O pasado sábado 14 de xullo os Xenerais da
Bandeira estiveron representando aos Xenerais da Ulla no festival de Teatro
Popular do eixo Atlántico celebrado no lugar de Largo das Neves na freguesía
portuguesa de Vila de Punhe, pertencente a cámara municipal de Viana do
Castelo. No festival de teatro organizado pola cámara de Viana de Castelo e o
Auto das Floripes participaron colectivos da Galicia como os Xenerais da Bandeira
e veciños e veciñas do Concello Lucense de Cervo, xunto a colectivos de teatro
popular da zona do eixo atlántico Portugués.
Os Xenerais da Bandeira representaron o sábado
14 ás 18 h un atranco de seis xenerais con correos e sentinelas, no que
reflexaron un bando invasor da Galicia e un bando defensor de Portugal. As súas
arengas trataron temas de actualidade Portuguesa e Galega sen esquecer que os
dous países son irmáns compartillando mesma cultura e agora rescate económico,
así como tamén se fixeron alusións o uso elevado de galeg@s do aeroporto
internacional de Porto, a figura de Cristiano Ronaldo, referencias aos xenerais
da revolución dos caraveis ou a reconquista dos territorios galaicos da época
de Gallaecia.
É de sinalar que se estableceron contactos co
colectivo organizador, Auto das Floripes, tanto por parte da Concellería de
Cultura de Silleda como polos organizadores para comezar unha vía de
comunicación cara a posibilidade de que na vindeira edición se poida realizar
unha xornada do Eixpressoes na Bandeira. ´
Hai que lembrar que o festival continúa nesta
vindeira fin de semana en Xinzo da Limia, no que estarán presentes os Moros e
Cristianos do Auto das Floripes, e remata na fin de semana do 28 e 29 de xullo
en Viana do Castelo con representacións das pantallas, cigarróns, peliqueiros,
da Maruxaina do norte de Lugo e os Xenerais de Vedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario