Etiquetas

viernes, 17 de febrero de 2012

Entroido en Parada para o sábado 18 de Febreiro

A Asociación de Veciños de Parada organiza mañá, sábado 18 de Febreiro,  a partir da 22:00h  no local social unha Festa de Entroido, que incluirá degustacións de postres, viño e chocolate e que estará amenizado por un grupo de música.

Panorámica da parroquia de Parada, co Candán ao fondo

Entroido en Graba

A Asociación Coto do Castelo de Graba, que aglutina á mocidade (e non tan mocidade) desta parroquia da cabeceira do Toxa, prepara unhas actividades para este Entroido, que serán:

-Venres 17 de Febreiro as 22:30h festa de disfraces con premios (que aínda son unha sorpresa). A cea e maila bebida será a cargo de cada un pero, suxírese que se traian produtos deste tempo para desgustarmos entre todos.

-Luns 20 e Martes 21 de Febreiro viaxe a Xinzo da Limia  para  vivir de preto o Entroido nunha das capitais que este elemento da nosa antropoloxía ten non noso país.

Cartel do Entroido que se fará na parroquia

jueves, 16 de febrero de 2012

O antropólogo Xosé R. Mariño Ferro na Bandeira

O profesor da USC Xosé R. Mariño Ferro mantivo onte unha charla no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, onde tentou dar unha análise científica dos distintos elementos do Entroido, así como senlleiramente tratar con máis profundidade o caso dos Xenerais da Ulla, un caso completamente diferente dentro dos entroidos europeos tal e como sostivo onte o profesor.


Aspecto da charla co profesor Mariño Ferro onte na Bandeira


Nos vídeos que engadimos a seguir, amósase a intervención do profesor Mariño Ferro, onde, resposta ás preguntas dos veciños, debullando científicamente o Entroido dos Xenerais:









No CEIP de Silleda barallan cambiar de horario


O CEIP de Silleda baralla un cambio de horario para facer xornada contínua, para isto estanse a reunir a ANPA e o Consello Escolar, co obxectivo de acordar o horario máis racional e conveniente.

Charla da plataforma en contra da incineradora na Casa da Cultura de Silleda

Unhas 50 persoas asistimos onte a unha charla que os membros da plataforma Incineradora no Deza NON deron na Casa da Cultura de Silleda. No devandito encontro falouse dos problemas ambientais de saude e ecoómicos que traerá a incineradora que se pensa poñer no Irixo para a nosa comarca. Aos poñentes da Plataforma uníuselles a veciña de Parada, Ánxela Taboada, presentando a charla, e o veciño de Escuadro Lito Andión.

Aspecto da charla de onte

Vídeo da presentación feita pola veciña de Parada Ánxela Taboada:





martes, 14 de febrero de 2012

Nota de prensa para presentar a vosa nova ferramenta de participación e comunicación!





A Concellaría de Participación Cidadá dá a coñecer a ferramenta dixital de comunicación cos veciños e veciñas
A área de Participación Cidadá do Concello de Silleda pon en funcionamento un blogue, coa pretensión de que sirva de ferramenta para a comunicación dos veciños e colectivos coa institución, e dar a coñecer as novas en relación a Cultura, Educación e da propia área de Participación Cidadá. O obxectivo é conseguir un achegamento entre o Concello  e a sociedade silledense.
Nos vindeiros días deste mes, pasado o Entroido, o responsable desta Concellaría, Matías R. da Torre, comezará unha rolda de conversas cos diversos colectivos sectoriais do ámbito da educación e da cultura, así coma unhas xuntanzas informativas cos veciños de cada parroquia coa fin de dar a coñecer o regulamento de Participación Cidadá e, de xeito preliminar, explicar como vai ser a composición dos consellos que se anunciarán e exporán tamén en dito blogue, alén de servir este para colleitar as opinións dos silledenses no eido da cultura, a educación e a participación cidadá.

lunes, 13 de febrero de 2012

Un estudo do Pintor Colmeiro sinala o retroceso do galego en Silleda

Un estudo realizado pola área de normalización lingüística do I.E.S Pintor Colmeiro de Silleda, formado por alunas e alunos da E.S.O.  pon de manifesto o dramático retroceso do emprego da nosa língua dentro da sociedade silledense, especialmente na mocidade. Cómpre sinalar, e salientar a profundidade e rigor do estudo feito polas nosas rapazas e rapaces, que non merece senón unha sincera noraboa e o agradecemento, dende o punto de vista que este estudo ten como mostra de realidade e ferramenta de denuncia social.

Dende a área de Eduación do Concello de Silleda, consideramos moi positivo a implicación das rapazas e dos rapaces no tema da língua e emprazámolos a continuaren en sucesivas andainas e proxectos a prol do noso idioma.


1000 primaveras máis para a língua!! (A. Cunqueiro)





Corre o Entroido 2012 en Silleda nos Carnabares!

A vila de Silleda tamén terá este ano programación de Entroido:

Venres 17 e Sábado 18 de Febreiro: Roteiro dos Carnabares, onde amablemente convidarán a dobre pincho a todo aquel que veña disfrazado!  Nos bares tamén se expoñerán fotos antigas de entroidos anteriores.
Cartel co que se anuncia a proposta





Sábado 18 de Febreiro Entroidiño Infantil ás 17:00h con música e animación, nunha carpa cuberta situada na Praza da Feira Vella.


Domingo 19 de Febreiro, Desfile de máscaras e baile, a partir das 17:30h, que inclue un concurso de disfraces que se fará na devandita  carpa posta na Praza da Feira Vella, para o que haberá que inscribirse na Casa da Cultura (data límite as 17:15h) ou na mesma carpa. Os premios serán os seguintes:

Premios ás comparsas:


1º 300€ otórgao "Concello de Silleda"
2º 150€ otórgao"A.V.V. Olaia"
3º 100€ otórgao "A.S.C. Adellís"


Premios de ECOS en vales de compra no comercio de Silleda para disfraces individuais ou en parella:


1º 90€
2º 60€
3º 50€

Premio "Asociación Feiral Semana Verde":


Unha cesta de artesanía ao disfraz que mellor simbolice a cultura rural

Moi boa acollida do Entroido de Lamela

O pasado sábado día 11, tivo lugar en Lamela unha nova edición do Entroido dos Xenerais, o primeiro que este ano se celebra no concello. Este ano contou con 3 carrozas, 2 charangas, 3 grupos e 7 disfraces individuais e contou con 800€ en premios, e cun improvisado pregón a cargo dos Regueifeiros.

viernes, 10 de febrero de 2012

Actuación de "Odaiko" para @s cativ@s do CEIP de Silleda na Casa da Cultura

Hoxe, 10 de Febreiro, na Casa da Cultura tivo lugar o concerto de Odaiko, banda de percusionistas formada por artistas galegos, que ten a súa sé na veciña parroquia cruceña de Merza.
Este grupo dezao leva feitas ducias de actuacións por Europa, África e Asia e agora anda nunha xira polos colexios da comarca do Deza, co obxectivo de dar a coñecer a percusión aos máis cativos.


Un intre da actuación, na que estaba a facer percusión corporal


Vídeo da actuación na que se tenta amosar e representar a importancia histórica do tambor:


jueves, 9 de febrero de 2012

A Concellaría de Cultura colabora e apoia os "Sábados Culturais" do Pub Vinilo

O Pub Vinilo propón unha moi interesante aposta pola cultura galega cos "Sábados Culturais", onde traerán aos mellores monologuistas do país. A Concellaría de Cultura colaborará na difusión das actuacións, do mesmo xeito que prestará apoio loxístico ás mesmas. Deste xeito o programa dos "Sábados Culturais" queda do seguinte xeito:

-18 de Febreiro, monólogo de Cándido Pazó
-17 de Marzo, monólogo de Quico Cadaval
-31 de Marzo, monólogo de Carlos Blanco


O xerente do Pub Vinilo, Miguel Valdés e o Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, na presentación da iniciativa.

miércoles, 8 de febrero de 2012

Conferencia sobre o Entroido co antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro na Bandeira

O vindeiro xoves, 16 de Febreiro, terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira unha conferencia a cargo do profesor de antropoloxía da USC Xosé Ramón Mariño Ferro, que leva por título "O Entroido e os praceres da carne". O obxectivo da charla é o achegamento á cidadanía do debullemento científico da entroido enfatizando e explicando o seu significado como feito da cultura popular galega.

O profesor Xosé Ramón Mariño Ferro

lunes, 6 de febrero de 2012

Entroido en Laro

No Centro Sociocultural da parroquia de Laro terá lugar o venres  17 de Febreiro, unha cea (a prezos populares) que consistirá en :
-Empanada
-Churrasco
-Doces típicos
-Café
-Chupitos
 Ademáis haberá unha festa de disfraces (con premios incluidos) e COPAS A 2,50€!!!!

 ANÍMATE!


Cartaz do festexo

sábado, 4 de febrero de 2012

Presentación oficial do Entroido da Bandeira

Os membros da Asociación Xenerais da Bandeira, Brais Cangas, Alberte Domínguez e Anxo Lois Diéguez presentaron conxuntamente co Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, a programación que a asociación ten prevista para o Entroido. O programa será o seguinte, remarcando o obxectivo de recuperar o patrimonio etnográfico do Entroido, tarefa na que levan xa tempo:

-Xoves 16 de Febreiro: Conferencia ás 20:30 horas do antropólogo da USC Xosé R. Mariño Ferro  que nos explicará o sentido antropolóxico do Entroido.

-O venres 17 de Febreiro:

Pola tarde haberá a Gran Vellada, consistente e disfrazarse de vello e xa unha tradición no entroido Bandeirense. Haberá ademais o desfile do "tractor fiolleiro", que repartirá de balde filloas, viño e chourizos e estará amenizada coa actuación dunha charanga.

-O sábado 18 de Febreiro:

Ás 12:30h  pasarrúas de Cabezudos acompañados por gaiteiros

Ás 16:00h  desfile de disfraces

Ás 17:30h   Alto dos Xenerais Infantil

Ás 18:00h  Alto do Xenerais (con 4 xenerais, 2 correos e 1 centinela)

Ás 22:30h   Baile de máscaras con actuacións musicais e entrega de premios (que acadarán os 1875€)

-O Luns 20 de Febreiro:

Pola tarde Entroido infantil (organizado pola Asociación Cultural Vista Alegre).

-O  Sábado 3 de Marzal: 

Peche do Entroido, cun cocido


Os integrantes da Asociación Xenerais da Bandeira mencionados, co concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre




viernes, 3 de febrero de 2012

Moi boa acollida de Marful en Carboeiro

Con moita, moita friaxe desfrutamos a noite pasada da actuación do grupo galego Marful no Mosteiro de Carboeiro. Os asistentes puidemos desfrutar dun concerto xenial con interactuacións dos músicos para o público e coa compaña de queimada, licor café, queixo e rosquillas (todo de Silleda).

Aspecto da actuación de Marful en Carboeiro.


Neste vídeo amósase a representación da peza "Fogueira"