Bandeira

O vindeiro xoves, 16 de Febreiro, terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira unha conferencia a cargo do profesor de antropoloxía da USC Xosé Ramón Mariño Ferro, que leva por título "O Entroido e os praceres da carne". O obxectivo da charla é o achegamento á cidadanía do debullemento científico da entroido enfatizando e explicando o seu significado como feito da cultura popular galega.

O profesor Xosé Ramón Mariño Ferro

lunes, 6 de febrero de 2012

Entroido en Laro

No Centro Sociocultural da parroquia de Laro terá lugar o venres  17 de Febreiro, unha cea (a prezos populares) que consistirá en :
-Empanada
-Churrasco
-Doces típicos
-Café
-Chupitos
 Ademáis haberá unha festa de disfraces (con premios incluidos) e COPAS A 2,50€!!!!

 ANÍMATE!


Cartaz do festexo

sábado, 4 de febrero de 2012

Presentación oficial do Entroido da Bandeira

Os membros da Asociación Xenerais da Bandeira, Brais Cangas, Alberte Domínguez e Anxo Lois Diéguez presentaron conxuntamente co Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, a programación que a asociación ten prevista para o Entroido. O programa será o seguinte, remarcando o obxectivo de recuperar o patrimonio etnográfico do Entroido, tarefa na que levan xa tempo:

-Xoves 16 de Febreiro: Conferencia ás 20:30 horas do antropólogo da USC Xosé R. Mariño Ferro  que nos explicará o sentido antropolóxico do Entroido.

-O venres 17 de Febreiro:

Pola tarde haberá a Gran Vellada, consistente e disfrazarse de vello e xa unha tradición no entroido Bandeirense. Haberá ademais o desfile do "tractor fiolleiro", que repartirá de balde filloas, viño e chourizos e estará amenizada coa actuación dunha charanga.

-O sábado 18 de Febreiro:

Ás 12:30h  pasarrúas de Cabezudos acompañados por gaiteiros

Ás 16:00h  desfile de disfraces

Ás 17:30h   Alto dos Xenerais Infantil

Ás 18:00h  Alto do Xenerais (con 4 xenerais, 2 correos e 1 centinela)

Ás 22:30h   Baile de máscaras con actuacións musicais e entrega de premios (que acadarán os 1875€)

-O Luns 20 de Febreiro:

Pola tarde Entroido infantil (organizado pola Asociación Cultural Vista Alegre).

-O  Sábado 3 de Marzal: 

Peche do Entroido, cun cocido


Os integrantes da Asociación Xenerais da Bandeira mencionados, co concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre




viernes, 3 de febrero de 2012

Moi boa acollida de Marful en Carboeiro

Con moita, moita friaxe desfrutamos a noite pasada da actuación do grupo galego Marful no Mosteiro de Carboeiro. Os asistentes puidemos desfrutar dun concerto xenial con interactuacións dos músicos para o público e coa compaña de queimada, licor café, queixo e rosquillas (todo de Silleda).

Aspecto da actuación de Marful en Carboeiro.


Neste vídeo amósase a representación da peza "Fogueira"