Etiquetas

martes, 27 de noviembre de 2012

Máis de 300 alumnos e alumnas de Silleda formarán unha cadea humana contra a violencia de xénero


A mocidade silledense amosará o vindeiro martes día 27 de novembro a súa repulsa cara a violencia de xénero. Así máis de 300 alumnos e alumnas da ESO do IES Pintor Colmeiro e o Colexio Mª Inmaculada participarán a partir das 12:30 nunha grande cadea humana en contra da violencia machista.
A cadea humana sairá de cada un dos centros para  xuntarse no final da rúa María Colmeiro e intercambiaren obxectos simbólicos escollidos para a ocasión entre os dous centro a fin de chegar ao principio da cadea de cada centro o obxecto escollido polo outro centro.
No punto de intersección haberá unha intervención pola parte dos alumnos/as dos dous centros de Secundaria do concello para deixar constancia do evento e da posición da mocidade trasdezá contra a violencia machista. O acto está convocado pola Concellaría de Educación do Concello de Silleda e colaboran activamente nel a comunidade escolar dos dous centros mencionados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario