
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
viernes, 30 de diciembre de 2011
Obradoiro de cociña creativa para cativos, na Bandeira
O día 3 de Xaneiro terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de cociña para os máis cativos que dará comezo ás 17:00h e rematará ás 19:00h.
Cine en familia na Bandeira
A Asociación Cultural Vista Alegre organiza hoxe ás 17h unha sesión de cine infantil (e non tan infantil) no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.
Contacontos na Bibilioteca Pública Municipal Daniel Castelao
O contacontos Inacio Vilariño, traeranos o seu espectáculo "Burromaquia" para a nosa biblioteca municipal hoxe ás 16:00 h.
O contacontos dezao Inacio Vilariño
jueves, 29 de diciembre de 2011
Obradoiro de Colgantes na Bandeira
O día 2 de Xaneiro ás 17:00h terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira un obradoiro de colgantes para os máis cativos feitos con cerámica e cocidos a altas temperaturas.
Obradoiro de Manualidades na Bandeira
Será hoxe, organizado pola ANPA Bricadeira e destinado ós máis cativos, no Centro Cutural Vista Alegre da Bandeira.
miércoles, 28 de diciembre de 2011
Cine en familia hoxe, na Casa da Cultura
Terá lugar a proxección do filme de ciencia ficción "Super 8", de J.J. Abrams na Casa da Cultura ás 20:00, organizada pola Asociación Sociocultural ADELLÍS
Cartaz do filme
martes, 27 de diciembre de 2011
Campionato de futbolín e xogos de mesa na Bandeira
A ANPA Brincadeira do Colexio da Bandeira orgainza un campionato de futbolón e xogos de mesa hoxe, de 17:00h a 19:00h no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.
lunes, 26 de diciembre de 2011
Papá Noel chega á Bandeira no día de Nadal
Papá Noel chegou á Bandeira no día de Nadal para repartir moitos caramelos entre os cativos nun desfile no que tamén estará a Banda de Música da Bandeira! E non chegou só! xa que a canda el, chegaron Nela e Silvestre para xogaren con todos os nenos que estaban no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira...e con dous piratas que tamén tiñan moitas ganas de leria!
viernes, 23 de diciembre de 2011
jueves, 22 de diciembre de 2011
Os Monty Python en Silleda
O grupo de teatro universitario "Teatro da Faúa" achegouse a Silleda para ofrecernos de balde o se espectáculo composto por sketch do grupo británio "The Monty Python".
Un momento da actuación de "Teatro da Falúa"
Outro intre da actuación teatreira
Campamento urbano
Comezou hoxe un campamento urbano no CEIP de Silleda no que participan cativos de 3 a 12 anos co obxectivo de ofrecer actividades e obradorios lúdicos ós cativos, así coma contacontos e actuacións de magos. Agardámosmovos!
sábado, 17 de diciembre de 2011
Festival de Panxoliñas en Silleda
Será na Igrexa parroquial de Silleda o 17 de Decembro ás 19:00h a cargo da Coral Polifónica Trasdeza.
Igrexa Parroquial de Silleda onde terá lugar a actuación
XXII Concerto de Nadal en Silleda
Será no Auditorio da Semana Verde ás 21:00h e será presentado por Valentín García
lunes, 12 de diciembre de 2011
Actividades de promoción da lectura na Biblioteca Municipal Daniel Castelao
Hoxe, comezan as actividades relacionadas coa lectura na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao:
-"Pídome este libro": todas as persoas poderán facer as súas suxestións para que a Biblioteca conte con libros do seu gusto.
-"Premio á participación leitora": os participantes que recomenden un libro, cubrindo, unha ficha que se atopará na Biblitoeca, entrarán no sorteo dun e-book. O remate da campaña será o 30 de Decembro, e o gañador será escolleito o día 5 de Xaneiro.
-"Pídome este libro": todas as persoas poderán facer as súas suxestións para que a Biblioteca conte con libros do seu gusto.
-"Premio á participación leitora": os participantes que recomenden un libro, cubrindo, unha ficha que se atopará na Biblitoeca, entrarán no sorteo dun e-book. O remate da campaña será o 30 de Decembro, e o gañador será escolleito o día 5 de Xaneiro.
A Afonso Daniel R. Castelao, o pai da patria galega, témoslle adicado o nome da nosa biblioteca
lunes, 5 de diciembre de 2011
Cursos de Pintura en Vilar e Oleiros
Dende novembro os Centros Socioculturais de Oleiros e de Vilar acollen un curso de pintura semanal e totalmente gratuito para @s veciñ@s cos seguintes horarios:
-Martes de 18:30h a 20:00h (en Oleiros)
-Mércores de 18:00h a 19:30 (en Vilar)
-Martes de 18:30h a 20:00h (en Oleiros)
-Mércores de 18:00h a 19:30 (en Vilar)
Centro Sociocultural de Oleiros sito no lugar do Carballo
viernes, 2 de diciembre de 2011
Que é a Participación Cidadá?
Xa en Setembro dende a área de Participación Cidadá tivemos reunións con algúns colectivos: ANPA's, Asociacións Culturais, Asociacións de Veciños, Asociacións de Mulleres Rurais para achegarmos o noso proxecto: que @s veciñ@s participen das decisións e expresen as súas inquedanzas.
Este proxecto manifestarase a traves de dúas vertentes:
1-Os Consellos Sectoriais: onde os distintos colectivos (asociacións socioculturais, musicais, de baile, de veciñ@s, de mulleres rurais e un longo etcétera) poidan manifestar as súas inquedanzas e demandas mediante cadanseu Consello Sectorial, escolleito dun xeito democrático, co fin de que serva de instrumento para artellar e mellorar o tecido asociativo do Concello de Silleda e que todas as demandas sexan atendidas dun xeito rápido, doado e democrático.
Funcionarán os Consellos Municipais de:
-Cultura
-Educación
-Deporte
-Consello Económico e Social
Funcionarán os Consellos Municipais de:
-Cultura
-Educación
-Deporte
-Consello Económico e Social
2-Os Consellos Parroquiais: Fóra dos colectivos as demandas cidadás tamén teñen oco. Se antes eran os pedáneos escolleitos a dedo polo goberno municipal agora isto rematou. Haberá eleccións democráticas en cada parroquia para a escolla dun Consello Parroquial que será o encargado de levar ao Concello as demandas d@s veciñ@s.
Comeza a era da democracia directa e do dereito a elixir dos veciños!
O regulamento polo que se rexirá a Participación Cidadá, aparece publicado de xeito oficial no Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.) do día 12 de Decembro do 2011, no apartado de "Silleda". Velaí un enlace ao devandito número do B.O.P.:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)