Etiquetas

lunes, 24 de diciembre de 2012

Clube de lectura na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda o vindeiro xoves 27

O IES Pintor Colmeiro e a Concellaría de Cultura e Educación promoven a creación dun clube de lectura na Biblioteca de Silleda

Os maiores de 16 anos interesados/as na iniciativa están convocados o vindeiro xoves día día 27 ás 20.30 horas a una reunión que celebrará na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde se levarán a cabo as xuntanzas do club.

Silleda aposta pola creación dun club de lectura aberto a toda a cidadanía. Esta iniciativa parte do IES Pintor Colmeiro, que xa conta con clubs propios, co apoio da Concellería de Educación e Cultura. Estará aberto a todas aquelas persoas maiores de 18 anos para poñer en común as reflexións que susciten as distintas lecturas. Para a súa posta en marcha convócase aos interesados/as a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves día 27 na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde terá a súa sede o club, ás 20.30 horas.

A proposta xorde para fomentar o hábito de lectura e o diálogo, para ofertar novas posibilidades no tempo de lecer e tamén para converterse nun punto de encontro entre as persoas que compartan o gusto pola lectura. Dende o IES Pintor Colmeiro, tamén apuntan que o club permitirá dar a coñecer contornos sociais e culturais diferentes aos nosos.

O club desenvolveríase nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao a partir dos comezos deste vindeiro ano 2013. “Consideramos que se trata dunha iniciativa moi interesante, para fomentar o hábito da lectura e ampliar a oferta cultural no noso municipio, alén de poder diversificar distintas actividades culturais arredor das lecturas que se realicen”, sinala o concelleiro Matías R. da Torre, que eloxia a iniciativa de Gracia Santorum, do IES Pintor Colmeiro, con dilatada experiencia neste tema e que este curso conta con catros clubs de lectura. Con esta proposta a creación dun club de lectura ábrese a toda a cidadanía de Silleda.

Que é un clube de lectura?

Un club de lectura está formado por un grupo de persoas que len un libro aomesmo tempo e que se xuntanunha vez ao mes para debatersobre o lido e poñer en común as distintas opinións. Os clubs de lectura reúnen dous estímulos: a lectura persoal e íntima a posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario