Logo do concerto de Chimango organizado pola Concellaría de Cultura e Turismo o pasado 8 de agosto e da boa acollida que tivo entre os silledenses, uns hostaleiros da vila dirixíronse a min coa idea de organizaren outro concerto e dinamizar as noites de verán na vila.
É polo que se respalda e colabora esta iniciativa de dous negocios hostaleiros locais, Restaurante Ricardo e Café Bar Pukará, ambos os dous situados ao pé da Praza da Feira Vella, para que o vindeiro xoves, 30 de agosto a partir das 10 da noite na devandita praza, teña lugar un concerto do grupo de Silleda, SOMOS III, integrado por Daniel Talquenca (guitarra) Paco Montoto (teclados e programación musical) e Carlos Montoto (voz), os cales interpretan fundamentalmente un repaso polo repertorio do pop-rock das décadas dos 80 e 90 no Estado español.
Esta interesante iniciativa pretende ser unha proba para experimentar se estas iniciativas teñen boa acollida do público, e conduzan a que, sobre todo, no verán vindeiro se poida pechar unha programación estival entre semana conxunta entre a hostalaría local e a Concellaría, nos núcleos urbanos de Trasdeza, Silleda e A Bandeira, que dinamice a actividade lúdica das vilas nas diversas rúas e prazas e sexa tamén un reclamo para os visitantes e turistas.
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
lunes, 27 de agosto de 2012
sábado, 18 de agosto de 2012
‘aCadaCanto’, chega ao Mosteiro de Carboeiro o vindeiro venres día 31 de agosto
O mosteiro de Carboeiro será o escenario
dun novo concerto. A cita, o vindeiro venres día 31 de agosto será esta vez con
aCadaCanto, o quinto traballo
discográfico do selo Músicas de Salitre. Artistas coñecidos como Guadi Galego,
Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices do
traballo resultante deste xuntoiro de artistas con traxectorias independentes.
Aínda que xa teñen coincidido en moitas ocasións, esta é a primeira vez que os
catro participan de forma conxunta. O disco foi publicado a mediados do pasado
mes de maio.
A
cita en Carboeiro será ás 21.30 horas, e as entradas terán un prezo de 10 euros
en venda anticipada e de 12 euros na billeteira. A venda anticipada farase na
Casa da Cultura de Silleda (986 581028; info@turismosilleda.es)
o na mesma tarde no mosteiro.
A cita,
programada dende a Concellaría de Cultura e Turismo, que dirixe Matías
Rodríguez da Torre, vén sumarse á oferta cultural de verán.” Pese ás
dificultades económicas, dende a Concellaría de Cultura e Turismo buscamos que
poida haber durante o verán actividades culturais de grande calidade, polo que
aínda haberá algunha cita máis antes que remate a tempada estival”, engade o
concelleiro.
(Nota: o concerto será presentado a
vindeira semana polos propios artistas en Silleda)
miércoles, 15 de agosto de 2012
O Bandeirock será o 16 de Agosto
O 16 de Agosto teremos unha nova edición do Bandeirock. Desta volta, a partir das 22;30 teremos a oportunidade de ver a Barrio Rojo, Tu mujer nos engaña, malucos e malandros e máis unha banda sorpresa.
As actuacións terán lugar na rúa Camilo José Cela, en caso de que chova irase ao pavillón da Bandeira.
O Esmorga Folk será o 17 de Agosto na Bandeira
...e coma sempre será na vila de A Bandeira. Desta volta virán:
-Tanto nos ten (de Redondela)
-Zurrumalla (de Vigo)
-Os Carapaus ( de Compostela)
-Os Cuchufellos (de Manzaneda)
As actuacións terán lugar desde as 22.30 horas
-Tanto nos ten (de Redondela)
-Zurrumalla (de Vigo)
-Os Carapaus ( de Compostela)
-Os Cuchufellos (de Manzaneda)
As actuacións terán lugar desde as 22.30 horas
martes, 7 de agosto de 2012
Bases para as subvencións en Cultura e Deporte
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais e asociacións veciñais, educativas ou outras entidades sociais que presten servizos ou organicen actividades sen fin de lucro do tipo (organización de actividades que fomenten a cultura, a educación, o turismo ou a participación cidadá como cursos e obradoiros, celebracións tradicionais, viaxes, certames, etc.) e para gastos en infraestruturas e equipamento cultural.
Este ano como novidade pódense recoller no Rexistro do Concello todos os modelos precisos para presentar, e mesmo descargalos desde o sitio web www.silleda.es
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 6 de Agosto , a partires da páxina 64.
Este ano como novidade pódense recoller no Rexistro do Concello todos os modelos precisos para presentar, e mesmo descargalos desde o sitio web www.silleda.es
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 6 de Agosto , a partires da páxina 64.
domingo, 5 de agosto de 2012
Chimango Comando rumbero, presenta en Silleda o seu disco "Donde el diablo perdió el Poncho", o mercores 8 Agosto na Praza da Feira Vella as 10 da noite.
Chimango presenta "Donde el diablo perdió el poncho", en tour galego, ao que se sumou Silleda (8 de Agosto en Praza do Feira vella). A concellaria de Cultura e Participacion Cidada decidiru engrosar a programación estival con esta proposta actual de música mestiza adubiada co sabor tropical de O Drakesito, os mellores mojitos cubanos de Galicia.
En formato trío baixo o apelativo de Comando rumbero, presentarán unha música avalada por figuras como Manu Chao, Tonino Carotone, Anouk Chauvet (Fufu-ai), quen colaboran neste novo disco do arxentino afincado en Barcelona, Pablo Pascuale.
En formato trío baixo o apelativo de Comando rumbero, presentarán unha música avalada por figuras como Manu Chao, Tonino Carotone, Anouk Chauvet (Fufu-ai), quen colaboran neste novo disco do arxentino afincado en Barcelona, Pablo Pascuale.
A Xunta de Goberno Local acordou iniciar o procedemento para a adxudicación do programa lúdico educativo fóra do horario lectivo
A
Xunta de Goberno Local de Silleda acordou hoxe, entre outros asuntos, iniciar o
procedemento para contratar o servizo do programa lúdico-educativo de apertura
de centros escolares públicos fóra do horario lectivo. Farase, ao igual que o
ano pasado por procedemento negociado con publicidade.
Este servizo está dirixido a nenos/as de entre 3 e 12 anos, con
actividades nos centros escolares fora do horario lectivo, e tamén durante as
vacacións.
O procedemento está aberto a todas aquelas empresas interesadas e que
cumpran cos requisitos lúdico educativos que esixen as bases. Os pregos, coas
condicións tanto técnicas como administrativas, xa se poden consultar na web
municipal, no apartado Perfil do Contratante (sección servizos).
As empresas que queiran concorrer dispoñen dun prazo de 15 días
naturais, contados a partir de mañá día 4. O prezo polo que se licita o servizo
é o mesmo ca o do ano pasado: 80.000 euros.
Na adxucación, teranse en conta unha serie de criterios obxectivos e
tamén subxectivos. En canto aos obxectivos, atenderase ao prezo ofertado,
facendo fincanpé en que as empresas deben de presentar unha distribución
salarial dos traballadores. Esta cuestión puntuarase con 4 puntos.
Tamén se terá en conta o número de monitores. Así valorarase en 0,5
puntos, e ata un máximo de 1,5 (máximo 3 puntos) cada monitor que propoñan as
empresas a maiores. No prego esíxense contar con persoal técnico axeitado para
o desenvolvemento da actividade de cara a atender 90 nenos e nenas. Entre os
persoal que se pide figura: unha persoa con titulación de Mestre, diplomada en
Educación Infantil ou Primaria; 4 monitores de Tempo Libre ou equivalente, un
licenciado en Psicoloxía, Psicopedagoxía, ou Pedagoxía na especiacidade
escolar; un titulado/a en Educación Social; e unha persoa para servizos con
carné de manipulador de alimentos. Debe respetarse unha ratio mínima de 1
coidador/a por cada 12 nenos/as. Así mesmo, debe nomarse por parte da empresa
un director/a ou coordinador/a para toda a actividade.
O concelleiro de Educación, Matías Rodríguez da Torre, explica que
“básicamente o que se fixo foi simplificar os criterios obxectivos, de feito,
cos criterios citados anteriormente, tamén se busca que poidan concorrer
empresas que aínda que non teñan experiencia no servizo, sí conten cunha
programación lúdica e educativa”, engade.
Así, nos criterios subxectivos, terase en conta o programa educativo
que se presente, valorando sobre todo a súa multidisciplinariedade. Este será o
criterio que máis puntue, con 5 puntos.
Da Torre tamén explica que como novidade este ano se encargará un
informe sobre o programa lúdico a un membro do recén creado Consello Municipal
de Educación. “Será un especialista na sección de idade á que se dirixe o
servizo, contando contando co seu asesoramento á hora de valorar os programas”,
engade o concelleiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)