O mosteiro de Carboeiro será o escenario
dun novo concerto. A cita, o vindeiro venres día 31 de agosto será esta vez con
aCadaCanto, o quinto traballo
discográfico do selo Músicas de Salitre. Artistas coñecidos como Guadi Galego,
Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices do
traballo resultante deste xuntoiro de artistas con traxectorias independentes.
Aínda que xa teñen coincidido en moitas ocasións, esta é a primeira vez que os
catro participan de forma conxunta. O disco foi publicado a mediados do pasado
mes de maio.
A
cita en Carboeiro será ás 21.30 horas, e as entradas terán un prezo de 10 euros
en venda anticipada e de 12 euros na billeteira. A venda anticipada farase na
Casa da Cultura de Silleda (986 581028; info@turismosilleda.es)
o na mesma tarde no mosteiro.
A cita,
programada dende a Concellaría de Cultura e Turismo, que dirixe Matías
Rodríguez da Torre, vén sumarse á oferta cultural de verán.” Pese ás
dificultades económicas, dende a Concellaría de Cultura e Turismo buscamos que
poida haber durante o verán actividades culturais de grande calidade, polo que
aínda haberá algunha cita máis antes que remate a tempada estival”, engade o
concelleiro.
(Nota: o concerto será presentado a
vindeira semana polos propios artistas en Silleda)
No hay comentarios:
Publicar un comentario