Etiquetas

martes, 6 de noviembre de 2012

Xornadas da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro de Silleda

3 Días adiacados á ciencia no IES Pintor Colmeiro, 3 días con proxeccións e conferencias para dar a coñecer o pensamento e a investigación científica en galego!


Na imaxe o químico e xeólogo galego Isidro Parga Pondal, tan importante na ciencia galega que as bolsas de investigación para científicos noveles, recentemente eliminadas, levaban  os seu nome 



Na imaxe, Ramón Verea homenaxeado este ano polo Día da Ciencia en Galego pola invención dunha protocalculadora, que permitía a realización mecánica de multiplicacións xa no século XIX.



Magosto Popular no Centro Cultural Vista Alegre o venres 9 de novembro

4º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO

O ÚNICO REQUISITO É QUE OS POSTRES SEXAN ELABORADOS CON FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. DEBRÁN PRESENTARSE NO CENTRO CULTURAL ANTES DAS 19´00 h. DA TARDE (As bases poderán ser consultadas no Centro Cultural)

 

HABERÁ CASTAÑAS  ASADAS, BOLO PREÑADO, POSTRES ESPECIAIS E VIÑO, TODO ESTO ACOMPAÑADO DE BOA MÚSICA A CARGO DO

DÚO MASTER

                   
 

DATA: Venres 9 de Novembro 2012


HORA: A partires das 20´30 h. da noite

LUGAR: Centro Cultural “Vista Alegre”

Exposición de fotos antigas en Fiestras o sábado 10 de Novembro

Este sábado terá lugar unha xuntanza dos veciños de Fiestras na antiga Escola de Aragonza. A xornada comezará as 16:00 horas e contará cunha exposición xeográfica da parroquia de Fiestras, seguida dunha proxección de fotos antigas, amenizada cos Gaiteiros Pao de Buxo de Saídres e cunha paparota de castañas. Achégate a coñecer a túa parroquia!




Recital polo Trixésimo aniversario da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira

A Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira terá unha actuación para conmemorar o seu trixésimo aniversario este domingo 11 de Novembro Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira. A cita será as 18:30 horas e contará coa participación da Banda Cultural de Teo.



Actuación da Banda da Bandeira

II edición da Gratifeira na Praza do Siñor Afranio

A Asociación de Vedciños Olaia, de Silleda, organiza o vindeiro sábado 10 de Novembro unha nova edición da súa Gratifeira, entre as 11:00  horas e as 20:30. Quen queira participar poderá aportar roupa e/ou calzado en bo estado entre as 17:00 horas do venres e as 20:00 hora, contactando con Mari Carmen (639232800) Lucía (666605667) ou Sonia (655852890), mais lembrade que tamén podedes participar simplemente acudindo a desfrutar da tarde cos vosos veciños á Praza do Siñor Afranio.



jueves, 25 de octubre de 2012

A parroquia de Breixa celebrará a XIII Festa da Castaña o vindeiro sábado 27 de outubro


A parroquia silledense de Breixa celebrará a décimo terceira edición da Festa da Castaña o vindeiro sábado día 27 de outubro. A cita será a partir das 21.00 horas e a cea incluirá castañas asadas, cocidas e panceta, ademais de ofrecer servizo de polbeiro. No marco desta exaltación gastronómica tamén haberá un concurso de postres e a comisión organizadora sorteará un xamón. A velada estará amenizada pola agrupación de músicos A Lira de Prado. As entradas para asistir á cea poden mercarse en A Nosa Taberna (Breixa); Bar Sanse (O Castro); A Taberna de Pena (Negreiros); A Taberna de Martixe ; A Taberna de Saídres; Bodegón Esher e A Nosa Taberna (Silleda) e no Bar Reyna (A Bandeira).
Así mesmo o programa incorpora este ano dúas novidades. Así, ademais dunha exposición colectiva de artes plásticas o venres 26 ás 21.00 horas, no Centro Cultural “O Cruceiro” de Breixa terá lugar unha xornada divulgativa da marca de calidade da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Matías Rodríguez da Torre, sinala que esta xornada está aberta a todos os veciños e veciñas do municipio de Silleda, e nela explicaranse as posibilidades económicas do cultivo da castaña. “A idea é complementar as festas gastronómicas típicas de Trasdeza con outros elementos de carácter cultural, de ahí a exposición, ou de promoción turística e económica, como a charla que terá lugar o venres e que se presenta moi interesante, xa que se darán a coñecer as potencialidades deste recurso milenario galego para o noso país, tal e como xa acontece en Francia ou Portugal”, engade o concelleiro.
Na xornada divulgativa, ademais de cuestións como a producción (variedades existentes, temas relacionados co cultivo, enfermidades e pragas, parque de maquinaria…) tamén se abordarán outras como a comercialización (castaña para fresco e para industria), axudas ou exemplos de xestión empregados noutros países.

A comedia “Mambo” chega á Casa da Cultura de Silleda o vindeiro domingo 28 de outubro


A programación cultural de Silleda continúa o vindeiro domingo día 28 coa comedia Mambo, de Juan Antonio Castillo. A cita será na Casa da Cultura ás 18.00 horas. As entradas poden adquririse na propia Casa da Cultura. Para facer reservas pódese chamar ao 986 581028 ou ben enviar un e-mal a cultura. silleda@gmail.com. O custe será de 7 euros, con descontos para parad@s, estudantes e xubilad@s (6 euros) e menores de 16 (5 euros). Tamén se poden mercar packs, para dúas persoas (adultos, por 12 euros); adulto e nen@ (10 euros) e pack familiar (2 adultos+2 nen@s por 20 euros). A obra, non está recomendada para menores de 12 anos.
Para os que escoitaron falar dela e non a puideron ver, MAMBO continúa coa súa xira galega e desta volta aterra en Silleda. Facemos un repaso das principais claves para entendela. Para empezar, as personaxes: Manolo e Ramón, currantes de Galakistán (terra sen esperanza); Floid e Larry: gobernantes de Inglandia (terra da abundancia) con parecido físico extraordinario a Ramón e Manolo respectivamente; Paca: doncela namorada do capitán Larry e desexada polo rei Floid; Paca-Paca: evolución hardcore de Paca; Mandela: o que vale para todo. A partir de aí, desenvólvese unha historia firmada por Juan Antonio Castillo, bastante shakesperiana no seu argumento e moi singular no seu formato escénico (a cargo de Iván R.) que ten a vantaxe de empregar un código lingüístico único, entendible en case todo o planeta.

Algúns chámanlle “neo comedia da arte”, outros descríbena como unha mestura de clown, comedia da arte, realismo e surrealismo...sen chegar a ser ningún deles. O que MAMBO é ou non é aínda está por dicir. De momento, Xoán Abreu (actor e director do espectáculo), Machi Salgado (actor), Fran Peleteiro (actor) e Antela Cid (actriz), conseguiron arrincar gargalladas a eito e contaxiar ao público da súa particular linguaxe na estrea que fixeran a pasada primavera en Vigo. Agora continúan a conquista de Galakistán e se se poñen poden chegar ata Inglandia. De momento, van a por Silleda. Actuarán na Casa da Cultura de Silleda o domingo 28 de outubro ás 18,00 horas. Os prezos da entrada son 7 € a normal, 6 € parados, estudantes e xubilados, 5 € os menores de 16 anos, 10 € un adulto e un menor, e 20 € Familiar, dous adultos e dous cativos.

Aí van as 16 palabras do dicionario Mambo por se queredes ir ensaiando: AMORE (non necesita tradución), POWER (tampouco a precisa), MAMBO (interpretable ben como sexo, ben coma foder, no sentido de fastidiar), OK (que vale, que si), STOP (vai parando), PESETA (cartiños), WHISKI (bebercio), REVOLUTION (cando a vida dá unha volta), GALAKISTÁN (Galicia), INGLANDIA (Inglaterra), NO (non é non), HM serve para preguntar calquera cousa ou mostrar sorpresa), PAPEL (documento), MANDELA (criado), PUM (pistola), PICCOLO (pequeno).



lunes, 8 de octubre de 2012

Torneo de Petanca en Silleda

Este venres 12 de Outubro, a partires da 10 da mañá terá lugar o primeiro torneo de petanca de Silleda, acompañado, ao día seguinte dun curso de inicación á petanca.
A actividade, organizada por Adellís, terá lugar na Praza da Feira Vella e as insicricións serán na Casa da Cultura de Silleda.


viernes, 5 de octubre de 2012

Exposición das obras das alumnas dos Cursos de Pintura de Vilar e Oleiros

As veciñas que durante o outono e inverno pasado tiveron a oportunidade de aprender pintura artística en Oleiros e Vilar. A exposición foi inaugurada onte polo concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre e ficará na Sala de Exposicións Pintor Colmeiro ata o 15 de Outubro.


lunes, 1 de octubre de 2012

I Melodías de Outono en Ponte o sábado 13 de Outubro

A Asociación de Veciños  A Trabe de Ponte organiza para o día 13 de Outubro ás 17:30 horas a primeira edición do seu festival "Melodías de Outono".
Terá lugar nunha carpa situada no Campo da Festa de Ponte, e contará coas actuacións das bandas xuvenís locais: A Banda Xuvenil da Bandeira e a de Silleda.



Roteiro arqueolóxico de Oleiros o sábado 6 de Outubro

A Asociación de Veciños San Miguel de Oleiros, en colaboración coa Concellaría de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá promove unnha visita guiada á Área arqueolóxica de Oleiros, como xeito de dar a coñecer aos veciños da parroquia e a calquera interesado que se queira achegar, o  enorme patrimonio arqueolóxico do lugar.
O roteiro consistirá nun percorrido duns 5 km a través dos cales poderemos ver petróglifos, mámoas e castros, explicados polo arqueólogo Israel Picón Platas de xeito totalmente gratuíto. 
O punto de encontro será o sábado 6 de Outubro, diante da Parrillada "O Carballo" de Oleiros, ás 10:30 horas. No devandito restaurante, haberá tamén un menú opcional, para aqueles participantes que o desexen por 10€. 


sábado, 29 de septiembre de 2012

XI Festival de Música da Bandeira

O sábado 29 de Setembro terá lugar ás 20:30 horas, no Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira unha nova edición do seu festival de música. Desta volta, alén da Banda de Música Recreativa e Cultural da vila trasdezá afintriona, actuará a Xove Banda de Narón.

A Banda da Bandeira

sábado, 22 de septiembre de 2012

Actividades da Asociación Cultural Vista Alegre


ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE


·        XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20 h. e Xoves de 18 a 19 h.)
·        CURSIÑO DE PILATES
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)
·         CURSIÑO DE CALCETA
(Martes de 18 h. a 20 h.)
·        CURSIÑO DE CANTO E BAILE TRADICIONAL  (Para maiores)
(Martes de 20 h. a 21 h.)
·        CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)
·        CURSIÑO DE ZUMBA
Trátase dunha nova actividade para manter o corpo en forma. Dirixido a todas as persoas que estén dispostas a darlle caña ós seus músculos. Este tipo de ximnasia está acompañada, case sempre, de música latina. (Os días e horarios dependerán do nº de inscritos-as)
CURSIÑO DE INFORMÁTICA
(Xoves de 19 h. a 21 h.)
·        CURSIÑO DE FOTOGRAFÍA E TRATAMENTO DE IMAXE
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)
·        CURSIÑO DE PINTURA (Impartido por Francisco Alén “Picho”)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

Os cursiños comezarán a partires do 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  28 de Setembro.
MOI IMPORTANTE: Pregámosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante.
Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios de todas as actividades.

NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS: Como todos sabemos, os tempos que estamos pasando, non son os mellores para  a xente que está sen traballo, polo que dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades en que participen, CONSULTÁDENOS

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Paulinho Lêmos na carballeira de Silva (A Bandeira) o venres 14 ás 22:00 horas



A Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Silleda como agasallo de fin de tempada estival,  contará Paulinho Lêmos, o patriarca da música brasileira en Barcelona, trasládase a Pontevedra e A Coruña, para presentar o seu séptimo disco, “Café con xeo”. O aluvión musical que sobrevén ao escoitar  cancións de Paulinho Lêmos, é comparable a deixarse arrullar polas augas do río Ulla,  apoiando a cabeza sobre unha das súas pedras puídas. Vacacións musicais polo mundo son o premio e compromiso cun mundo que soña e reverte en historias e propostas cada vez máis modernas e provocativas.  Paulinho converteuse por obra do seu talento e empeño,  no Patriarca da MPB (música popular brasileira), en Barcelona. “Café con xeo”, 2010;  o seu disco homenaxe á cidade multicultural por excelencia de España, foi a pedra angular dunha escola que ha ir crecendo cos días e forxouse naturalmente a partir de encontros  fortuítos e afortunados con novas xeracións de músicos do mundo que en torno do legado brasileiro, e do propio Paulinho, recréano e engrandecen lonxe do seu lugar orixinal e así o devolven ao xigante suramericano  coa marca Lêmos.   Este disco, que se gravou entre Brasil, Alemaña e Portugal, contou  coa participación de figuras imprescindibles como Mú Carvalho, Kiko Freitas, Ney Conceição, Filó Machado, João Frade, Nelson Faria e Frank Rausch.
Esta vez o mestre Paulinho volve achegarse ao público galego, o cal o coñeceu sobriamente durante o Festival Son e arte de Viveiro, Lugo; en 2009, e algo menos en 2008 durante un concerto como convidado as Festas do Cristo de Cangas. Presentará o seu “Café con xeo” dando unha  visión refrescante da música brasileira. A súa condición  de jazzista, á súa vez enraizado na auténtica cultura carioca, aparece enriquecida pola súa convivencia durante dúas décadas en Portugal. Logo o seu asentamento no mediterráneo de Barcelona, e os seus itinerancias mundanas, lle validan como o músico brasileiro máis internacional da súa xeración.  O seu  pouso musical é un dos máis contundentes e enjundiosos alimentos sonoros para os máis esixentes oídos. O primeiro concerto terá lugar en Bandeira, por unha iniciativa do Concello de Silleda, e O Drakesito (Vos mellores mojitos de Galicia). Logo nun singular espazo gastronómico musical de Arzúa, o Café Confeitaría La esquina. En ambos os concertos estará a disposición do público o CD “Café con xeo”. Para ambos os eventos a entrada é libre.  
Máis información en: www.myspace.com/paulinholemos.
www.paulinholemos.com
Tel contacto: 693-804563. O Drakesito.


Programa:
Paulinho Lêmos presenta o seu CD "Café con xeo".
Venres 14 Setembro. Lugar:   Carballeira de Silva (A Bandeira). Silleda. 22:00Hs.
Sábado 15 Confeitaría-Café "A Esquina". Praza de Galicia, 7. Arzúa. 21:30H.



lunes, 3 de septiembre de 2012

Teatro no Mosteiro de Carboeiro e na Bandeira


"AS POMBAS DE CARBOEIRO" da Compañía Fantoches Baj de Lalín que ha ter lugar en dúas sesións no Trasdeza:
- A Bandeira (centro Cultural Vista Alegre), sábado 8 de setembro ás 20:30 h
- Mosteiro de Carboeiro, domingo 9 de setembro ás 17:30 h.
Especialmente o do Mosteiro, por ter a obra inspiración nel, está proxectado para que poidan ser tamén partícipes na tarde dominical os numerosos visitantes que ten o cenobio románico.
A entrada aos espectáculos custará 3 euros, podendo retiralas a partir do luns no propio Centro Cultural Vista Alegre, no Mosteiro de Carboeiro ou na Casa da Cultura de Silleda. Amais poderanse facer reservas no correo-e: info@turismosilleda.es