O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11,
12, e 13 deste mes de decembro un curso de coñecemento da cultura do viño. A cita será a partir
das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de
Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia.
A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24
prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da
Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de
Silleda (986 581021).
O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona
galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata
coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do
viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.
A cita
está coorganizada polas Concellerías de Cultura e Participación Cidadá, que dirixe Matías
R. Da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A
idea é realizar un primeiro achegamento
teórico práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de
orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a
elaboracion do viño.
“Trátase dunha iniciativa que se
podería repetir se houbera interese, especialmente na zona nordeste do
Concello, cara ao val do ulla, onde a produción de viño xa é
considerabel”, engade o concelleiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario