Etiquetas

sábado, 12 de mayo de 2012

Case 1.000 alumnos de Deza e Tabeirós participarán no Correlingua o vindeiro luns en Silleda, organizado pola Concellaría de Cultura e Educación



Por primeira vez o Correglingua, a carreira popular de rapaces a prol do noso idioma, chega a   Silleda, dentro da celebración dunha "Semana das Letras Galegas", que amosa o compromiso que  asume a Concellaría de Cultura e Educación coa nosa língua. 

Matías Rodríguez da Torre sinala que esta concentración será "unha das máis multitudinarias nuncase realizaron no noso concello" e anima a participarmos na mesma. 

A chegada dos alumnos para a o Correlingua será ás 10.30 horas do luns á Praza da Feira. Os case 1.000 alumnos que farán os dous quilómetros de percorrido levarán dorsais feitos por eles mesmos cunha palabra en galego que eles elixan, e diferentes entre os distintos centros educativos.

Está previsto que ás 11.00 horas sexa a saída que pasará pola Ronda do Outeiro, rúa Progreso, Praza do Siñor Afranio, cruce coa rúa Trasdeza, Avenida do Parque, rúa María Colmeiro, cruce de novo coa rúa Trasdeza, rúa Venezuela, rúa Antón Alonso Ríos, e rematará de novo na praza da Feira arredor das 11.45 horas.

Os rapaces de primaria, farán un percorrido máis pequeno, que non contempla a vila enteira.

Ao remate da marcha, está prevista a lectura do manifesto do Correlingua pola actriz galega Iria sobrado, no mesmo punto de chegada.

Neste mesmo emprazamento, e arredor das 12.10 horas haberá un concerto do grupo Chupadeskay, e cando a actuación chegue ao seu fin, realizarase unha solta de globos para rematar o acto.

En caso de choiva, tanto a marcho como o resto das actividades serán trasladadas ao recinto feiral da Semana Verde, e o Percorrido farase polo corredor central, mentres que as actuacións serán no Pavillón 2.

Os centros educativos que participarán son o CEIP de Silleda, o CPR María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro, de Trasdeza; de Lalín acudirán o IES Aller Ulloa, o IES Laxeiro; de Vila de Cruces, o IES Marco do Camballón; de A Estrada, o CEIP O Foxo, o CEIP Cabada Vázquez, o CEIP de Figueroa, o IES Manuel García Barros e o IES Losada Diéguez; e de Forcarei estarán os alumnos do IES Chano Piñeiro. En total, só alumnos, serán 925, aínda que tamén irán acompañados dos profesores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario