O municipio de Silleda será o punto de arranque en Galicia das xornadas Novidades da Arqueoloxía Galega, organizadas pola Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía (Aega) para informar do significado real da arqueología e o patrimonio. A cita trasdezá, coa que colabora a Concellaría de Cultura, comezará o venres ás 20.30 horas na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde haberá varias disertacións sobre o patrimonio, con intervencións abertas ao público en xeral. O arqueólogo silledense Israel Picón Platas, que hoxe presentou as xornadas xunto co concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, abre a sesión falndo do patrimonio arqueológico do concello de Silleda, municipio que atesoura máis de 100 xacementos, entre eles uns 24 castros. Continuará os relatorios Sara Rodríguez Souto, falando das descubertas recentes en Galicia na última década e pechará Juan Carlos Castro Carrera, coa conferencia titulada O patrimonio en tempos de crise, con cuestións máis candentes e conflictivas nas que disertará sobre a arqueología de xestión fronte á de investigación, entre outros asuntos.
A cita silledense continuará o sábado día 16 cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz (ás 11.00 horas), guiada por membros do colectivo organizador. O arqueológo Israel Picón explicou hoxe durante a presentación que se agarda a presenza de arqueólogos e profesionais da xesión do patrimonio, e eloxiou a aposta realizada no municipio por poñer en valor nos últimos anos xacementos coma o Castro de Toiriz ou a Copa do Castro, agradecendo a iniciativa das asociacións que o promoveron.
Pola súa banda, o concelleiro Matías Rodríguez incidiu na visión clarexadora das xornadas, de interese para o público en xeral, os interesados no patrimonio cultural e mesmo para aqueles que sospeiten da existencia de xacementos nas súas propiedades “para saber cómo actuar, como limpar ou garantir a súa accesibilidade”, engadiu. Ademais da relación afectiva con Silleda, ao ser Israel Picón natural de Refoxos, outro dos motivos de iniciar as xornadas en Silleda débese, segundo explicou o arqueólogo, á centrica situación da localidade ou ao “extenso traballo realizado no ano 86 polo arqueólogo silledense Xulio Carballo”.
A segunda cita será no concello coruñés de Boiro, no centro arqueológico de Neixón e dende Aega tamén se está a negociar cos municipios de Celanova (Ourense) e Meira (Lugo), para continuar con estas xornadas.
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario