. A Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. da Torre,
está a organizar varias actividades para a vindeira semana, en que se conmemora
o día das Letras Galegas, este ano dedicado a Valentín Paz Andrade.
Actualmente, na Casa da Cultura de Silleda e na Biblioteca
hai unha exposición biográfica do homenaxeado nesta edición que pode ser
visitada por calquera persoa que se achegue a estas dependencias municipais, de
8.00 a
15.00 horas durante a mañá e de 16.00
a 20.00 horas pola tarde.
Para o vindeiro luns 14 de maio, a devandita concellaría
contempla a realización do Correlingua:
marcha polas rúas, nas que participarán practicamente todos os centros de
ensino secundario da comarca de Deza, así coma o instituto de Forcarei e centros de A Estrada, a prol do idioma
galego.
O martes, 15 de maio, en colaboración con Ecos, a
Concellaría de Cultura prepara o Mercapoemas
e Ceibar Poemas. A primeira destas
actividades consiste en que os comercios asociados a Ecos, poñerán nos seus
escaparates poemas en galego de autores célebres, de Valentín Paz Andrade, ou
de Celso Emilio Ferreiro, que vén de cumprirse un século dende o seu nacemento;
estarán expostos ata o sábado 19 de maio. En Ceibar Poemas, pousar sobres en lugares públicos de Silleda e
Bandeira con poemas dentro, coa finalidade de que a xente os colla e os lea;
logo pode gardalos ou volver a deixalos onde os atoparon para que outros
viandantes poidan lelos tamén.
O 16 de maio participarase no proxecto Vitaminas 17 da campaña Vitaminas para o
Galego, ás 12.00 horas os alumnos do IES Pintor Colmeiro farán a lectura do manifesto
do devandito proxecto e arredor das 17.00 horas, este manifesto será lido polo
escultor trasdezao Fernando Rodríguez diante do Concello.
O propio 17 de maio, día das letras galegas, a devandita
concellaría apoiará a Manifestación nacional pola lingua que nos une convocada
en Santiago de Compostela ás 12.00 horas pola Plataforma Queremos Galego e ao
seu manifesto “Voares de esperanza” elaborado polo escritor Agustín Fernández
Paz.
Durante esa xornada na Ruta da Auga de Parada exporanse por
idea de veciños da parroquia diversos poemas e textos en lingua galega doados
por calquera interesado polas fontes e lavadoiros da parroquia, ao igual que en
anos precedentes.
Este mesmo día, ás 20.00 horas e na Casa da Cultura a
compañía teatral El Producciones representará “Lorca e as flores de Venus”, un
drama epéntico de Marga do Val; a entrada a este espectáculo, que se repetirá
na Bandeira no Centro Cultural Vista Alegre ao día seguinte ás 21.00 horas,
custará 5 euros por persoa.
O sábado 19 de maio, celebrarase a Xornada das Letras
Galegas 2012 da Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, na que haberá
unha conferencia sobre Valentín Paz Andrade que impartirá o Concelleiro de
Cultura e Educación, Matías R. da Torre, ás 17.00 horas no centro social de
Graba. Asemade estará exposta unha serie de textos en galego, e relacionados co
evento.
Tirando á tardiña, contémplase a proxección dun filme galego.
Valentín Paz Andrade é o homenaxeado este ano no día da nosa lingua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario