Xa en Setembro dende a área de Participación Cidadá tivemos reunións con algúns colectivos: ANPA's, Asociacións Culturais, Asociacións de Veciños, Asociacións de Mulleres Rurais para achegarmos o noso proxecto: que @s veciñ@s participen das decisións e expresen as súas inquedanzas.
Este proxecto manifestarase a traves de dúas vertentes:
1-Os Consellos Sectoriais: onde os distintos colectivos (asociacións socioculturais, musicais, de baile, de veciñ@s, de mulleres rurais e un longo etcétera) poidan manifestar as súas inquedanzas e demandas mediante cadanseu Consello Sectorial, escolleito dun xeito democrático, co fin de que serva de instrumento para artellar e mellorar o tecido asociativo do Concello de Silleda e que todas as demandas sexan atendidas dun xeito rápido, doado e democrático.
Funcionarán os Consellos Municipais de:
-Cultura
-Educación
-Deporte
-Consello Económico e Social
Funcionarán os Consellos Municipais de:
-Cultura
-Educación
-Deporte
-Consello Económico e Social
2-Os Consellos Parroquiais: Fóra dos colectivos as demandas cidadás tamén teñen oco. Se antes eran os pedáneos escolleitos a dedo polo goberno municipal agora isto rematou. Haberá eleccións democráticas en cada parroquia para a escolla dun Consello Parroquial que será o encargado de levar ao Concello as demandas d@s veciñ@s.
Comeza a era da democracia directa e do dereito a elixir dos veciños!
O regulamento polo que se rexirá a Participación Cidadá, aparece publicado de xeito oficial no Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.) do día 12 de Decembro do 2011, no apartado de "Silleda". Velaí un enlace ao devandito número do B.O.P.:
No hay comentarios:
Publicar un comentario