Etiquetas

jueves, 29 de noviembre de 2012

A Concellaría de Cultura programa un curso de teatro na Bandeira para os meses de xaneiro e febreiro


 A Concellería de Cultura de Silleda organiza un curso de teatro para os meses de xaneiro e febreiro. O ciclo terá lugar no Centro Cultural Vistalegre da Bandeira e será impartido por Cristina Collazo, actriz e profesora de Literatura, oriunda da localidade. As inscricións poden facerse ata o 20 de decembro no citado centro ou chamando ao 986 585550. O prezo é de 40 euros por persoa.
O curso, dirixido ao público en xeral, ou a actores e actrices amateurs con ganas de compartir e investigar, e combinará sesións prácticas con outras teóricas. As sesións durarán entre 2 ou 3 horas e fixaranse as datas xunto coas persoas interesadas (venres pola noite ou sábados pola mañá.
Na parte teórica abordaráse dende o teatro clásico de Grecia, Cervantes e os Entremeses o século XX con referentes coma Lorca, ou o nacemento do Cabaré, ata as técnicas de contacontos, títeres, o teatro oriental ou cuestións coma o tempo e o espazo dramatico.
Na parte práctica non faltarán a creación de personaxes de Chéjov, xogos de Stanivslaski, ou o traballo da biodinámica e o teatro de campo.
Con esta iniciativa da Concellaría de Cultural propónse pór as bases para unha aprendizaxe de conceptos básicos da escena nun curso de dous meses de duración, sempre e cando se reúna un grupo mínimo de persoas.

Posibilidade de crear un grupo afeccionado

O concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, sinala que “a partir desta experiencia poderase estudar a posibilidade, se for do interese dos trasdezaos/as e houber un número suficiente de participantes, de conformar unha agrupación teatral afeccionada estábel no Concello de Silleda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario