
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
lunes, 30 de abril de 2012
Pau de Buxo celebra unha década de actividade en Saídres
Os gaiteiros de Saídres "Pau de Buxo" celebrarán o vindeiro día 19 de Maio unha grande festa que incluirá concurso de aturuxos, cea e foliada no campo da festa de Saídres. Anímate e vén!
sábado, 28 de abril de 2012
Convocatoría para artellar as festas do verán
O Concelleiro de Turismo e Participación Cidadá convoca o luns á cidadanía para a formación dun grupo de traballo de cara ás festas do verán de Silleda
Silleda, 28 de abril de 2012. O vindeiro luns, a partir das 21.00 horas o Concelleiro de Turismo e Participación Cidadá, Matías R. da Torre, convoca a hostaleiros, asociacións, comerciantes e cidadáns en xeral da parroquia de Silleda para a organización dun grupo de traballo que conforme a comisión e se encargue da organización das festas de verán de Silleda que teñen lugar cada segunda fin de semana do mes de xullo.
Na anterior reunión celebrada hai tres semanas e na que apenas houbo afluencia, decidiuse sentar as bases para unhas posibles festas, nas que dadas as dificultades económicas actuais, os días de celebración se rebaixarían a dous.
O Concelleiro fai este chamamento valorando que apenas quedan dous meses para os festexos e só, polo de agora está clara a organización da Festa do Lacón. Deste xeito, Matías R. da Torre “pídelle á cidadanía que coopere para poder sacar adiante as festas do verán nas que o Concello colaborará moi activamente, mais non se vai pór a organizar”.
miércoles, 25 de abril de 2012
Primeira reunión de traballo para a preparación da Romaría do Rapaz
Hoxe, 25 de Abril, tivo lugar na Casa da Cultura de Silleda a primeira reunión de traballo para preparar a Romaría do Rapaz que terá lugar o vindeiro 24 de Xuño, en Siador, coma de costume.
O concelleiro de Educación e Participación Cidadá, Matías Rodríguez da Torre, tivo este primeiro encontro con representantes da ANPA Bricandeira do CEIP da Bandeira e da ANPA Pícaros do CEIP de Silleda, así como con persoal do Cascarón.
O concelleiro de Educación e Participación Cidadá, Matías Rodríguez da Torre, tivo este primeiro encontro con representantes da ANPA Bricandeira do CEIP da Bandeira e da ANPA Pícaros do CEIP de Silleda, así como con persoal do Cascarón.
lunes, 16 de abril de 2012
O Mosteiro de Carboeiro é, de novo, un plató de cine
Desta volta trátase da curtametraxe "Suicidio Lamprea" dirixida por Guillermo Arias-Carbajal que voltou a escoller o noso Mosteiro, representante máximo do románico oxival en Galiza, como escenario para a súa película.
Un intre da grabación de onte, no que se pode apreciar a xirola.
A Concellaría de Cultura colabora con Olaia na I Gratifeira
DATA, LUGAR E HORARIOS:
Días 20, 21 e 22 de abril
Casa da Xuventude
Mañán: de 11 a 2 – Tarde: de 5 a 9
¿QUÉ É UNHA GRATIFEIRA?
Unha GRATIFEIRA é unha feira onde todo é gratis. Isto non quere dicir que sexa unha feira de troco ou intercambio. Vai máis aló dese concepto, porque aquí non hai noción de reciprocidade. O lema da feira é “Trae o que queiras ou nada; leva o que queiras ou nada”.
Desde nenos ensínannos que para recibir sempre hai que dar algo a cambio, e viceversa. Como consecuencia disto, sempre que damos esperamos recibir outra cousa, anque namáis sexa o agradecemento ou o recoñecemento por parte de alguén. Este non é o caso. Eu dou algo simplemente porque teño algo para dar, e non espero recibir nada por iso. Fágoo polo simple pracer de dar, pois nin siquera sei quen o vai recibir. Dou algo porque non o preciso, e penso que lle pode servir a outros.
Por outra banda, aínda estamos menos acostumados a recibir, pois resúltanos moitas veces violento e mesmo embarazoso recibir un agasallo e non corresponder dalgún xeito. Sentímonos mellor cando “a débeda está saldada”. Aquí temos a oportunidade de aprender a recibir sen sentírmonos en débeda con ninguén ou na obriga de ter que restituír de algún modo ese “favor” ou ese “detalle”.
¿QUÉ PODEMOS ATOPAR NUNHA GRATIFEIRA?
Na GRATIFEIRA compartimos:
Roupa, mobles, libros, xoguetes, música, tecnoloxía, ferramentas, arte, menaxe, etc.
Podemos traer todas aquelas cousas que xa non precisamos ou que simplemente xa non estamos utilizando. É necesario que todo estea limpo e en bo uso, pois non podemos dar a ninguén o que nós consideraríamos indigno recibir. Neste espazo, esas cousas atoparán outras personas que as aproveitarán e as agradecerán.
UN BO MOMENTO E UN BO EXEMPLO
Esta iniciativa chega nun momento marcado pola crise económica e o desemprego, o que motiva que moitas familias teñan serias dificultades para saír adiante ou que mesmo carezan totalmente de ingresos. Coa GRATIFEIRA, sementamos a intención de relacionarnos desde a cooperación en lugar de facelo desde a competencia, tal e como nos ensinaron.
Disfrutemos dando exemplo ós nosos fillos, que medran remedando ós país. Son eles os que teñen que cambiar este mundo cheo de ambición, consumismo e depredación por outro máis humano, sostible e cooperante.
OBXECTIVOS DA GRATIFEIRA
Entre os obxectivos dunha GRATIFEIRA, atópanse os seguintes:
Desterrar pouco a pouco a idea de escasez ou miseria, de que non hai suficiente para todos. Hai dabondo se compartimos o que temos e non nos adicamos a acumular avariciosamente incluso aquilo que nin siquera usamos
Evitar tirar ó lixo tódalas cousas das que nos queremos desprender. Desta maneira contribuímos a paliar a contaminación, apostamos pola reciclaxe e alongamos a vida útil dos bens nas mans doutras personas que os precisan
Contribuímos á posta en práctica de conceptos como a sociabilización, a cooperación e o altruísmo
Aprendemos a desprendernos das cousas con naturalidade, sen pesar, e aprendemos a recibir coa mesma naturalidade, sen sentimentos de obrigas ou de vergonza
A GRATIFEIRA é unha maneira de contrarrestar o egoísmo e o consumismo innecesario que o modelo de sociedade imperante case nos obriga a adoptar, substituíndoos pola cooperación, o apoio mútuo e a solidariedade.
Nunha GRATIFEIRA destérrase definitivamente o falso concepto de “se ti gañas, eu perdo”. Aquí gañamos todos.
CÓMO PARTICIPAR
A maneira de participar non pode ser máis sinxela: acudindo á GRATIFEIRA, xa sexa como simple espectador ou contribuíndo co que queirades, e por suposto, levando o que cada un desexe levar. Todos seredes benvidos.

domingo, 15 de abril de 2012
sábado, 14 de abril de 2012
A Concellaría de Cultura colabora co Festival Azaloira que terá lugar o 6 de Maio na Bandeira
Este concurso de baile tradicional galego celebrarase o
vindeiro 6 de maio a partir das 18.00 horas no Auditorio Manuel Dopazo, e a
entrada será gratuíta.
Nesta ocasión participarán os grupos A.C. Donaire, de A
Coruña; A.C. Traspés, de Vigo; A.C. Os Xeitosos de Trazo, Trébebe, de Marín;
Arroases da A.C.F. O Fiadeiro, de Vigo; As Malveiras, de Vilagarcía e O
Cultural de A Ponte Vella, de Teo. Na fin de festa, actuará o Coro Vales Mahía.
Contémplanse tres premios, dous menos que nas anteriores. O
primeiro premio, de 1.500 euros é por cortesía do Concello de Silleda; o grupo
de baile que quede en segundo posto levará un 800 euros e está doado polos
comerciantes e empresas de Bandeira e Silleda, mentres que os terceiros levarán
500 euros por cortesía da Asociación de Baile Xuvenil “Fortín da Pomba”.
Na rolda de prensa, a presidenta da asociación de baile
organizadora, Josefa Ferreiro, informou que os premios a mellor acompañamento e
mellor vestiario, só se entregarán se consigue diñeiro para tal fin.
Asemade, destacou que a neste concurso participarán algúns
dos mellores grupos de baile tradicional de toda Galicia, e que a fin de festa
terá un carácter especial xa que actuará o Coro Vales Mahía “e algúns dos seus
compoñentes son pais dos rapaces que están no grupo de baile; mesmo a súa
directora bailou en Fortín” e reseñou que era unha boa ocasión para darse a
coñecer, xa que asistirían numerosas persoas de toda a xeografía galega.
O Concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, destacou a gran
calidade deste certame, pola traxectoria de todos os grupos participantes;
tamén resaltou a importancia deste tipo actividades culturais “que levan moi
lonxe o nome deste concello”.
Imaxe dunha edición aterior.
miércoles, 11 de abril de 2012
A Concellaría de Participación Cidadá impulsa a creación dunha comisión para as festas de Silleda
A Concellaría de Participación Cidadá quere evitar que se repitan situacións como a do pasado ano, en carecían de comisión de festas a menos dun mes e medio da súa celebración. O municipio estivo a piques de quedar sen actividades, de non ser polo ofrecemento, a última hora, dun reducido grupo de veciños que, axudados polo goberno local, organizaron os festexos.
A tres meses da cita, o edil de Cultura, Educació, Turismo e Participación Cidadá Matías Rodríguez dá Torre, convoca aos hostaleiros locais, aos diferentes colectivos culturais e sociais, ás asociacións e a todos os veciños do centro urbano a unha reunión mañá, ás 20.30 horas, na Casa dá Cultura. Quere sondar a súa dispoñibilidade a colaborar na programación das festas e escoitar as súas ideas e propostas de face aos festexos do mes de xullo. O concelleiro animará aos asistentes a que constitúan unha comisión que se encargue dos preparativos e ofreceralles, por adiantado, "toda a axuda que sexa posible desde o Concello", asegura.
Á cita están chamados os representantes sociais, culturais e da hostalería silledense, aínda que o encontro está aberto a todo veciño que queira asistir e achegar as súas propostas.
martes, 10 de abril de 2012
“Cincenta, a gata borrallenta” estará en A Bandeira o día 13 e en Silleda o día 14 de Abril. Musical para todos os públicos organizado pola Concellaría de Cultura e Educación.
A obra de teatro “Cincenta, a gata
borrallenta” representarase o vinceiro venres día 13 a partir das 21.00 horas
no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira e o día 14 a partir das 20.00
horas, na Casa da Cultura de Silleda.
Esta actividade, organizada pola
Concellaría de Cultura, ten un custo de 5 euros por persoa. Quen o desexe, pode
adquirir as entradas nos devanditos edificios municipais, dende hoxe mesmo, ou
o día da representación, xa que terán o mesmo prezo.
Cincenta,
a gata borrallenta
Esta obra, de Eisenhower Moreno é unha
adaptación libre do conto “Cinsenta”, pensada para nenos e nenas a partir de 4
anos, onde acompañados de música e vestimentas chamativas, 10 actores
interpretan a novos personaxes, que en realide son gatos.
Trátase dunha comedia musicada que
dura 45 minutos, cunha posta en escena áxil e inspirada en debuxos animados,
con efectos sonorios e visuais, con músicas
croreografías que contan a istoirai com máis forza se cabe.
domingo, 8 de abril de 2012
Impresionante o festival de Bandas de Silleda
Tanto a actuación da Banda Contestana coma a da Banda Municipal de Silleda ofreceron un grande espectáculo na noite do sábado no Auditorio da Semana Verde de Galcia.
jueves, 5 de abril de 2012
Clausura do IX Curso de Música da Bandeira
Hoxe tivo lugar a clausura do IX Curso de Música da Bandeira que tivo lugar no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira dende o pasado día 2 estivo ateigado de monográficos, conferencias e actuacións.
Aspecto da clausura desta edición do Curso de Música da Bandeira
martes, 3 de abril de 2012
Abades presenta o programa para a festa da Rosquilla
A
Asociación de Veciños A Costa de Abades presenta hoxe o programa das festas do
seu día grande. Será durante a degustación de rosquillas que se celebrará hoxe
a partir das 20.00 horas lo local social da devandita parroquia.
O gran día, o vindeiro 8 de abril,
comezará a xornada festiva con un pasarrúas ás 10.30 horas coa Banda de Música
Recreativa Culturas de A Bandeira e coa Banda de Música Lira de Prado.
Ás 12.00 horas está prevista a misa
solemne, a ofrenda e a procesión, enmarcadas dentro dos actos relixiosos. De
seguido, arredor das 13.00 horas, terá lugar a tradicional poxa, degustación e
venda das rosquillas, no campo da festa de Abades.
O programa tamén contempla unha gran
tirada de fogos de artificio ás 14.00 horas, antes do concerto, na sesión
vermut, das devanditas bandas de música.
Durante a tarde, quen se achegue
poderá visitar a exposición de manualidades realizadas polos membros da
Asociación de Mulleres Rurais de Abades, emprazadas no local social da
parroquia.
O Concello de Silleda colabora no XIX Festival de Bandas de Música
Silleda, 3 de abril de 2012
O
sábado
día
7
de
abril
terán
lugar
os
concertos
do
XIX
Festival
de
Música
a
cargo,
nesta
ocasión,
da
Banda
de
Música
Municipal
de
Silleda
e
da
Unión
Musical
Contestana
de
Cocentaina,
Alacante.
Será
no
Auditorio
da
Semana
Verde,
a
partir
das
21.00
horas.
Segundo
explicaron
hoxe
na
presentación
do
evento,
á
que
asistiron
o
director
da
Banda
de
Silleda,
Rafa
Agulló,
o
encargado
da
escola
de
música,
e
o
Concelleiro
de
Cultura,
cada
unha
das
agrupación
interpretará
un
programa
de
aproximadamente
45
minutos.
A
Alacantina,
dirixida
por
Mario
Roig
Vila,
interpretará
catro
pezas:
Guitarra
Española,
de
Enrique
Igual
Blasco;
Diagram,
de
André
Waigneim;
Homenaxe
a
Khachaturian,
de
José
Pérez
Vilaplana
e
“Ja
Vore”
de
Francisco
Valor
Llorens.
Pola
súa
banda,
a
formación
trasdezá
interpretará
Pórtico,
de
Antón
Alcalde
Rodríguez;
Estrasantico
de
Simón
Couceiro
Rivera
e
Iter
Per
Gallaecia
de
Juan
Lois
Diéguez,
compositor
integrante
da
propia
banda
que
a
interpretará.
Cabe
destacar
que
esta
peza
só
foi
tocada
unha
vez.
A
Banda
de
Música
Municipal
de
Silleda
ofreceu
un
concerto,
hai
xa
catro
anos,
na
localidade
alacantina
e
Cocentaina,
a
onde
pertence
a
Banda,
xa
que
esta
é
a
localidade
natal
do
actual
director
da
devandita
formación,
Rafa
Agulló.
Este
ano,
serán
a
Unión
Musical
Contestana
a
que
visitará
este
concello.
Os
membros
desta
banda
chegarán
o
venres
6
de
abril
a
Silleda,
e
serán
recibidos
pola
Alcaldesa,
Paula
Fernández
Pena,
na
Casa
da
Cultura
ese
mesmo
día,
ás
21.30
horas.
A
continuación,
gozarán
dunha
cea
de
confraternidade
ás
22.30
horas
no
comedor
do
Colexio
Público,
e
unha
vez
rematada,
arredor
das
00.30
horas
gozarán
da
marcha
silledense.
O
sábado,
a
partir
das
11.00
horas,
terá
unha
visita
guiada
pola
Fervenza
do
Toxa
e
polo
Mosteiro
de
Carboeiro.
Ás
17.00
horas,
a
banda
de
Silleda
ensaiará
no
auditorio
da
Semana
verde,
e
a
partir
das
19.00
horas
ensaiará
o
grupo
visitante
ata
a
hora
do
festival.
Unha
vez
finalizado,
os
anfitrións
prepararanlle
unha
gran
churrascada
aos
alacantinos,
e
unha
tradicional
queimada.
O
domingo
día
8,
pasarán
a
xornada
completa
en
Santiago
de
Compostela,
e
ás
21.00
no
Colexio
Público
terán
unha
cea
de
despedida,
xa
que
marchan
o
luns
pola
mañá.
O
Concello
de
Silleda
colabora
neste
acto,
aportando
apoio
loxístico
e
económico,
como
por
exemplo
axudando
no
aloxamento
dos
visitantes,
na
comida
ou
no
aluguer
do
Auditorio
da
Semana
Verde.
Cabe
dicir
que
os
anos
anteriores
era
tres
as
bandas
que
participarán
no
festival,
mais
este
ano,
debido
ás
dificultades
económicas
actuais,
optouse
por
convidar
a
unha
nada
máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)