Etiquetas

viernes, 30 de diciembre de 2011

Obradoiro de cociña creativa para cativos, na Bandeira

O día 3 de Xaneiro terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de cociña para os máis cativos que dará comezo ás 17:00h e rematará ás 19:00h.

Cine en familia na Bandeira

A Asociación Cultural Vista Alegre organiza hoxe ás 17h unha sesión de cine infantil (e non tan infantil) no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

Contacontos na Bibilioteca Pública Municipal Daniel Castelao

O contacontos Inacio Vilariño, traeranos o seu espectáculo "Burromaquia" para a nosa biblioteca municipal hoxe ás 16:00 h.

O contacontos dezao Inacio Vilariño

jueves, 29 de diciembre de 2011

Obradoiro de Colgantes na Bandeira

O día 2 de Xaneiro  ás 17:00h terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de colgantes para os máis cativos feitos con cerámica e cocidos a altas temperaturas.


Obradoiro de Manualidades na Bandeira

Será hoxe, organizado pola ANPA Bricadeira e destinado ós máis cativos, no Centro Cutural Vista Alegre  da Bandeira.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Cine en familia hoxe, na Casa da Cultura

Terá lugar a proxección do filme de ciencia ficción "Super 8", de J.J. Abrams na Casa da Cultura ás 20:00, organizada pola Asociación Sociocultural ADELLÍS

Cartaz do filme


martes, 27 de diciembre de 2011

Campionato de futbolín e xogos de mesa na Bandeira

A ANPA Brincadeira do Colexio da Bandeira orgainza un campionato de futbolón e xogos de mesa hoxe, de 17:00h a 19:00h no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.


lunes, 26 de diciembre de 2011

Papá Noel chega á Bandeira no día de Nadal

Papá Noel chegou á Bandeira no día de Nadal para repartir moitos caramelos entre os cativos nun desfile no que tamén estará a Banda de Música da Bandeira! E non chegou só! xa que a canda el, chegaron Nela e Silvestre para xogaren con todos os nenos que estaban no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira...e con dous piratas que tamén tiñan moitas ganas de leria!



Silvestre e Nela


viernes, 23 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

Os Monty Python en Silleda

O grupo de teatro universitario "Teatro da Faúa" achegouse a Silleda para ofrecernos de balde o se espectáculo composto por sketch do grupo británio "The Monty Python".



Un momento da actuación de "Teatro da Falúa"

Outro intre da actuación teatreira


Campamento urbano

Comezou hoxe un campamento urbano no CEIP de Silleda no que participan cativos de 3 a 12 anos co obxectivo de ofrecer actividades e obradorios lúdicos ós cativos, así coma contacontos e actuacións de magos. Agardámosmovos!


sábado, 17 de diciembre de 2011

Magosto en Parada

Os viciños da parroquia de Parada organizan esta noite ás 22 horas un Magosto.


Festival de Panxoliñas en Silleda

Será na Igrexa parroquial  de Silleda o 17 de Decembro ás 19:00h a cargo da Coral Polifónica Trasdeza.

Igrexa Parroquial de Silleda onde terá lugar a actuación

XXII Concerto de Nadal en Silleda

Será no Auditorio da Semana Verde ás  21:00h e será presentado por Valentín García

lunes, 12 de diciembre de 2011

Actividades de promoción da lectura na Biblioteca Municipal Daniel Castelao

Hoxe, comezan as actividades relacionadas coa lectura na Biblioteca Pública  Municipal Daniel Castelao:

-"Pídome este libro": todas as persoas poderán facer as súas suxestións para que a Biblioteca conte con libros do seu gusto.

-"Premio á participación leitora": os participantes que recomenden un libro, cubrindo, unha ficha que se atopará na Biblitoeca, entrarán no sorteo dun e-book. O remate da campaña será o 30 de Decembro, e o gañador será escolleito o día 5 de Xaneiro.


A Afonso Daniel R. Castelao, o pai da patria galega, témoslle adicado o nome da nosa biblioteca

lunes, 5 de diciembre de 2011

Cursos de Pintura en Vilar e Oleiros

Dende novembro os Centros Socioculturais de Oleiros e de Vilar acollen un curso de pintura semanal e totalmente gratuito para @s veciñ@s cos seguintes horarios:

-Martes de 18:30h a 20:00h (en Oleiros)
-Mércores de 18:00h a 19:30 (en Vilar)


Centro Sociocultural de Oleiros sito no lugar do Carballo



viernes, 2 de diciembre de 2011

Que é a Participación Cidadá?

Xa en Setembro dende a área de Participación Cidadá tivemos reunións con algúns colectivos: ANPA's, Asociacións Culturais, Asociacións de Veciños, Asociacións de Mulleres Rurais para achegarmos o noso proxecto: que @s veciñ@s participen das decisións e expresen as súas inquedanzas. 
Este proxecto manifestarase a traves de dúas vertentes:

1-Os Consellos Sectoriais: onde os distintos colectivos (asociacións socioculturais, musicais, de baile, de veciñ@s, de mulleres rurais e un longo etcétera) poidan manifestar as súas inquedanzas e demandas mediante cadanseu Consello Sectorial, escolleito dun xeito democrático, co fin de que serva de instrumento para artellar  e mellorar o tecido asociativo do Concello de Silleda e que todas as demandas sexan atendidas dun xeito rápido, doado e democrático.
Funcionarán os Consellos Municipais de:
-Cultura
-Educación
-Deporte
-Consello Económico e Social 





2-Os Consellos Parroquiais: Fóra dos colectivos as demandas cidadás tamén teñen oco. Se antes eran os pedáneos escolleitos a dedo polo goberno municipal agora isto rematou. Haberá eleccións democráticas en cada parroquia para a escolla dun Consello Parroquial  que será o encargado de levar ao Concello as demandas d@s veciñ@s.



Comeza a era da democracia directa e do dereito a elixir dos veciños!



O regulamento polo que se rexirá a Participación Cidadá, aparece publicado de xeito oficial no Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.) do día 12 de Decembro do 2011, no apartado de "Silleda". Velaí un enlace ao devandito número do B.O.P.:














lunes, 28 de noviembre de 2011

jueves, 24 de noviembre de 2011

Semana Cultural de Cira

Dende o 24 de Novembro  @s veciños de Cira organizan, outro ano máis a súa, xa senlleira Semana Cultural, desta volta as actividades consistirán en:

Xoves 24 de Novembro ás 21:00h: Concerto do Quinteto de Vento Pentafonía.
Venres 25 de Novembro ás 21:00h: Actuación do Contacontos Celso F. Sanmartín, coñecido polo alcume de Celsiño co espectáculo "Contos que non falten".
Sábado 26 de Novembro ás 21:00h:  Cea-Baile amenizada polo Dúo Vida

Lembramos que a Semana Cultural de Cira é máis veterana do Trasdeza e leva 30 anos celebrándose.



Centro Sociocultural de Cira, no que se celebra a Semana Cultural


viernes, 18 de noviembre de 2011

Curso-Obradoiro sobre o Románico en Breixa

O artista silledense Antonio González alén dirixe dende o 19 de Novembro un Curso-Obradoiro sobre o Románico que inclue:

-Conferencia do profesor da USC Victoriano Nodar titualada "A Igrexa de Santiago de Breixa: entre a cultura iletrada e a cultura popular" ás 21:00 horas.

-Visita guiada para coñecer os capiteis da igrexa (dun estilo único en Europa, segundo o profesor Nodar).



Capiteis da Igrexa de Breixa





jueves, 3 de noviembre de 2011

Obradoiro de cerámica en Breixa

No mes de Novembro comeza un curso de cerámia no Centro Sociocultural de Breixa, impartido polo artista silledense Antonio G. Abal.
O curso pretende ademais revalorizar a o románico moi senlleira nesta parroquia trasdezá.


Curso de Cerámica en Breixa


Centro Sociocultural de Breixa, onde se celebra o curso


miércoles, 2 de noviembre de 2011

Exposición do artista local Francisco Alén Pena na Casa da Cultura

O artista pástico silledense Franciscio Alén Pena, coñecido polo alcume de "Picho" , amosa a súa obra intimista e o seu xeito de expresarse coa natureza a través da arte.
A exposición, composta de 12 obras invita á refelexión propia do visitante segundo verbas do propio autor pictórico.

O artista silledense Francisco Alén Pena "Picho"