Co gallo da celebración da festa patronal dos que se adican á Música, a Banda de Música de Silleda artella tres xornadas adicadas á música, que contarán coas seguintes actividades:
-Concerto o xoves 22 de Novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Silleda a cargo da Banda de Música Infantil de Silleda, a Banda de Música Xuvenil de Silleda e o Coro da Escola de Música de Silleda.
-Merenda para o alumnado da Escola de Música de Silleda e concerto de "Cé orquesta pantasma" o venres 23 de Novembro. Será na Escola de Música e está organizado pola ANPA do centro, "Musiquiños".
-Concerto da Banda de Música Municipal de Silleda, o sábado 24 de Novembro no auditorio da Semana Verde de Galicia ás 19:00 horas.
Achégate a desfrutar cos nosos músicos!
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
lunes, 19 de noviembre de 2012
lunes, 12 de noviembre de 2012
III MAGOSTO CONCERTO DE ADELLÍS
A asociación cultural Adellís celebrará o vindeiro 16 de novembro o seu III Magosto Concerto, no bar Recanto. A cita será ás 21:00 horas, haberá castañas e moita música.
ACHÉGATE!
Pódese ser unha mostra da súa músicas nas seguintes ligazóns:
https://www.youtube.com/watch?v=PX4sqhnBr78
https://www.youtube.com/watch?v=jwF5_vrJVeE
miércoles, 7 de noviembre de 2012
Documental Deixádeos Pasar na Bandeira
Presentación o sábado 10 de novembro ás 19:30 horas no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, unha obra de "Creativa Ollo de Vidro" baseada na obra de Rosalía de Castro.
martes, 6 de noviembre de 2012
Magosto popular en Ponte
Coma noutras parroquias, a parroquia de Ponte terá o seu magosto este outono, concertamente o vindeiro sábado 10 de novembro, por so 6€ poderedes desfrutar dun menú composto de castañas, panceta e viño, alén de café e chocolate! a cita é a partir das 9:30 da noite no local social de Ponte, e para reservar cómpre chamar aos números que figuran no cartaz.
Xornadas da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro de Silleda
3 Días adiacados á ciencia no IES Pintor Colmeiro, 3 días con proxeccións e conferencias para dar a coñecer o pensamento e a investigación científica en galego!
Na imaxe o químico e xeólogo galego Isidro Parga Pondal, tan importante na ciencia galega que as bolsas de investigación para científicos noveles, recentemente eliminadas, levaban os seu nome
Na imaxe, Ramón Verea homenaxeado este ano polo Día da Ciencia en Galego pola invención dunha protocalculadora, que permitía a realización mecánica de multiplicacións xa no século XIX.
Magosto Popular no Centro Cultural Vista Alegre o venres 9 de novembro
4º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO
O ÚNICO REQUISITO É QUE OS POSTRES SEXAN ELABORADOS CON FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. DEBRÁN PRESENTARSE NO CENTRO CULTURAL ANTES DAS 19´00 h. DA TARDE (As bases poderán ser consultadas no Centro Cultural)
HABERÁ CASTAÑAS ASADAS, BOLO PREÑADO, POSTRES ESPECIAIS E VIÑO, TODO ESTO ACOMPAÑADO DE BOA MÚSICA A CARGO DO
DÚO MASTER
DATA: Venres 9 de Novembro 2012
HORA: A partires das 20´30 h. da noite
LUGAR: Centro Cultural “Vista Alegre”
Exposición de fotos antigas en Fiestras o sábado 10 de Novembro
Este sábado terá lugar unha xuntanza dos veciños de Fiestras na antiga Escola de Aragonza. A xornada comezará as 16:00 horas e contará cunha exposición xeográfica da parroquia de Fiestras, seguida dunha proxección de fotos antigas, amenizada cos Gaiteiros Pao de Buxo de Saídres e cunha paparota de castañas. Achégate a coñecer a túa parroquia!
Recital polo Trixésimo aniversario da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira
A Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira terá unha actuación para conmemorar o seu trixésimo aniversario este domingo 11 de Novembro Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira. A cita será as 18:30 horas e contará coa participación da Banda Cultural de Teo.
Actuación da Banda da Bandeira
II edición da Gratifeira na Praza do Siñor Afranio
A Asociación de Vedciños Olaia, de Silleda, organiza o vindeiro sábado 10 de Novembro unha nova edición da súa Gratifeira, entre as 11:00 horas e as 20:30. Quen queira participar poderá aportar roupa e/ou calzado en bo estado entre as 17:00 horas do venres e as 20:00 hora, contactando con Mari Carmen (639232800) Lucía (666605667) ou Sonia (655852890), mais lembrade que tamén podedes participar simplemente acudindo a desfrutar da tarde cos vosos veciños á Praza do Siñor Afranio.
jueves, 25 de octubre de 2012
A parroquia de Breixa celebrará a XIII Festa da Castaña o vindeiro sábado 27 de outubro
A parroquia silledense de Breixa celebrará a décimo terceira
edición da Festa da Castaña o vindeiro sábado día 27 de outubro. A cita será a
partir das 21.00 horas e a cea incluirá castañas asadas, cocidas e panceta,
ademais de ofrecer servizo de polbeiro. No marco desta exaltación gastronómica
tamén haberá un concurso de postres e a comisión organizadora sorteará un
xamón. A velada estará amenizada pola agrupación de músicos A Lira de Prado. As
entradas para asistir á cea poden mercarse en A Nosa Taberna (Breixa); Bar
Sanse (O Castro); A Taberna de Pena (Negreiros); A Taberna de Martixe ; A
Taberna de Saídres; Bodegón Esher e A Nosa Taberna (Silleda) e no Bar Reyna (A
Bandeira).
Así mesmo o programa incorpora este ano dúas novidades. Así,
ademais dunha exposición colectiva de artes plásticas o venres 26 ás 21.00
horas, no Centro Cultural “O Cruceiro” de Breixa terá lugar unha xornada
divulgativa da marca de calidade da Indicación Xeográfica Protexida (IXP)
Castaña de Galicia.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Matías Rodríguez da Torre,
sinala que esta xornada está aberta a todos os veciños e veciñas do municipio
de Silleda, e nela explicaranse as posibilidades económicas do cultivo da
castaña. “A idea é complementar as festas gastronómicas típicas de Trasdeza con
outros elementos de carácter cultural, de ahí a exposición, ou de promoción
turística e económica, como a charla que terá lugar o venres e que se presenta
moi interesante, xa que se darán a coñecer as potencialidades deste recurso
milenario galego para o noso país, tal e como xa acontece en Francia ou
Portugal”, engade o concelleiro.
Na xornada divulgativa, ademais de cuestións como a producción
(variedades existentes, temas relacionados co cultivo, enfermidades e pragas,
parque de maquinaria…) tamén se abordarán outras como a comercialización
(castaña para fresco e para industria), axudas ou exemplos de xestión
empregados noutros países.
A comedia “Mambo” chega á Casa da Cultura de Silleda o vindeiro domingo 28 de outubro
A programación cultural de Silleda
continúa o vindeiro domingo día 28 coa comedia Mambo, de Juan Antonio Castillo.
A cita será na Casa da Cultura ás 18.00 horas. As entradas poden adquririse na
propia Casa da Cultura. Para facer reservas pódese chamar ao 986 581028 ou ben
enviar un e-mal a cultura. silleda@gmail.com.
O custe será de 7 euros, con descontos para parad@s, estudantes e xubilad@s (6
euros) e menores de 16 (5 euros). Tamén se poden mercar packs, para dúas
persoas (adultos, por 12 euros); adulto e nen@ (10 euros) e pack familiar (2
adultos+2 nen@s por 20 euros). A obra, non está recomendada para menores de 12
anos.
Para os que escoitaron falar dela e non a puideron
ver, MAMBO continúa coa súa xira galega e desta volta aterra en Silleda.
Facemos un repaso das principais claves para entendela. Para empezar, as
personaxes: Manolo e Ramón, currantes de Galakistán (terra sen esperanza);
Floid e Larry: gobernantes de Inglandia (terra da abundancia) con parecido
físico extraordinario a Ramón e Manolo respectivamente; Paca: doncela namorada
do capitán Larry e desexada polo rei Floid; Paca-Paca: evolución hardcore de
Paca; Mandela: o que vale para todo. A partir de aí, desenvólvese unha historia
firmada por Juan Antonio Castillo, bastante shakesperiana no seu argumento e
moi singular no seu formato escénico (a cargo de Iván R.) que ten a vantaxe de
empregar un código lingüístico único, entendible en case todo o planeta.
Algúns chámanlle “neo comedia da arte”, outros
descríbena como unha mestura de clown, comedia da arte, realismo e
surrealismo...sen chegar a ser ningún deles. O que MAMBO é ou non é aínda está
por dicir. De momento, Xoán Abreu (actor e director do espectáculo), Machi
Salgado (actor), Fran Peleteiro (actor) e Antela Cid (actriz), conseguiron
arrincar gargalladas a eito e contaxiar ao público da súa particular linguaxe
na estrea que fixeran a pasada primavera en Vigo. Agora continúan a conquista
de Galakistán e se se poñen poden chegar ata Inglandia. De momento, van a por
Silleda. Actuarán na Casa da Cultura de Silleda o domingo 28 de outubro ás
18,00 horas. Os prezos da entrada son 7 € a normal, 6 € parados,
estudantes e xubilados, 5 € os menores de 16 anos, 10 € un adulto e un menor, e
20 € Familiar, dous adultos e dous cativos.
Aí van as 16 palabras do dicionario Mambo por se
queredes ir ensaiando: AMORE (non necesita tradución), POWER (tampouco a
precisa), MAMBO (interpretable ben como sexo, ben coma foder, no sentido de
fastidiar), OK (que vale, que si), STOP (vai parando), PESETA (cartiños),
WHISKI (bebercio), REVOLUTION (cando a vida dá unha volta), GALAKISTÁN
(Galicia), INGLANDIA (Inglaterra), NO (non é non), HM serve para preguntar
calquera cousa ou mostrar sorpresa), PAPEL (documento), MANDELA (criado), PUM
(pistola), PICCOLO (pequeno).
lunes, 8 de octubre de 2012
Torneo de Petanca en Silleda
Este venres 12 de Outubro, a partires da 10 da mañá terá lugar o primeiro torneo de petanca de Silleda, acompañado, ao día seguinte dun curso de inicación á petanca.
A actividade, organizada por Adellís, terá lugar na Praza da Feira Vella e as insicricións serán na Casa da Cultura de Silleda.
A actividade, organizada por Adellís, terá lugar na Praza da Feira Vella e as insicricións serán na Casa da Cultura de Silleda.
viernes, 5 de octubre de 2012
Exposición das obras das alumnas dos Cursos de Pintura de Vilar e Oleiros
As veciñas que durante o outono e inverno pasado tiveron a oportunidade de aprender pintura artística en Oleiros e Vilar. A exposición foi inaugurada onte polo concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre e ficará na Sala de Exposicións Pintor Colmeiro ata o 15 de Outubro.
lunes, 1 de octubre de 2012
I Melodías de Outono en Ponte o sábado 13 de Outubro
A Asociación de Veciños A Trabe de Ponte organiza para o día 13 de Outubro ás 17:30 horas a primeira edición do seu festival "Melodías de Outono".
Terá lugar nunha carpa situada no Campo da Festa de Ponte, e contará coas actuacións das bandas xuvenís locais: A Banda Xuvenil da Bandeira e a de Silleda.
Terá lugar nunha carpa situada no Campo da Festa de Ponte, e contará coas actuacións das bandas xuvenís locais: A Banda Xuvenil da Bandeira e a de Silleda.
Roteiro arqueolóxico de Oleiros o sábado 6 de Outubro
A Asociación de Veciños San Miguel de Oleiros, en colaboración coa Concellaría de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá promove unnha visita guiada á Área arqueolóxica de Oleiros, como xeito de dar a coñecer aos veciños da parroquia e a calquera interesado que se queira achegar, o enorme patrimonio arqueolóxico do lugar.
O roteiro consistirá nun percorrido duns 5 km a través dos cales poderemos ver petróglifos, mámoas e castros, explicados polo arqueólogo Israel Picón Platas de xeito totalmente gratuíto.
O punto de encontro será o sábado 6 de Outubro, diante da Parrillada "O Carballo" de Oleiros, ás 10:30 horas. No devandito restaurante, haberá tamén un menú opcional, para aqueles participantes que o desexen por 10€.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)

.jpg)





.png)




