O vindeiro
luns día 28 de maio abrirase o prazo de
inscrición no campamento de verán, dirixidos a alumnos con idades comprendidas
entre os 3 e os 12 anos. O horario será, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e
de 16.00 a 20.00 horas. O campamento iniciarase o 22 de xuño e rematará o día 7
de setembro.
Imaxe do CEIP de Silleda
Segundo explica o concelleiro de Educación, Matías Rodríguez
da Torre, o campamento incluirá diversas actividades lúdico educativas. Así,
ademais de sesións de reforzo dos contidos escolares, a oferta inclúe
manualidades, xogos en inglés, xincanas, actividades multideporte, xogos
temáticos, piscina, animación á lectura, xogos populares, sesións de ciencia
divertida, de cociña e tamén pequenas saídas.
As actividades terán a súa base no pavillón do CEIP de
Silleda. Nas instalacións do CEIP da Bandeira tamén se ofertará o campamento de
verán, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 15 menores
participantes. No caso de non xuntarse, os nenos/as anotados poderán asistir ás
instalacións de Silleda.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Para poder participar é preciso cubrir unha folla que estará a dispocición dos
usuarios nos citados colexios públicos e tamén no Concello de Silleda, e
despois entregala no rexistro municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario