Silleda, 20 de febreiro de 2013. Silleda celebrará o vindeiro domingo
día 20 o Día de Rosalía, coincidindo co día do aniversario do nacemento da
autora de Padrón. Deste xeito tamén se da
cumprimento ao acordo da xunta de goberno local que o ano pasado acordou
declarar o 24 de febreiro coma o Día de Rosalía de Castro, para a celebración
de actividades diversas en memoria da escritora.
Logo de que o pasado ano se fixera
unha lectura pública dos seus poemas a cargo dos traballadores municipais, o
Concello de Silleda secundará as propostas da Asociación de Escritores en
Língua Galega na celebración deste ano. Así, o concelleiro de Cultura, Matías
Rodríguez Da Torre explica que o vindeiro domingo día 24 se procederá ao
descubrimento dun mural na rúa Santa Olaia. A creación, en metacrilato e de 2
por 1 metros, situarase xunto a un muro. Do mesmo xeito o acto, previsto para
as 16.30 horas, completarase cunha lectura dos poemas de Cantares Gallegos.
“Este ano hai aínda máis razóns para conmemorar este día, xa que se cumpren 150
anos de Cantares Galelgos, a primeira gran publicación en galego do século
XIX”, sinala Da Torre. Nos vindeiros días tamén se repartirán por distintos
puntos da vila poemas da autora. Para a lectura pública do domingo están convocados
colectivos silledenses, asociacións culturais, a comunidade educativa…. nun
acto aberto a toda a cidadanía. “Co descubrimento deste mural Rosalía de Castro
poderá ter un espazo no rueiro do noso concello”, engade Da Torre.
Nestas actividades colabora ademais
a Plataforma Queremos Galego Deza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario