A Asociación Coto do Castelo de Graba, que aglutina á mocidade (e non tan mocidade) desta parroquia da cabeceira do Toxa, prepara unhas actividades para este Entroido, que serán:
-Venres 17 de Febreiro as 22:30h festa de disfraces con premios (que aínda son unha sorpresa). A cea e maila bebida será a cargo de cada un pero, suxírese que se traian produtos deste tempo para desgustarmos entre todos.
-Luns 20 e Martes 21 de Febreiro viaxe a Xinzo da Limia para vivir de preto o Entroido nunha das capitais que este elemento da nosa antropoloxía ten non noso país.
Cartel do Entroido que se fará na parroquia
Gústame :D
ResponderEliminar