Etiquetas

miércoles, 16 de mayo de 2012

Silleda participa, a través da Concellaría de Cultura, na iniciativa Vitaminas 17 coa lectura do seu manifesto no IES Pintor Colmeiro e diante do Concello de Silleda


Silleda, 12 de maio de 2012. Vitaminas 17 é unha iniciativa dos medios de comunicación que se deu a coñecer en decembro do pasado ano coa campañaVitaminas para o galego, pola necesidade de prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional., que se conmemora o día das Letras Galegas.

            Nesta iniciativa, contémplase a a lectura simultánea do manifesto deste movemento en 17 centros de ensino de Galicia, un deles, o IES Pintor Colmeiro de Silleda.

            Ás 12.00 horas, alumnos  de 1º da Eso do instituto público trasdezao, procederán a ler o manifesto, ao mesmo tempo que o farán noutros 16 centros de todo Galicia. Estas lecturas que serán gravadas en vídeo colgaranse posteriormente na páxina de www.vitaminasparaogalego.gl.


            Asemade, ás 17.00 horas procederase a ler o mesmo manifesto diante da porta do Concello de Silleda, do que se encargará o artesán local José Villar. Ao tempo, segundo o programa, outras 16 personalidades destacadas doutras localidades lerán o mesmo manifesto diante das casas consistoriais do seu municipio. Estas intervencións tamén serán gravadas en vídeo e colgadas na devandita páxina web.

            Esta actividade está organizada dende a Concellaría de Cultura e Participación Cidadá que dirixe Matías R. da Torre.

            Dentro da programación de Vitaminas para o galego tamén se contempla a lectura do manifesto en 17 cidades distintas dos 5 continentes, durante a primeira quincena do mes de maio.


martes, 15 de mayo de 2012

Silleda celebra a semana das letras galegas coas actividades Mercapoemas – Comercio en Galego e Ceibar poemas pormovidas pola Concellaría de Cultura


MercapoemasComercio en Galego e Ceibar Poemas son dúas actividades enmarcadas na programación da semana do día das Legras Galegas que organiza a Concellaría de Cultura e Participación Cidadá que dirixe Matías R. da Torre.

            Mercapoemas, que leva o lema Comercio en Galego foi unha proposta da plataforma Queremos Galego, e realizarase coa colaboración da asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda e a devandita concellaría. Consiste na colocación de poemas nos escaparates das tendas de membros de ECOS, para que os que pasen xunto a eles poidan gozar deste xénero. Os versos serán poemas de Valentín Paz Andade, Celso Emilio Ferreiro,xa que en agosto cúmprese un século dende o seu nacemento ou versos destacados da nosa lingua.

            Esta actividade levarase a cabo o día 15 de maio, e rematará o 19.

            Tamén este día 15, os viandantes que transiten polo casco urbano de Silleda ou por Bandeira atoparán, en diferentes puntos, sobres con poemas en galego. Estes poderán estar por  calquera lugar público para que, quen atope algún, poida lelo e logo ou ben volvelo deixar onde estaba para que outra persoa poida gozar da obra, ou deixalo noutro lugar, ou ben gardalo.


            Dende a Concellaría de Cultura perséguese o obxectivo de achegar a literatura galega á vida cotiá das persoas, e que os silledenses poidan gozar dos poemas de grandes autores de Galicia.

sábado, 12 de mayo de 2012

Teatro para conmemorar o Día das Letras Galegas, o día da nosa lingua

Un monólogo adicado a Lorca, no 75 aniversario do seu asasinato será representado o día 17 de Maio en Silleda (na Casa da Cultura ás 20:00 horas) e na Bandeira o 18  (no Centro Cultural Vista Alegre ás 21:00 horas). As entradas están xa a venda (a 5€) na Casa da Cultura de Silleda e no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. Estos actos enmárcanse dentro da "Semana das Letras Galegas" que celebra, por primeira vez, o noso concello.

O coñecido poeta andaluz, autor dunha obra en galego, "Seis poemas galegos", publicada en Compostela no 1935, terá unha merecida homenaxe con esta singular obra de teatro.


Case 1.000 alumnos de Deza e Tabeirós participarán no Correlingua o vindeiro luns en Silleda, organizado pola Concellaría de Cultura e Educación



Por primeira vez o Correglingua, a carreira popular de rapaces a prol do noso idioma, chega a   Silleda, dentro da celebración dunha "Semana das Letras Galegas", que amosa o compromiso que  asume a Concellaría de Cultura e Educación coa nosa língua. 

Matías Rodríguez da Torre sinala que esta concentración será "unha das máis multitudinarias nuncase realizaron no noso concello" e anima a participarmos na mesma. 

A chegada dos alumnos para a o Correlingua será ás 10.30 horas do luns á Praza da Feira. Os case 1.000 alumnos que farán os dous quilómetros de percorrido levarán dorsais feitos por eles mesmos cunha palabra en galego que eles elixan, e diferentes entre os distintos centros educativos.

Está previsto que ás 11.00 horas sexa a saída que pasará pola Ronda do Outeiro, rúa Progreso, Praza do Siñor Afranio, cruce coa rúa Trasdeza, Avenida do Parque, rúa María Colmeiro, cruce de novo coa rúa Trasdeza, rúa Venezuela, rúa Antón Alonso Ríos, e rematará de novo na praza da Feira arredor das 11.45 horas.

Os rapaces de primaria, farán un percorrido máis pequeno, que non contempla a vila enteira.

Ao remate da marcha, está prevista a lectura do manifesto do Correlingua pola actriz galega Iria sobrado, no mesmo punto de chegada.

Neste mesmo emprazamento, e arredor das 12.10 horas haberá un concerto do grupo Chupadeskay, e cando a actuación chegue ao seu fin, realizarase unha solta de globos para rematar o acto.

En caso de choiva, tanto a marcho como o resto das actividades serán trasladadas ao recinto feiral da Semana Verde, e o Percorrido farase polo corredor central, mentres que as actuacións serán no Pavillón 2.

Os centros educativos que participarán son o CEIP de Silleda, o CPR María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro, de Trasdeza; de Lalín acudirán o IES Aller Ulloa, o IES Laxeiro; de Vila de Cruces, o IES Marco do Camballón; de A Estrada, o CEIP O Foxo, o CEIP Cabada Vázquez, o CEIP de Figueroa, o IES Manuel García Barros e o IES Losada Diéguez; e de Forcarei estarán os alumnos do IES Chano Piñeiro. En total, só alumnos, serán 925, aínda que tamén irán acompañados dos profesores.


miércoles, 9 de mayo de 2012

XVI de Baile Infantil Xirandola na Bandeira

Terá lugar o domingo 12 de Maio ás 18:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, e contará coa participación de:


Grupo de Danzas Mar de Arousa de Vilagarcía
A.C. Pedra de Aroña de Boiro
Grupo de Baile Tradicional Colexiata de Sar de Compostela

...e por suposto a entidade organizadora, Xirandola da Bandeira (Silleda)




A Ascociación Cultural Coto do Castelo de Graba celebrará unhas xornadas adicadas ás Letras Galegas

O sábado 19 de maio, celebrarase a Xornada das Letras Galegas 2012 da Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, na que haberá unha conferencia sobre Valentín Paz Andrade que impartirá o Concelleiro de Cultura e Educación, Matías R. da Torre, ás 17.00 horas no centro social de Graba. Asemade estará exposta unha serie de textos en galego, e relacionados co evento. 
Tamén teremos a proxección dun filme en galego acompañado dunha merendola para os asistentes. 





martes, 8 de mayo de 2012

A Concellaría de Cultura conmemora as Letras Galegas con actividades durante toda a vindeira semana


. A Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. da Torre, está a organizar varias actividades para a vindeira semana, en que se conmemora o día das Letras Galegas, este ano dedicado a Valentín Paz Andrade.

Actualmente, na Casa da Cultura de Silleda e na Biblioteca hai unha exposición biográfica do homenaxeado nesta edición que pode ser visitada por calquera persoa que se achegue a estas dependencias municipais, de 8.00 a 15.00 horas durante a mañá e de 16.00 a 20.00 horas pola tarde.

Para o vindeiro luns 14 de maio, a devandita concellaría contempla a realización do Correlingua: marcha polas rúas, nas que participarán practicamente todos os centros de ensino secundario da comarca de Deza, así coma o instituto de Forcarei e  centros de A Estrada, a prol do idioma galego.

O martes, 15 de maio, en colaboración con Ecos, a Concellaría de Cultura prepara o Mercapoemas e Ceibar Poemas. A primeira destas actividades consiste en que os comercios asociados a Ecos, poñerán nos seus escaparates poemas en galego de autores célebres, de Valentín Paz Andrade, ou de Celso Emilio Ferreiro, que vén de cumprirse un século dende o seu nacemento; estarán expostos ata o sábado 19 de maio. En Ceibar Poemas, pousar sobres en lugares públicos de Silleda e Bandeira con poemas dentro, coa finalidade de que a xente os colla e os lea; logo pode gardalos ou volver a deixalos onde os atoparon para que outros viandantes poidan lelos tamén.

O 16 de maio participarase no proxecto  Vitaminas 17 da campaña Vitaminas para o Galego, ás 12.00 horas os alumnos do IES Pintor Colmeiro farán a lectura do manifesto do devandito proxecto e arredor das 17.00 horas, este manifesto será lido polo escultor trasdezao Fernando Rodríguez diante do Concello.

O propio 17 de maio, día das letras galegas, a devandita concellaría apoiará a Manifestación nacional pola lingua que nos une convocada en Santiago de Compostela ás 12.00 horas pola Plataforma Queremos Galego e ao seu manifesto “Voares de esperanza” elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz.

Durante esa xornada na Ruta da Auga de Parada exporanse por idea de veciños da parroquia diversos poemas e textos en lingua galega doados por calquera interesado polas fontes e lavadoiros da parroquia, ao igual que en anos precedentes.

Este mesmo día, ás 20.00 horas e na Casa da Cultura a compañía teatral El Producciones representará “Lorca e as flores de Venus”, un drama epéntico de Marga do Val; a entrada a este espectáculo, que se repetirá na Bandeira no Centro Cultural Vista Alegre ao día seguinte ás 21.00 horas, custará 5 euros por persoa.

O sábado 19 de maio, celebrarase a Xornada das Letras Galegas 2012 da Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, na que haberá unha conferencia sobre Valentín Paz Andrade que impartirá o Concelleiro de Cultura e Educación, Matías R. da Torre, ás 17.00 horas no centro social de Graba. Asemade estará exposta unha serie de textos en galego, e relacionados co evento.
Tirando á tardiña, contémplase a proxección dun filme galego. 


Valentín Paz Andrade é o homenaxeado este ano no día da nosa lingua.

lunes, 7 de mayo de 2012

Seguen as reunións para presentar o regulamento de Participación Cidadá

Matías R. da Torre segue a explicar o regulamento de Participación Cidadá aos veciños das parroquias, desta volta estará:

-O Martes 8 en Laro, ás 21:30 no Centro Sociocultural.
-O Mércores 9 en Escuadro,  ás 21:30 no Centro Sociocultural.

Achégate!

domingo, 6 de mayo de 2012

sábado, 5 de mayo de 2012

IV festival de Bandas Infantís no Salón Parroquial de Silleda

Hoxe ás 18.30 teerá lugar no salón parroquial de Silleda o IV Festival de Bandas Infantís. Ademais da nosa banda, participarán as de Beade e a de Rivadulla. Anímate e vén!

viernes, 4 de mayo de 2012

A Concellaría de Educación e Cultura prepara o Correlingua

A Concellaría de Educación e Cultura prepara o Correlingua para a semana da Letras Galegas. Con tal cometido onte o concelleiro Matías R. da Torre tivo unha reunión  na Casa da Cultura con representantes dos I.E.S. participantes para artellar o evento.