Logo do concerto de Chimango organizado pola Concellaría de Cultura e Turismo o pasado 8 de agosto e da boa acollida que tivo entre os silledenses, uns hostaleiros da vila dirixíronse a min coa idea de organizaren outro concerto e dinamizar as noites de verán na vila.
É polo que se respalda e colabora esta iniciativa de dous negocios hostaleiros locais, Restaurante Ricardo e Café Bar Pukará, ambos os dous situados ao pé da Praza da Feira Vella, para que o vindeiro xoves, 30 de agosto a partir das 10 da noite na devandita praza, teña lugar un concerto do grupo de Silleda, SOMOS III, integrado por Daniel Talquenca (guitarra) Paco Montoto (teclados e programación musical) e Carlos Montoto (voz), os cales interpretan fundamentalmente un repaso polo repertorio do pop-rock das décadas dos 80 e 90 no Estado español.
Esta interesante iniciativa pretende ser unha proba para experimentar se estas iniciativas teñen boa acollida do público, e conduzan a que, sobre todo, no verán vindeiro se poida pechar unha programación estival entre semana conxunta entre a hostalaría local e a Concellaría, nos núcleos urbanos de Trasdeza, Silleda e A Bandeira, que dinamice a actividade lúdica das vilas nas diversas rúas e prazas e sexa tamén un reclamo para os visitantes e turistas.

Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario