Venres 17 e Sábado 18 de Febreiro: Roteiro dos Carnabares, onde amablemente convidarán a dobre pincho a todo aquel que veña disfrazado! Nos bares tamén se expoñerán fotos antigas de entroidos anteriores.
Cartel co que se anuncia a proposta
Sábado 18 de Febreiro Entroidiño Infantil ás 17:00h con música e animación, nunha carpa cuberta situada na Praza da Feira Vella.
Domingo 19 de Febreiro, Desfile de máscaras e baile, a partir das 17:30h, que inclue un concurso de disfraces que se fará na devandita carpa posta na Praza da Feira Vella, para o que haberá que inscribirse na Casa da Cultura (data límite as 17:15h) ou na mesma carpa. Os premios serán os seguintes:
Premios ás comparsas:
1º 300€ otórgao "Concello de Silleda"
2º 150€ otórgao"A.V.V. Olaia"
3º 100€ otórgao "A.S.C. Adellís"
Premios de ECOS en vales de compra no comercio de Silleda para disfraces individuais ou en parella:
1º 90€
2º 60€
3º 50€
Premio "Asociación Feiral Semana Verde":
Unha cesta de artesanía ao disfraz que mellor simbolice a cultura rural
No hay comentarios:
Publicar un comentario