Silleda, 3 de abril de 2012
O
sábado
día
7
de
abril
terán
lugar
os
concertos
do
XIX
Festival
de
Música
a
cargo,
nesta
ocasión,
da
Banda
de
Música
Municipal
de
Silleda
e
da
Unión
Musical
Contestana
de
Cocentaina,
Alacante.
Será
no
Auditorio
da
Semana
Verde,
a
partir
das
21.00
horas.
Segundo
explicaron
hoxe
na
presentación
do
evento,
á
que
asistiron
o
director
da
Banda
de
Silleda,
Rafa
Agulló,
o
encargado
da
escola
de
música,
e
o
Concelleiro
de
Cultura,
cada
unha
das
agrupación
interpretará
un
programa
de
aproximadamente
45
minutos.
A
Alacantina,
dirixida
por
Mario
Roig
Vila,
interpretará
catro
pezas:
Guitarra
Española,
de
Enrique
Igual
Blasco;
Diagram,
de
André
Waigneim;
Homenaxe
a
Khachaturian,
de
José
Pérez
Vilaplana
e
“Ja
Vore”
de
Francisco
Valor
Llorens.
Pola
súa
banda,
a
formación
trasdezá
interpretará
Pórtico,
de
Antón
Alcalde
Rodríguez;
Estrasantico
de
Simón
Couceiro
Rivera
e
Iter
Per
Gallaecia
de
Juan
Lois
Diéguez,
compositor
integrante
da
propia
banda
que
a
interpretará.
Cabe
destacar
que
esta
peza
só
foi
tocada
unha
vez.
A
Banda
de
Música
Municipal
de
Silleda
ofreceu
un
concerto,
hai
xa
catro
anos,
na
localidade
alacantina
e
Cocentaina,
a
onde
pertence
a
Banda,
xa
que
esta
é
a
localidade
natal
do
actual
director
da
devandita
formación,
Rafa
Agulló.
Este
ano,
serán
a
Unión
Musical
Contestana
a
que
visitará
este
concello.
Os
membros
desta
banda
chegarán
o
venres
6
de
abril
a
Silleda,
e
serán
recibidos
pola
Alcaldesa,
Paula
Fernández
Pena,
na
Casa
da
Cultura
ese
mesmo
día,
ás
21.30
horas.
A
continuación,
gozarán
dunha
cea
de
confraternidade
ás
22.30
horas
no
comedor
do
Colexio
Público,
e
unha
vez
rematada,
arredor
das
00.30
horas
gozarán
da
marcha
silledense.
O
sábado,
a
partir
das
11.00
horas,
terá
unha
visita
guiada
pola
Fervenza
do
Toxa
e
polo
Mosteiro
de
Carboeiro.
Ás
17.00
horas,
a
banda
de
Silleda
ensaiará
no
auditorio
da
Semana
verde,
e
a
partir
das
19.00
horas
ensaiará
o
grupo
visitante
ata
a
hora
do
festival.
Unha
vez
finalizado,
os
anfitrións
prepararanlle
unha
gran
churrascada
aos
alacantinos,
e
unha
tradicional
queimada.
O
domingo
día
8,
pasarán
a
xornada
completa
en
Santiago
de
Compostela,
e
ás
21.00
no
Colexio
Público
terán
unha
cea
de
despedida,
xa
que
marchan
o
luns
pola
mañá.
O
Concello
de
Silleda
colabora
neste
acto,
aportando
apoio
loxístico
e
económico,
como
por
exemplo
axudando
no
aloxamento
dos
visitantes,
na
comida
ou
no
aluguer
do
Auditorio
da
Semana
Verde.
Cabe
dicir
que
os
anos
anteriores
era
tres
as
bandas
que
participarán
no
festival,
mais
este
ano,
debido
ás
dificultades
económicas
actuais,
optouse
por
convidar
a
unha
nada
máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario