Etiquetas

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Presentadas máis de 340 postais e 88 cartas solidarias aos Reis Magos nos certames para escolares


Os certames creativos para escolares, organizados pola Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. Datorre, continúan a ter un grande éxito, con novos récords de participación . Así, nesta edición, ao concurso de postais presentáronse un total de 345 creacións e no de Cartas Solidarias aos Reis Magos, un total. Estes traballos foron realizados polos alumnos da Escola Infantil A Galiña Azul (que presentaron 20 postais); o alumnado do Ceip da Bandeira, do Ceip de Silleda,  do Colexio María Inmaculada e os do IES Pintor Colmeiro.
A reunión do xurado terá lugar mañá na Casa da Cultura, onde xa se poden ver tanto ás postais coma as cartas. O xurado do certame de postais estará formado polos artistas locais Marisa Miguelez, Adrián Penido e Ramón Vázquez Barcala, mentres que de xulgar os textos se encargarán outros tres silledenses: o xornalista silledense Xan Salgueiro, o artista Jorge Conde, e David Iglesias González,  artesán e colaborador en prensa.
A entrega de premios nas distintas categorías terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 16.30 horas na Casa da Cultura.   En canto aos premios, haberá tres por categoría, con material escolar (fundamentalmente libros en galego) e diplomas, así coma dous libros  para cada centro escolar que participe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario