A
Concellaría de Participación Cidadá dá a coñecer a ferramenta dixital de
comunicación cos veciños e veciñas
A área de Participación Cidadá do Concello de
Silleda pon en funcionamento un blogue, coa pretensión de que sirva de
ferramenta para a comunicación dos veciños e colectivos coa institución, e dar
a coñecer as novas en relación a Cultura, Educación e da propia área de Participación
Cidadá. O obxectivo é conseguir un achegamento entre o Concello e a sociedade silledense.
Nos vindeiros días deste mes, pasado o
Entroido, o responsable desta Concellaría, Matías R. da Torre, comezará unha
rolda de conversas cos diversos colectivos sectoriais do ámbito da educación e
da cultura, así coma unhas xuntanzas informativas cos veciños de cada parroquia
coa fin de dar a coñecer o regulamento de Participación Cidadá e, de xeito
preliminar, explicar como vai ser a composición dos consellos que se anunciarán
e exporán tamén en dito blogue, alén de servir este para colleitar as opinións
dos silledenses no eido da cultura, a educación e a participación cidadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario