Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
miércoles, 27 de junio de 2012
Segunda reunión do Consello da Cultura
O Consello Municipal da Cultura, que agrupa a todas as institucións culturais do concello, así coma ao concelleiro Matías R. da Torre, reunirase o vindeiro venres 29 de Xuño ás 20:30 na Casa da Cultura de Silleda.
viernes, 22 de junio de 2012
Presentación do poemario "De nuevo en el camino"
A escritora orixinaria do Castro, María José Montero, presentou hoxe na Biblioteca Municipal Daniel Castelao o seu poemario "De nuevo en el camino". Este acto foi amenizado pola acordeonista de Breixa, Rocío Mosquera.
jueves, 21 de junio de 2012
Reunión do Consello Municipal da Educación para artellar o vindeiro curso
Hoxe pola tarde tivo lugar, na Casa da Cultura de Silleda, unha reunión do Consello Municipal da Educación para artellar o vindeiro curso. O Consello Municipal da Educación está integrado por representantes das entidades educativas do centro e máis das ANPAs Brincadeira e Pícaros, así coma polo concelleiro de Educación, Matías R. da Torre.
martes, 19 de junio de 2012
Festa e literatura en Saídres
A parroquia de Saídres acollerá o vindeiro sábado 23 de Xuño, canda a súa tradicional festa patronal na honra de San Xoán, a presentación da obra "Historia de Saídres" de Manuel Fernández Rey, natural da mesma parroquia.
O acto terá lugar no campo da festa de Saídres ás 19:30 horas.
O acto terá lugar no campo da festa de Saídres ás 19:30 horas.
A Romería do Rapaz recupera a súa esencia inicial co protagonismo dos nenos e nenas e obradoiros más activos e didácticos
A Romería do Rapaz voltará o vindeiro
domingo día 24 a Siador co obxectivo de recuperar a súa esencia inicial. Así o
afirmou hoxe o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre durante a
presentación da 24 edición da festa, todo un referente para moitas xeracións de
silledenses. O programa contará así con máis obradoiros simultáneos que nos
últimos anos, “buscando actividades menos pasivas para os nenos, auténticos
protagonistas, e tamén cunha visión máis educativa”, matizou o concelleiro que
debullou o amplo programa de actividades que se celebrarán ao longo de toda a
xornada.
Ademais dun obradoiro de títeres, con
membros da compañía Viravolta, haberá outro de xoguetes con materia de
refugallo, outro de artes plásticas (con Jorge Conde e Fernando Rodríguez), e
tamén como novidade un onde os membros da Asociación de Veciños A Costa
ensinará a facer as afamadas rosquillas de Abades. Tamén se estrea outro
titulado Divertímonos co Bosque, do colectivo de Educación Ambiental e non
faltarán outros clásicos coma o obradoiro de maquillaxe, de chapas, cestería e
sombreiros de palla (con Manuel Liñares e Carmen Recimil), de cousas da-da con
Adriana Rey, ou o de coiro, con José Villar. Neles participarán tamén alumnos
do curso de monitor de tempo libre celebrado recentemente en Silleda.
Matías Rodríguez destacou tamén a
colaboración da Anpa Brincadeira de Bandeira e Pícaros do CEIP de Silleda, ou
do IES Pintor Colmeiro, que realizarán un Lip dub, buscando implicar á
comunidade educativa. Así estará tamén presente a Escola de Música Municipal,
cunha Entrada Real prevista para as 19.00 horas. No recinto de Siador tampouco
faltarán espectáculos de títeres, un obradoiro de circo con Ghazafellos, os
gaiteiros da Pereiriña, a actuación de Kote Malabar, a casa dos xogos, con
Cedric Bouchard, unha ludoteca itinerante, e por suposto xogos hinchables,
multiaventura, deporte, coa exhibición da escola municipal de kung fu, ou os
tiralatas e campionato de pano en familia.
O
tradicional desfile no que parcipan a comunidade do CEIP de Silleda e nenos e
nenas do Cascarón adicarase este ano a pesonaxes de conto.
O espectáculo fin de festa, ás 20.30
horas, correrá a cargo de Pablo Díaz, con Tic-Tac, unha montaxe musical.
Semana de preparación e
promoción na comarca
Matías Rodríguez estivo acompañado por
dous dos coordinadores que levan tempo traballando no programa, Chus Caramés
(de Xandobela) e Anxo García Basterra, e Viravolta, que xa ao longo desta
semana traballan cun grupo de nenos e nenas na preparación do recinto e na
confección dun cabeduzo (o paiado da Romaría).
Chus Caramés explicou que se busca que
os nenos sexan os propios organizadores traballando a educación en valores como
a reciclaxe ou o coidado do medio. Pola súa banda, Anxo García destacou a
implicación “de todo Silleda” nesta celebración que calificou de a “envexa dos
que traballamos para o público infantil”.
Así mesmo, e dado que a romaría,
plenamente consolidada, traspasou xa as fronteiras de Silleda, a celebración
promocionarase estes días nos colexios de municipios limítrofes (Merza, Piloño,
Vilatuxe, Prado, Oca, O Foxo, Forcarei…). Datorre agradeceu tamén a
participación de empresas colaboradoras e da comunidade dos Pais Saletinos de
Siador.
Chus Caramés, Anxo García e Matías R. da Torre cunha chea de nenos durante a presentación na Saleta
miércoles, 13 de junio de 2012
Silleda será o punto de arranque das xornada de Aega para dar a coñecer á cidadanía o valor da arqueoloxía e o patrimonio
O municipio de Silleda será o punto de arranque en Galicia das xornadas Novidades da Arqueoloxía Galega, organizadas pola Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía (Aega) para informar do significado real da arqueología e o patrimonio. A cita trasdezá, coa que colabora a Concellaría de Cultura, comezará o venres ás 20.30 horas na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde haberá varias disertacións sobre o patrimonio, con intervencións abertas ao público en xeral. O arqueólogo silledense Israel Picón Platas, que hoxe presentou as xornadas xunto co concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, abre a sesión falndo do patrimonio arqueológico do concello de Silleda, municipio que atesoura máis de 100 xacementos, entre eles uns 24 castros. Continuará os relatorios Sara Rodríguez Souto, falando das descubertas recentes en Galicia na última década e pechará Juan Carlos Castro Carrera, coa conferencia titulada O patrimonio en tempos de crise, con cuestións máis candentes e conflictivas nas que disertará sobre a arqueología de xestión fronte á de investigación, entre outros asuntos.
A cita silledense continuará o sábado día 16 cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz (ás 11.00 horas), guiada por membros do colectivo organizador. O arqueológo Israel Picón explicou hoxe durante a presentación que se agarda a presenza de arqueólogos e profesionais da xesión do patrimonio, e eloxiou a aposta realizada no municipio por poñer en valor nos últimos anos xacementos coma o Castro de Toiriz ou a Copa do Castro, agradecendo a iniciativa das asociacións que o promoveron.
Pola súa banda, o concelleiro Matías Rodríguez incidiu na visión clarexadora das xornadas, de interese para o público en xeral, os interesados no patrimonio cultural e mesmo para aqueles que sospeiten da existencia de xacementos nas súas propiedades “para saber cómo actuar, como limpar ou garantir a súa accesibilidade”, engadiu. Ademais da relación afectiva con Silleda, ao ser Israel Picón natural de Refoxos, outro dos motivos de iniciar as xornadas en Silleda débese, segundo explicou o arqueólogo, á centrica situación da localidade ou ao “extenso traballo realizado no ano 86 polo arqueólogo silledense Xulio Carballo”.
A segunda cita será no concello coruñés de Boiro, no centro arqueológico de Neixón e dende Aega tamén se está a negociar cos municipios de Celanova (Ourense) e Meira (Lugo), para continuar con estas xornadas.

viernes, 1 de junio de 2012
Por un Sahara Libre! Xornada sobre o conflicto do Sahara Occidental o 9 de Xuño
O sábado 9 de Xuño terá lugar unha xornada informativa sobre o Conflicto do Sahara Occidental na Biblioteca Pública Daniel Castelao (na Casa da Cultura de Silleda) .
A presentación das xornadas tivo lugar o venres 1 de Xuño na Biblioteca Municipal, e contou coa presenza de Matías R. da Torre, concelleiro de Cultura e Cidadanía que salientou a importancia de dar a coñecer "a situación na que está a nación saharaui, así como a ideosincrasia cultural e a identidade nacional deste pobo".
Pola súa banda Pablo Romeo sfixo fincapé na situación social da antiga colonia española " que ve entre a ocupación (onde se están a producir flagrantes violacións dos dereitos humanos) a división (por un longuísimo muro que os separa) e o exili, nos campos de refuxiados" e que " os rapaces que veñen a pasar o verán con familias galegas, veñen poque hai un conflicto no seu país, conflico do que o Estado español ten unha fonda responsabilidade histórica" . Tamén estivo presente Beatriz Vidal Sánchez, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel de Escuadro, que recentemente organizou unha cea a prol do pobo saharaui.
A xornada do Sçabado 9 de Xuño comezará ás 18:00 horas coa proxección do documental "Un grito en el Sahara",seguido dunha mesa redonda, xa ás 19:00 horas, que leva por título "Entre a ocupación e o exilio" e na que participarán:
Maite Isla (Presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí)
Ahmedu Mojtar (Delegado da Fronte Polisario na Galiza)
Matías R. da Torre (Concelleiro de Cultura e Cidadanía en Silleda)
Pablo Romeo (Responsable local da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí)
Cara as 20:30 proxectarese o documental "Gdeim Izik" sobre o movemento de rexeitamento á ocupación e a prol da dignidade do pobo saharauí que tivo lugar nas aforas de El Aaiun no 2010, e que é considerado o detonante da chamada "Primavera Árabe".
Rematarase cun coloquio para as 21:15 horas.

Aspecto da presentación na Biblioteca Daniel Castelao de Silleda
Cartaz das actividades
domingo, 27 de mayo de 2012
Asociacion Cultural Vista Alegre da Bandeira presenta a súa Semana Cultural do 2012
A Bandeira ten unha moi interesante Semana Cultural, organizada no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira e que conta no seu programa con:
MARTES 5 DE XUÑO
20´00 h.: Inauguración da Semana
Cultural e presentación da exposición “AS BASES DA BANDA”
(Exposición sobre Banda deseñada cedida pola Consellería de Cultura da Xunta de
Galicia)
20´30 h.: Representación Teatral:
“Teatro da Falúa” (Santiago)
Obra: "Falúa's Flying Circus" (gañadora do premio ao mellor espectáculo na mostra de Teatro Universitario)
MÉRCORES 6 DE XUÑO
17´00 h.: Presentación do poemario sol
rebulideiro, do escritor estradense Xosé Luna
18´30 h.: Demostración de Xogos
Infantís “a casa dos xogos” a cargo de Cedric Bouchard
XOVES 7 DE XUÑO
19´00 h.: Conferencia: “Prevención
de riscos nas redes sociais”
Impartida por un técnico da Garda
Civil de Pontevedra
20´00 h.:
Entrega de distinción ó lector máis ávido da Biblioteca 2011
VENRES 8 DE XUÑO
20´30 h.: Acto de Clausura da Semana
Cultural
Charla Didáctica: “Arredores
da Bandeira, unha transición xeográfica suave” por Afonso Leal
(Xeógrafo)
Mostra de Traxes Rexionais (Grupo
Xirandola).
Actuación
dos Gaiteiros e pandereteiras de Xirandola
Peche da Semana Cultural por D.
Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística)
Xa falta so unha semana para os Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro!!!
Á Asociación Intercultural Santa Ferreña non lle pon medo o número 13. Este ano, como cada
primeiro sábado de xuño, terán lugar na contorna de Carboeiro os XIII Encontros de Música
Tradicional. Contra a superstición, foliada, tradición e festa “ata que o corpo aghuante”.
O sábado 2 de xuño, nos arredores do mosteiro de Carboeiro (Silleda), a Asociación Cultural Santa Ferreña celebra os XIII Encontros de Música Tradicional. Unha cita clave que xa leva unha longa tradición para artesás, bailadores, músicos, teatreiras, ou calquera que queira gozar dunha festa “coma as de toda a vida”.
A Santa Ferreña non é supersticiosa, e os XIII Encontros prometen: coa súa pandeireta na man e o sorriso imperecedoiro, esta santa pagá escorrenta todas as meigas, dende o comezo da festa, por volta das 13.00, “ata que o corpo aghuante”. A sesión vermú estará amenizada por músicos da bisbarra, e por todos aqueles que queiran botar unhas pezas, xa que esta festa caracterízase porque a fronteira que separa “público” e “artistas” desaparece:
todo o mundo participa, sexa tocando, cantando, bailando, ou pasándoo ben. O que pasa en Carboeiro é posible grazas á colaboración desinteresada de todas aquelas persoas que queren manter vivas a festa e a cultura tradicional.
Será tamén desta hora cando saia en procesión a Santa Ferreña, acompañada polos cabezudos de Viravolta. Segue así un costume da festividade do Corpus en Santiso e Laro, cando as procesións eran acompañadas polos “papamoscas” (xigantes coa mandíbula solta). Antes, terá lugar a poxa das andas: unha tradición pola que os máis devotos e devotas poxarán polo seu posto para carrexar a santa do campo da festa ata o mosteiro. Neste momento tamén quedará aberta ao público a exposición “Na punta do pé”, de calzado tradicional, realizada co asesoramento da casa do zoqueiro de Merza (Alfonso e Helena Ferro, pai e filla pertencentes a unha estirpe de artesáns do calzado) e mais Luís Prego (investigador de patrimonio inmaterial). E logo desta procesión, dará comezo o xantar popular, con empanada, carne ao caldeiro e larpeira de sobremesa, amais de pan, viño ou auga e café “con ghotas”. O prezo, acorde tamén con esa vontade de rirse da superstición (e da crise!), será de 13 euros.
Ao tempo haberá tamén, xa dende primeira hora, unha feira de artesanía (con produtos coma instrumentos tradicionais, coiro, prata, xoias, abelorios, ou cosmética natural). Xa na sobremesa, para baixar o xantar podemos botar unhas bailas, ou gozar dos xogos tradicionais para cativos e non tan cativos, da man de Xandobela e Itaca , de Compostela. Como é costume, poderase escoitar tamén a contada de Celsiño Fernández Sanmartín, “Lingua que baila”. Este conta contos leva anos investigando, recollendo, e sobre todo, compartindo e gozando as historias.
Non han faltar visitas guiadas ao mosteiro, con Tesouros Novos. Ademais, quen teña gana de coñecer máis de preto o mundo do calzado tradicional pode achegarse ás conversas que terán lugar na sala de exposicións, onde as zocas, os zocos e os zapatos de festa estarán ben acompañados polos títeres do Museo da Marioneta-Casa do Títere de Lalín. Poderemos ver na sala unha mostra representativa “de cando os zapatos se gardaban coma ouro en pano”, contan dende a Asociación Cultural Santa Ferreña. “Quen tiña para comprar zapatos, que non era todo o mundo, tiña un único par para usar no día de festa, e había que coidalo moito, que non lle pasase nada”. Mesmo había quen pintaba os zocos, cun tizón e con graxa, para que parecesen zapatos, e en todas as casas remendábanse
ata máis non poder.
Ao que se vaia facendo noite, seguirán soando gaitas e ferreñas, os pés (con calzado ou sen el) seguirán bailando e as voces seguirán cantando... Ata a xa tradicional “procesión de pola mañá”, á que só chegan uns poucos valentes que volven honrar a Santa Ferreña cando raia o novo día. Sen medo ningún do 13, a Santa Ferreña proclama un ano máis “Viva a xuventude! (e a xente vella, que non morra)”.

O prazo para participar no campamento de verán abrirase o vindeiro luns día 28
O vindeiro
luns día 28 de maio abrirase o prazo de
inscrición no campamento de verán, dirixidos a alumnos con idades comprendidas
entre os 3 e os 12 anos. O horario será, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e
de 16.00 a 20.00 horas. O campamento iniciarase o 22 de xuño e rematará o día 7
de setembro.
Imaxe do CEIP de Silleda
Segundo explica o concelleiro de Educación, Matías Rodríguez
da Torre, o campamento incluirá diversas actividades lúdico educativas. Así,
ademais de sesións de reforzo dos contidos escolares, a oferta inclúe
manualidades, xogos en inglés, xincanas, actividades multideporte, xogos
temáticos, piscina, animación á lectura, xogos populares, sesións de ciencia
divertida, de cociña e tamén pequenas saídas.
As actividades terán a súa base no pavillón do CEIP de
Silleda. Nas instalacións do CEIP da Bandeira tamén se ofertará o campamento de
verán, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 15 menores
participantes. No caso de non xuntarse, os nenos/as anotados poderán asistir ás
instalacións de Silleda.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Para poder participar é preciso cubrir unha folla que estará a dispocición dos
usuarios nos citados colexios públicos e tamén no Concello de Silleda, e
despois entregala no rexistro municipal.
III edición de Música a Fartar o 23 de Xuño na Bandeira
Por terceiro ano consecutivo a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira organiza o certame "Música a Fartar" cun programa moi completo:
13:00 horas, pasarrúas a cargo das seccións infantil, xuvenil e de veteranos da propia banda bandeirense.
14:00 horas, actuacións da Banda de Veteranos da Bandeira, Banda Xuvenil da Bandeira e dos grupos de baile da vila trasdezá: Fortín da Pomba e Xirandola.
Xantar popular para os asistentes por 12€ (cómpre reservar chamando 617 736 473)
Pola tarde, concurso "Ti si que soplas" con: O quinteto Brass Bandeira; Hemiolía Band; Pifiada Brass; Pepeluis Percusión; o coro Vales Mahía; o grupo La Vida Loca; o0 grupo Banda de A Bandeira; o grupo Banda de Merza; Oompa Loompa; Big Bandeira; Merza Brass e por último, a Magnifique Band dos Homes sen Medo.
Xa cara a medianoite haberá unha grande queimada amenizada polo grupo Caribe Azul.
Durante toda esta xeira festiva sortearanse duas ceas para 2 persoas na Casa da Capilla (Gres)
13:00 horas, pasarrúas a cargo das seccións infantil, xuvenil e de veteranos da propia banda bandeirense.
14:00 horas, actuacións da Banda de Veteranos da Bandeira, Banda Xuvenil da Bandeira e dos grupos de baile da vila trasdezá: Fortín da Pomba e Xirandola.
Xantar popular para os asistentes por 12€ (cómpre reservar chamando 617 736 473)
Pola tarde, concurso "Ti si que soplas" con: O quinteto Brass Bandeira; Hemiolía Band; Pifiada Brass; Pepeluis Percusión; o coro Vales Mahía; o grupo La Vida Loca; o0 grupo Banda de A Bandeira; o grupo Banda de Merza; Oompa Loompa; Big Bandeira; Merza Brass e por último, a Magnifique Band dos Homes sen Medo.
Xa cara a medianoite haberá unha grande queimada amenizada polo grupo Caribe Azul.
Imaxe da Carballeira de Silva lugar de celebración do festexo musical
sábado, 26 de mayo de 2012
A Concellaría de Educación organiza un roteiro histórico polo noso concello cos alumnos do Ciclo de Actividades Fisico-Deportivas no Medio Natural para os alumnos do IES Pintor Colmeiro
Tivo lugar o pasado venres 25 de Maio e contou coa participación de persoal da Concellaría de Eduación e de alumnos e profesores do Ciclo de Actividades Fisico-Deportivas no Medio Natural. O obxectivo era o coñecemento histórico do noso concello percorrendo varias elementos senlleiros de cada época.
Imaxe do percorrido histórico
viernes, 25 de mayo de 2012
Semana Cultural en Laro
A Asociación de Amigos da Tortilla de Laro, en colaboración coa Concellaría de Cultura vai levar a ca bo:
26 de Maio a partir das 16:00 horas día adicado aos nenos con xogos e a proxección do filme galego de animación: O soño dunha noite de San Xoán.
27 de Maio a partir das 17:00 horas xogos populares para vellos e novos.
30 de Maio (a partir das 21: 00 horas) e 31 de Maio todo o día, exposción de fotos antigas dos nosos veciños e cadros antigos da Romaría da Tortilla.
2 de Xuño xantar popular e posterior festa amenizada cun dúo.

Integrantes da Asociación de Amigos da Tortilla co Concelleiro de Cultura na presentación da Semana Cultural.
Vindeiras reunións de Participación Cidadá
Serán en Siador (o martes 29 de Maio) e en Fiestras (o mércores 30) ambas ás 22:00 horas.
miércoles, 23 de mayo de 2012
Ruada nos Lavadoiros de Parada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)