Etiquetas

lunes, 28 de noviembre de 2011

jueves, 24 de noviembre de 2011

Semana Cultural de Cira

Dende o 24 de Novembro  @s veciños de Cira organizan, outro ano máis a súa, xa senlleira Semana Cultural, desta volta as actividades consistirán en:

Xoves 24 de Novembro ás 21:00h: Concerto do Quinteto de Vento Pentafonía.
Venres 25 de Novembro ás 21:00h: Actuación do Contacontos Celso F. Sanmartín, coñecido polo alcume de Celsiño co espectáculo "Contos que non falten".
Sábado 26 de Novembro ás 21:00h:  Cea-Baile amenizada polo Dúo Vida

Lembramos que a Semana Cultural de Cira é máis veterana do Trasdeza e leva 30 anos celebrándose.



Centro Sociocultural de Cira, no que se celebra a Semana Cultural


viernes, 18 de noviembre de 2011

Curso-Obradoiro sobre o Románico en Breixa

O artista silledense Antonio González alén dirixe dende o 19 de Novembro un Curso-Obradoiro sobre o Románico que inclue:

-Conferencia do profesor da USC Victoriano Nodar titualada "A Igrexa de Santiago de Breixa: entre a cultura iletrada e a cultura popular" ás 21:00 horas.

-Visita guiada para coñecer os capiteis da igrexa (dun estilo único en Europa, segundo o profesor Nodar).



Capiteis da Igrexa de Breixa





jueves, 3 de noviembre de 2011

Obradoiro de cerámica en Breixa

No mes de Novembro comeza un curso de cerámia no Centro Sociocultural de Breixa, impartido polo artista silledense Antonio G. Abal.
O curso pretende ademais revalorizar a o románico moi senlleira nesta parroquia trasdezá.


Curso de Cerámica en Breixa


Centro Sociocultural de Breixa, onde se celebra o curso


miércoles, 2 de noviembre de 2011

Exposición do artista local Francisco Alén Pena na Casa da Cultura

O artista pástico silledense Franciscio Alén Pena, coñecido polo alcume de "Picho" , amosa a súa obra intimista e o seu xeito de expresarse coa natureza a través da arte.
A exposición, composta de 12 obras invita á refelexión propia do visitante segundo verbas do propio autor pictórico.

O artista silledense Francisco Alén Pena "Picho"