O IES Pintor Colmeiro e a Concellaría de Cultura e Educación promoven a creación dun clube de lectura na Biblioteca de Silleda
Os maiores de 16 anos interesados/as na iniciativa están convocados o vindeiro xoves día día 27 ás 20.30 horas a una reunión que celebrará na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde se levarán a cabo as xuntanzas do club.
Silleda aposta pola creación dun club de lectura aberto a toda a cidadanía. Esta iniciativa parte do IES Pintor Colmeiro, que xa conta con clubs propios, co apoio da Concellería de Educación e Cultura. Estará aberto a todas aquelas persoas maiores de 18 anos para poñer en común as reflexións que susciten as distintas lecturas. Para a súa posta en marcha convócase aos interesados/as a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves día 27 na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde terá a súa sede o club, ás 20.30 horas.
A proposta xorde para fomentar o hábito de lectura e o diálogo, para ofertar novas posibilidades no tempo de lecer e tamén para converterse nun punto de encontro entre as persoas que compartan o gusto pola lectura. Dende o IES Pintor Colmeiro, tamén apuntan que o club permitirá dar a coñecer contornos sociais e culturais diferentes aos nosos.
O club desenvolveríase nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao a partir dos comezos deste vindeiro ano 2013. “Consideramos que se trata dunha iniciativa moi interesante, para fomentar o hábito da lectura e ampliar a oferta cultural no noso municipio, alén de poder diversificar distintas actividades culturais arredor das lecturas que se realicen”, sinala o concelleiro Matías R. da Torre, que eloxia a iniciativa de Gracia Santorum, do IES Pintor Colmeiro, con dilatada experiencia neste tema e que este curso conta con catros clubs de lectura. Con esta proposta a creación dun club de lectura ábrese a toda a cidadanía de Silleda.
Que é un clube de lectura?
Un club de lectura está formado por un grupo de persoas que len un libro aomesmo tempo e que se xuntanunha vez ao mes para debatersobre o lido e poñer en común as distintas opinións. Os clubs de lectura reúnen dous estímulos: a lectura persoal e íntima a posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.

Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
lunes, 24 de diciembre de 2012
Contacontos na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda. "A Música das árbores" de Anxo Moure
Este mércores 26 de Decembro teremos a oportunidade de desfrutarmos do precioso espectáculo "A música das árbores" destinado ás e aos máis cativas e cativos, e tamén ás súas nais e pais, e que dará comezo ás 16:30 da tarde.
O Contacontos chantadino Anxo Moure
domingo, 23 de diciembre de 2012
O Pai Nadal Chega á Bandeira
Na tarde de Nadal (ás 17:00 horas) como xa é tradicional as rúas da Bandeira e o Centro Cultural Vista Alegre recibirán a visita do Pai Nadal.
jueves, 20 de diciembre de 2012
XII Concerto de Nadal da Banda de Música Muncipal de Silleda, e promete ser abraiante!!!
Este sábado ás 21:00 no Auditorio da Semana Verde de Galiza teremos a extraordinaria oportunidade de ver, escoitar e deleitármonos co espectáculo AS POMBAS DE CARBOEIRO de Fantoches Baj, cola colaboración especial da Banda de Música Municipal de Silleda.
Por tan só 4 euros gozaremos desta espectacular montaxe única. Lembrades que as entradas están á venda na Escola de Música Municipal de Silleda, na Casa da Cultura ou no propio Auditorio anté momentos antes do espectáculo.
Nos quedes sen mçusica, sen son, sen tratro, sen esta grandísima oportunidade!
Por tan só 4 euros gozaremos desta espectacular montaxe única. Lembrades que as entradas están á venda na Escola de Música Municipal de Silleda, na Casa da Cultura ou no propio Auditorio anté momentos antes do espectáculo.
Nos quedes sen mçusica, sen son, sen tratro, sen esta grandísima oportunidade!
Teatro no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira
Mañá venres 21 de decembro ás 8 da tarde-antes da fin do mundo- temos tripla sesión da escola de teatro infantil da Anpa Brincadeira: O CONTO TOLO; A TOUPIÑA,
que serán representadas polo alumnado do Ceip da Bandeira no Auditorio Manuel Dopazo.
Deseguido tamén contaremos coa función teatral a cargo do Grupo de Teatro do Centro Sociocultural de Conxo "Aquí non paga nin dios".
Entrada para maiores de 12 anos: 2 euros
que serán representadas polo alumnado do Ceip da Bandeira no Auditorio Manuel Dopazo.
Deseguido tamén contaremos coa función teatral a cargo do Grupo de Teatro do Centro Sociocultural de Conxo "Aquí non paga nin dios".
Entrada para maiores de 12 anos: 2 euros
miércoles, 19 de diciembre de 2012
Presentadas máis de 340 postais e 88 cartas solidarias aos Reis Magos nos certames para escolares
Os certames creativos para escolares,
organizados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. Datorre, continúan
a ter un grande éxito, con novos récords de participación . Así, nesta edición,
ao concurso de postais presentáronse un total de 345 creacións e no de Cartas
Solidarias aos Reis Magos, un total. Estes traballos foron realizados polos
alumnos da Escola Infantil A Galiña Azul (que presentaron 20 postais); o
alumnado do Ceip da Bandeira, do Ceip de Silleda, do Colexio María Inmaculada e os do IES Pintor
Colmeiro.
A reunión do
xurado terá lugar mañá na Casa da Cultura, onde xa se poden ver tanto ás
postais coma as cartas. O xurado do certame de postais estará formado polos
artistas locais Marisa Miguelez, Adrián Penido e Ramón Vázquez Barcala, mentres
que de xulgar os textos se encargarán outros tres silledenses: o xornalista
silledense Xan Salgueiro, o artista Jorge Conde, e David Iglesias
González, artesán e colaborador en
prensa.
A entrega de
premios nas distintas categorías terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 16.30
horas na Casa da Cultura. En canto aos
premios, haberá tres por categoría, con material escolar (fundamentalmente
libros en galego) e diplomas, así coma dous libros para cada centro escolar que participe.
Mañá xoves celebrase o festival de Nadal do Espazo Lúdico Educativo
. Mañá xoves terá lugar, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da
Casa da Cultura o Festival de Nadal do Espazo lúdico-educativo, iniciativa
coordinada dende a Concellaría de Educación. O certame está aberto a toda a sociedade e
contará con propostas novidosas como a representacións con sombras . Ademais do
conto da muiñeira de Chantada, O conto dos tres porquiños, haberá un poema,
e rimas con números inventadas polos nenos e nenas. Esta proposta
está baseada no libro "Cinco"
de Antonio Rubio.
O festival tamén
contará con danzas ( Don Meliton, do recopilatorio "Un bico e un
cantar" e Debaixo da Figueira, do recopilatorio
"Pelo Gato 24"
Os asistentes tamén
poderán disfrutar con visionados coma o da da festa do Samain no Espazo lúdico.
Ábrese o prazo para quen queira ser paxe na Cabalgata de Reis.
@s nen@s interesad@s en participar na Cabalgata de Reis como paxes xa se poden anotar na Casa da Cultura a través do tlf. 986581028. Poden anotarse cativ@s entre 5 e 11 anos.
Silleda recupera a figura do apalpador
O Apalpador, unha figura lendaria do Nadal galega escasamente conservada nas montañas orientais do noso país está a ser recuperada polo concello de Silleda, consciente da importancia de reivindicación e recuperación da cultura do país:
-O día 14 tivo lugar a visita do Apalpador e dun dos seus tranos aos 3 colexios do concello.
-Dende o día 18 fica unha recreación explicativa do personaxe na Casa da Cultura de Silleda alén, dun xogo de palabras participativo co mesmo Apalpador.
-O día 24, a partir das 7 da tarde o Apalpador fará un pasarrúas pola vila de Silleda, e o 31 na vila da Bandeira á mesma hora.
-O día 14 tivo lugar a visita do Apalpador e dun dos seus tranos aos 3 colexios do concello.
-Dende o día 18 fica unha recreación explicativa do personaxe na Casa da Cultura de Silleda alén, dun xogo de palabras participativo co mesmo Apalpador.
-O día 24, a partir das 7 da tarde o Apalpador fará un pasarrúas pola vila de Silleda, e o 31 na vila da Bandeira á mesma hora.
O Apalpador descóbrenos o Arco da Vella
domingo, 16 de diciembre de 2012
Carlos Callón presentará o martes en Silleda o seu libro “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”
O
vindeiro martes día 18, dentro da programación de Nadal, terá lugar en Silleda
a presentación do libro “Como falar e escribir en galeg con corrección e
fluidez”, de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
A cita será ás 21.00 horas na biblioteca municipal Daniel Castelao, e ademais
do autor da obra, participarán o concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre e
o coordenador de Queremos Galego Deza,
Afonso Leal.
Editada
por Xerais, nesta obra práctica Callón, de xeito desenfadado e mediante
anécdotas, ofréce consellos para darmos o paso de usar o galego e para
mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos
aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non
son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público
diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala
ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
Carlos Callón (Ribeira, 1978) é presidente da Mesa pola
Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e da
Fundación Via Galego, así como portavoz nacional da plataforma unitaria
Queremos Galego. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de
Linguas Minorizadas. Profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e
investigador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un
prolífico conferencista. Foi tamén concelleiro na súa vila natal e membro do
Consello Asesor de RTVE-G. Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence.
A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005), En castellano no hay
problema (Xerais, 2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais,
2011) Premio Redelibros de Ensaio, Amigos e sodomitas (2011) Premio Vicente Risco
de Ciencias Sociais e Premio Fervenzas Literarias de Ensaio e Como escribir en
galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012). Obtivo tamén varios galardóns
pola súa obra de creación, entre os cales salienta o Premio Internacional de
Teatro Breve Lauro Olmo (1996). Ademais de colaborar con asiduidade en varios
medios de comunicación, mantén o blogue www.carloscallon.com
jueves, 13 de diciembre de 2012
Silleda estrea o programa de Nadal con máis actividades ca nunca!
Coa fin de dar á cidadanía unha amplísima oferta cultural e de lecer para este Nada, o Concello de Silleda crea o programa con máis actividades que nunca se viron neste concello.
sábado, 8 de diciembre de 2012
Maratón de Cinema de ADELLIS
Outro ano máis o cinema de calidade ten o seu lugar no Trasdeza grazas á labor que estas datas, como xa é tradicional, fai a Asociación Sociocultural ADELLIS.
A cita será o vindeiro sábado 15 de Decembro, as 15:55 e rematará ben entrada a madrugada cun filme sorpresa (como xa é habitual),cun total de 6 películas.
Achégate!
A cita será o vindeiro sábado 15 de Decembro, as 15:55 e rematará ben entrada a madrugada cun filme sorpresa (como xa é habitual),cun total de 6 películas.
Achégate!
sábado, 1 de diciembre de 2012
O local social de Ansemil-Martixe acolle durante tres xornadas un curso de coñecemento do viño
O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11,
12, e 13 deste mes de decembro un curso de coñecemento da cultura do viño. A cita será a partir
das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de
Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia.
A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24
prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da
Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de
Silleda (986 581021).
O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona
galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata
coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do
viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.
A cita
está coorganizada polas Concellerías de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías
R. Da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A
idea é realizar un primeiro achegamento
teórico práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de
orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a
elaboracion do viño.
“Trátase dunha iniciativa que se
podería repetir se houbera interese, especialmente na zona nordeste do
Concello, cara ao val do ulla, onde a produción de viño xa é
considerabel”, engade o concelleiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)