Etiquetas

viernes, 30 de diciembre de 2011

Obradoiro de cociña creativa para cativos, na Bandeira

O día 3 de Xaneiro terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de cociña para os máis cativos que dará comezo ás 17:00h e rematará ás 19:00h.

Cine en familia na Bandeira

A Asociación Cultural Vista Alegre organiza hoxe ás 17h unha sesión de cine infantil (e non tan infantil) no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

Contacontos na Bibilioteca Pública Municipal Daniel Castelao

O contacontos Inacio Vilariño, traeranos o seu espectáculo "Burromaquia" para a nosa biblioteca municipal hoxe ás 16:00 h.

O contacontos dezao Inacio Vilariño

jueves, 29 de diciembre de 2011

Obradoiro de Colgantes na Bandeira

O día 2 de Xaneiro  ás 17:00h terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de colgantes para os máis cativos feitos con cerámica e cocidos a altas temperaturas.


Obradoiro de Manualidades na Bandeira

Será hoxe, organizado pola ANPA Bricadeira e destinado ós máis cativos, no Centro Cutural Vista Alegre  da Bandeira.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Cine en familia hoxe, na Casa da Cultura

Terá lugar a proxección do filme de ciencia ficción "Super 8", de J.J. Abrams na Casa da Cultura ás 20:00, organizada pola Asociación Sociocultural ADELLÍS

Cartaz do filme


martes, 27 de diciembre de 2011

Campionato de futbolín e xogos de mesa na Bandeira

A ANPA Brincadeira do Colexio da Bandeira orgainza un campionato de futbolón e xogos de mesa hoxe, de 17:00h a 19:00h no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.


lunes, 26 de diciembre de 2011

Papá Noel chega á Bandeira no día de Nadal

Papá Noel chegou á Bandeira no día de Nadal para repartir moitos caramelos entre os cativos nun desfile no que tamén estará a Banda de Música da Bandeira! E non chegou só! xa que a canda el, chegaron Nela e Silvestre para xogaren con todos os nenos que estaban no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira...e con dous piratas que tamén tiñan moitas ganas de leria!



Silvestre e Nela


viernes, 23 de diciembre de 2011

Cine Infantil

Maratón de Cine Infantil na Biblioteca Municipal Daniel Castelao hoxe ás 16:00h

jueves, 22 de diciembre de 2011

Os Monty Python en Silleda

O grupo de teatro universitario "Teatro da Faúa" achegouse a Silleda para ofrecernos de balde o se espectáculo composto por sketch do grupo británio "The Monty Python".



Un momento da actuación de "Teatro da Falúa"

Outro intre da actuación teatreira


Campamento urbano

Comezou hoxe un campamento urbano no CEIP de Silleda no que participan cativos de 3 a 12 anos co obxectivo de ofrecer actividades e obradorios lúdicos ós cativos, así coma contacontos e actuacións de magos. Agardámosmovos!


sábado, 17 de diciembre de 2011

Magosto en Parada

Os viciños da parroquia de Parada organizan esta noite ás 22 horas un Magosto.


Festival de Panxoliñas en Silleda

Será na Igrexa parroquial  de Silleda o 17 de Decembro ás 19:00h a cargo da Coral Polifónica Trasdeza.

Igrexa Parroquial de Silleda onde terá lugar a actuación

XXII Concerto de Nadal en Silleda

Será no Auditorio da Semana Verde ás  21:00h e será presentado por Valentín García

lunes, 12 de diciembre de 2011

Actividades de promoción da lectura na Biblioteca Municipal Daniel Castelao

Hoxe, comezan as actividades relacionadas coa lectura na Biblioteca Pública  Municipal Daniel Castelao:

-"Pídome este libro": todas as persoas poderán facer as súas suxestións para que a Biblioteca conte con libros do seu gusto.

-"Premio á participación leitora": os participantes que recomenden un libro, cubrindo, unha ficha que se atopará na Biblitoeca, entrarán no sorteo dun e-book. O remate da campaña será o 30 de Decembro, e o gañador será escolleito o día 5 de Xaneiro.


A Afonso Daniel R. Castelao, o pai da patria galega, témoslle adicado o nome da nosa biblioteca