Etiquetas

jueves, 26 de julio de 2012

AS BASES DE SUBVENCIÓNS DE CULTURA ESTÁN PREPARADAS E APROBADAS


A Concellaría de Cultura do Concello de Silleda que dirixe o Concelleiro do BNG, Matías Rodríguez da Torre, anunciou que logo de saíren os orzamentos municipais, o pasado venres se aprobaron as bases de subvencións para actividades culturais dirixidas ás asociacións rexistradas no rexistro municipal. A estas agora quédalle un último trámite que é a publicación dixital no Boletín Oficial da Provincia da Deputación Provincial, polo que o Concelleiro agarda que en setembro como máximo estean ao dispor dos colectivos para estes poder presentar os seus proxectos.
Este ano dotáronse con 39.000 euros, aproximadamente un 20% menos que as concedidas o ano anterior, e poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais e asociacións veciñais, educativas ou outras entidades sociais que presten servizos ou organicen actividades sen fin de lucro do tipo (organización de actividades que fomenten a cultura, a educación, o turismo ou a participación cidadá como cursos e obradoiros, celebracións tradicionais, viaxes, certames, etc.) e para gastos en infraestruturas e equipamento cultural, todos no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 10 de decembro de 2012.
Desde a Concellaría de Cultura tentáronse simplificar os trámites para a presentación da documentación, polo que se subirán á web municipal e o blogue de participación cidadá modelos de toda a documentación a presentar, fichas que tamén se poderá recoller no propio Concello, e que axudarán a estandarizar a información presentada polos interesados, aos cales se lles avaliará até 10 puntos a antedita documentación en base aos seguintes criterios,
-       Interese xeral e calidade das actividades a desenvolver. (até 4 puntos)
-       Número de beneficiarios directa ou indirectamente. (até 2 puntos)
-       Carácter permanente ou periódico das actividades obxecto de subvención, en base ao número de actividades ou proxectos realizados ou con proxección de cara ao futuro. (até 2 puntos)
-        Contribución á normalización da lingua e cultura galegas. (até 2 puntos)

O Concelleiro tamén deixou claro que  non serán subvencionábeis os gastos de mantemento ordinario: auga, luz, gas, comidas e bebidas e teléfono. Só se admitiran os gastos provenientes de seguros ou alugueiros se estiveren directamente relacionados coas actividades obxecto da subvención. E tamén se ofrece a novidade da posibilidade de cobranza anticipada até un máximo do 50% dos gastos coa pertinente xustificación dos mesmos. En palabras de Matías R. da Torre “as subvencións teñen que servir para colaborar ao máximo naqueles actividades que teñn un fundamento cultural, priorizando as que aposten pola formación, o desenvolvemento turístico e a participación veciñal”

No hay comentarios:

Publicar un comentario