A
Asociación de Veciños A Costa de Abades presenta hoxe o programa das festas do
seu día grande. Será durante a degustación de rosquillas que se celebrará hoxe
a partir das 20.00 horas lo local social da devandita parroquia.
O gran día, o vindeiro 8 de abril,
comezará a xornada festiva con un pasarrúas ás 10.30 horas coa Banda de Música
Recreativa Culturas de A Bandeira e coa Banda de Música Lira de Prado.
Ás 12.00 horas está prevista a misa
solemne, a ofrenda e a procesión, enmarcadas dentro dos actos relixiosos. De
seguido, arredor das 13.00 horas, terá lugar a tradicional poxa, degustación e
venda das rosquillas, no campo da festa de Abades.
O programa tamén contempla unha gran
tirada de fogos de artificio ás 14.00 horas, antes do concerto, na sesión
vermut, das devanditas bandas de música.
Durante a tarde, quen se achegue
poderá visitar a exposición de manualidades realizadas polos membros da
Asociación de Mulleres Rurais de Abades, emprazadas no local social da
parroquia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario