Etiquetas

jueves, 26 de julio de 2012

AS BASES DE SUBVENCIÓNS DE CULTURA ESTÁN PREPARADAS E APROBADAS


A Concellaría de Cultura do Concello de Silleda que dirixe o Concelleiro do BNG, Matías Rodríguez da Torre, anunciou que logo de saíren os orzamentos municipais, o pasado venres se aprobaron as bases de subvencións para actividades culturais dirixidas ás asociacións rexistradas no rexistro municipal. A estas agora quédalle un último trámite que é a publicación dixital no Boletín Oficial da Provincia da Deputación Provincial, polo que o Concelleiro agarda que en setembro como máximo estean ao dispor dos colectivos para estes poder presentar os seus proxectos.
Este ano dotáronse con 39.000 euros, aproximadamente un 20% menos que as concedidas o ano anterior, e poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais e asociacións veciñais, educativas ou outras entidades sociais que presten servizos ou organicen actividades sen fin de lucro do tipo (organización de actividades que fomenten a cultura, a educación, o turismo ou a participación cidadá como cursos e obradoiros, celebracións tradicionais, viaxes, certames, etc.) e para gastos en infraestruturas e equipamento cultural, todos no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 10 de decembro de 2012.
Desde a Concellaría de Cultura tentáronse simplificar os trámites para a presentación da documentación, polo que se subirán á web municipal e o blogue de participación cidadá modelos de toda a documentación a presentar, fichas que tamén se poderá recoller no propio Concello, e que axudarán a estandarizar a información presentada polos interesados, aos cales se lles avaliará até 10 puntos a antedita documentación en base aos seguintes criterios,
-       Interese xeral e calidade das actividades a desenvolver. (até 4 puntos)
-       Número de beneficiarios directa ou indirectamente. (até 2 puntos)
-       Carácter permanente ou periódico das actividades obxecto de subvención, en base ao número de actividades ou proxectos realizados ou con proxección de cara ao futuro. (até 2 puntos)
-        Contribución á normalización da lingua e cultura galegas. (até 2 puntos)

O Concelleiro tamén deixou claro que  non serán subvencionábeis os gastos de mantemento ordinario: auga, luz, gas, comidas e bebidas e teléfono. Só se admitiran os gastos provenientes de seguros ou alugueiros se estiveren directamente relacionados coas actividades obxecto da subvención. E tamén se ofrece a novidade da posibilidade de cobranza anticipada até un máximo do 50% dos gastos coa pertinente xustificación dos mesmos. En palabras de Matías R. da Torre “as subvencións teñen que servir para colaborar ao máximo naqueles actividades que teñn un fundamento cultural, priorizando as que aposten pola formación, o desenvolvemento turístico e a participación veciñal”

lunes, 16 de julio de 2012

OS XENERAIS DA BANDEIRA REPRESENTARON UN ATRANCO NA FREGUESÍA DE VILA DE PUNHE, VIANA DO CASTELO, PORTUGAL.


O pasado sábado 14 de xullo os Xenerais da Bandeira estiveron representando aos Xenerais da Ulla no festival de Teatro Popular do eixo Atlántico celebrado no lugar de Largo das Neves na freguesía portuguesa de Vila de Punhe, pertencente a cámara municipal de Viana do Castelo. No festival de teatro organizado pola cámara de Viana de Castelo e o Auto das Floripes participaron colectivos da Galicia como os Xenerais da Bandeira e veciños e veciñas do Concello Lucense de Cervo, xunto a colectivos de teatro popular da zona do eixo atlántico Portugués.
Os Xenerais da Bandeira representaron o sábado 14 ás 18 h un atranco de seis xenerais con correos e sentinelas, no que reflexaron un bando invasor da Galicia e un bando defensor de Portugal. As súas arengas trataron temas de actualidade Portuguesa e Galega sen esquecer que os dous países son irmáns compartillando mesma cultura e agora rescate económico, así como tamén se fixeron alusións o uso elevado de galeg@s do aeroporto internacional de Porto, a figura de Cristiano Ronaldo, referencias aos xenerais da revolución dos caraveis ou a reconquista dos territorios galaicos da época de Gallaecia.
É de sinalar que se estableceron contactos co colectivo organizador, Auto das Floripes, tanto por parte da Concellería de Cultura de Silleda como polos organizadores para comezar unha vía de comunicación cara a posibilidade de que na vindeira edición se poida realizar unha xornada do Eixpressoes na Bandeira. ´
Hai que lembrar que o festival continúa nesta vindeira fin de semana en Xinzo da Limia, no que estarán presentes os Moros e Cristianos do Auto das Floripes, e remata na fin de semana do 28 e 29 de xullo en Viana do Castelo con representacións das pantallas, cigarróns, peliqueiros, da Maruxaina do norte de Lugo e os Xenerais de Vedra.


A II Romaría da Fervenza de Escuadro será o vindeiro sábado 21 de Xullo

    Esta mañá tivo lugar, na Casa da Cultura de Silleda a presentación da Romaría da Fervenza de Escuadro, na cal estiveron presentes do concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre e mais representantes da directiva da Asociación O Son da Ferveza.



Un día cheo de música e lecer, que contará coa participación dos seguintes grupos:

- Bico da Balouta, Agolada
- O Arco de Merza (Vila de Cruces)
- Lume na Lareira, (A Estrada)
- Almuíña Pandereteiras,(Escuadro)
- Pao de Buxo, (Saídres)
- Pandereteiras de Curantes (A Estrada)
- Camballeira, (A Estrada
- Ruadeiras de Loimil (A Estrada)
- Gaiteiros da Pereiriña (Ansemil-Martixe)
- O Son da Fervenza, (Escuadro).


O programa para ese día de festa será o segunte:

-          A partir das 12:00 h. da mañá, os Grupos participantes farán a súa presentación coa interpretación de tres pezas.
-          Pregón a cargo de D. Rafael Agulló Albors ( Director da Banda Municipal da Silleda e Coro da Fervenza ).
-          Unha vez rematado o Pregón todos os Grupos interpretarán conxuntamente o Pasodobre de “ San Roque “.
-          A continuación comida campestre para todos os que queiran asistir. Haberá postos de bar, pulpeiros, rosquilleiras e artesáns.
-          Comida de confraternidade de tódolos Grupos.
-          A partir das catro da tarde actuación de todos os Grupos asistentes ( A duración será duns 45 minutos por grupo, aproximadamente ).
-          Cea de confraternidade.
-          Foliada para todos os que o desexen.
-          Haberá festa ata que o corpo aguante.
-          Haberá café para todo e toda durante todo o día






viernes, 13 de julio de 2012

O Xenerais da Bandeira estarán presentes no Encontro de Teatro Popular do Eixo Atlántico

Será o sábado 14 de Xullo en Largo das Neves (Viana do Castelo, Portugal) onde os Xenerais da Bandeira farán unha demostración das súas arengas, dentro desta senlleira mostra de teatro, demostrando o particular caracter do Entroido da Ulla.


Unha foto antiga do "Entroido dos Xenerais" na Bandeira


sábado, 7 de julio de 2012

viernes, 6 de julio de 2012

Silleda súmase ao proxecto ‘Goza do Ulla’, cun roteiro polo Baixo Deza


O Concello de Silleda vén de sumarse ao proxecto Goza do Ulla, una iniciativa posta en marcha hai xa dous anos, coa realización de roteiros de sendeirismo nos municipios que forman parte da ribeira do Ulla. A cita con Silleda está prevista para o vindeiro día 12 de outubro. O roteiro proposto é o do Baixo Deza, cunha distancia de 11,4 kilómetros, a realizar nun tempo estimado de 4 horas e cunha dificultade meda.
O percorrido deseñado pola Concellaría de Turismo de Silleda parte da Mámoa da Chousa Nova, na parroquia de Abades, e remataría no lugar de Fucarelos (Cira), no lugar onde o Deza verte as súas augas ao Ulla. Este roteiro mestura patrimonio histórico, cultural e natural. Así, ademais da Mámoa de Abades, os participantes poderán contemplar monumentos coma as igrexas románica e barroca desta mesma localidade, o templo románico de San Martiño de Dornelas, espazos naturais coma os cachóns do Mallo (no río Cervañiña) ou da Zanca, en Dornelas, o pazo de Peizás ou a torre do castelo de Cira.
“Con esta iniciativa ábrense tamén novas perspectivas de colaboración, ademais de axudar a dar a coñecer as potencialidades no plan turístico de Silleda”, sinala o concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que hoxe asistiu a un encontro no Concello de Vedra sobre esta proposta. Foi precisamente a raíz da xuntanza dos concellos que comparten a tradición do Entroido da Ulla como xurdiu a posibilidade de pasar a formar parte deste programa, que entre este mes de xullo e o de novembro percorrerá un total de 19 municipios, dende o nacemento do Ulla ata a súa desembocadura. “O Ulla é o segundo río galego máis importante, e tamén un puntal a nivel turístico”, engade Da Torre.
O calendario previsto para os  roteiros comezará este mes en Monterroso, (o día 14), para continuar en Boqueixón (día 21 de xullo). No mes de agosto celebraranse os roteiros de Touro (día 5), Arzúa (día 11); Vedra (18); Teo (26 de agosto); Pontecesures (2 de setembro); Padrón (8 de setembro); Catoira (16 de setembro); Palas de Reis (22 de setembro); Rianxo (29 de setembro);   Valga (6 de outubro); Silleda (12 de outubro); Antas de Ulla (14 de outubro); Dodro (20 de outubro); Vila de Cruces (27 de outubro); Santiso (3 de novembro); Agolada (10 de novembro) e A Estrada (18 de novembro

jueves, 5 de julio de 2012

Festa do Lacón na vila de Silleda

A capital do concello acollerá unha nova edición da festa  que honra a un dos noso produtos máis senlleiros: o lacón, que desta volta vén cunha sobranceira programación festeira.


PROGRAMA DAS FESTAS DO VERÁN DE SILLEDA 2012
Venres, 6 de xullo:
-          Ás 20:00, Chupinazo das Festas diante da Casa da Cultura
-          Concerto da BANDA XUVENIL DE SILLEDA na Praza do Siñor Afranio
-          XIV FESTA DO LACÓN na Praza da Feira Vella
-          Actuación dun dúo e unha charanga polas rúas da vila
Sábado, 7 de xullo:
-          A partir das 11,30 h, Pasarrúas e concerto no Parque a cargo da BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE FORCAREI
-          Ás 17:00, Festa do Rapaz na Praza da Igrexa
-          Ás 20:00, Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA na Praza do Siñor Afranio
-          Gran verbena coas orquestras: CLAXON e TROPICANA
Domingo, 8 de xullo:
-          Ás 12:00, Misa cantada pola CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA
-          Ás 13:30, Concerto no Parque a cargo da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA
-          Ás 20,00, Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA na Praza do Siñor Afranio
Nesta xornada haberá prezos especiais nas atraccións
Venres, 13 de xullo: REFESTA
-          Ás 21:00, Sorteo das Festas na Casa da Cultura de Silleda
-          Pola noite, espectacular verbena coas orquestras: ISRAEL e ALASKA
Organiza: Comisión de Festas do Verán 2012
Colabora: Concellaría de Turismo e Participación Cidadá do Concello de Silleda

Xirandola organiza un grande festival polo seu XXV aniversario na Bandeira

Baixo o nome de "Onde resoa o cantar...", o sábado 7 de Xullo, na praza da Feira na Bandeira, o grupo de baile da Bandeira "Xirandola" organiza un grande festival que contará con música e baile, nunha recreación da antiga feira da Bandeira, alén de teren como convidado ao grupo "Brisa de Portmany" da illa de Eivissa.


Exposición do artista de Escuadro Adrián Penido na Casa da Cultura

O artista e veciño do lugar de Barreiro, en Escuadro, Adrián Penido, presenta dende o 5 de Xullo as súas creacións na Casa da Cultura de Silleda.

miércoles, 27 de junio de 2012

Segunda reunión do Consello da Cultura

O Consello Municipal da Cultura, que agrupa a todas as institucións culturais do concello, así coma ao concelleiro Matías R. da Torre, reunirase o vindeiro venres 29 de Xuño ás  20:30 na Casa da Cultura de Silleda.

viernes, 22 de junio de 2012

Presentación do poemario "De nuevo en el camino"

A escritora orixinaria do Castro, María José Montero, presentou hoxe  na Biblioteca Municipal Daniel Castelao o seu poemario "De nuevo en el camino". Este acto foi amenizado pola acordeonista de Breixa, Rocío Mosquera.


jueves, 21 de junio de 2012

Reunión do Consello Municipal da Educación para artellar o vindeiro curso

Hoxe pola tarde tivo lugar, na Casa da Cultura de Silleda, unha reunión do Consello Municipal da Educación para artellar o vindeiro curso. O Consello Municipal da Educación está integrado por representantes das entidades educativas do centro e máis das ANPAs Brincadeira e Pícaros, así coma polo concelleiro de Educación, Matías R. da Torre.


martes, 19 de junio de 2012

Festa e literatura en Saídres

A parroquia de Saídres acollerá o vindeiro sábado 23 de Xuño, canda a súa tradicional festa patronal na honra de San Xoán, a presentación da obra "Historia de Saídres" de Manuel Fernández Rey, natural da mesma parroquia.
O acto terá lugar no campo da festa de Saídres ás 19:30 horas.


A Romería do Rapaz recupera a súa esencia inicial co protagonismo dos nenos e nenas e obradoiros más activos e didácticos


A Romería do Rapaz voltará o vindeiro domingo día 24 a Siador co obxectivo de recuperar a súa esencia inicial. Así o afirmou hoxe o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre durante a presentación da 24 edición da festa, todo un referente para moitas xeracións de silledenses. O programa contará así con máis obradoiros simultáneos que nos últimos anos, “buscando actividades menos pasivas para os nenos, auténticos protagonistas, e tamén cunha visión máis educativa”, matizou o concelleiro que debullou o amplo programa de actividades que se celebrarán ao longo de toda a xornada.
Ademais dun obradoiro de títeres, con membros da compañía Viravolta, haberá outro de xoguetes con materia de refugallo, outro de artes plásticas (con Jorge Conde e Fernando Rodríguez), e tamén como novidade un onde os membros da Asociación de Veciños A Costa ensinará a facer as afamadas rosquillas de Abades. Tamén se estrea outro titulado Divertímonos co Bosque, do colectivo de Educación Ambiental e non faltarán outros clásicos coma o obradoiro de maquillaxe, de chapas, cestería e sombreiros de palla (con Manuel Liñares e Carmen Recimil), de cousas da-da con Adriana Rey, ou o de coiro, con José Villar. Neles participarán tamén alumnos do curso de monitor de tempo libre celebrado recentemente en Silleda.
Matías Rodríguez destacou tamén a colaboración da Anpa Brincadeira de Bandeira e Pícaros do CEIP de Silleda, ou do IES Pintor Colmeiro, que realizarán un Lip dub, buscando implicar á comunidade educativa. Así estará tamén presente a Escola de Música Municipal, cunha Entrada Real prevista para as 19.00 horas. No recinto de Siador tampouco faltarán espectáculos de títeres, un obradoiro de circo con Ghazafellos, os gaiteiros da Pereiriña, a actuación de Kote Malabar, a casa dos xogos, con Cedric Bouchard, unha ludoteca itinerante, e por suposto xogos hinchables, multiaventura, deporte, coa exhibición da escola municipal de kung fu, ou os tiralatas e campionato de pano en familia.
O tradicional desfile no que parcipan a comunidade do CEIP de Silleda e nenos e nenas do Cascarón adicarase este ano a pesonaxes de conto.
O espectáculo fin de festa, ás 20.30 horas, correrá a cargo de Pablo Díaz, con Tic-Tac, unha montaxe musical.
Semana de preparación e promoción na comarca
Matías Rodríguez estivo acompañado por dous dos coordinadores que levan tempo traballando no programa, Chus Caramés (de Xandobela) e Anxo García Basterra, e Viravolta, que xa ao longo desta semana traballan cun grupo de nenos e nenas na preparación do recinto e na confección dun cabeduzo (o paiado da Romaría).
Chus Caramés explicou que se busca que os nenos sexan os propios organizadores traballando a educación en valores como a reciclaxe ou o coidado do medio. Pola súa banda, Anxo García destacou a implicación “de todo Silleda” nesta celebración que calificou de a “envexa dos que traballamos para o público infantil”.
Así mesmo, e dado que a romaría, plenamente consolidada, traspasou xa as fronteiras de Silleda, a celebración promocionarase estes días nos colexios de municipios limítrofes (Merza, Piloño, Vilatuxe, Prado, Oca, O Foxo, Forcarei…). Datorre agradeceu tamén a participación de empresas colaboradoras e da comunidade dos Pais Saletinos de Siador. 

Chus Caramés, Anxo García e Matías R. da Torre cunha chea de nenos durante a presentación na Saleta

miércoles, 13 de junio de 2012

Silleda será o punto de arranque das xornada de Aega para dar a coñecer á cidadanía o valor da arqueoloxía e o patrimonio

O municipio de Silleda será o punto de arranque en Galicia das xornadas Novidades da Arqueoloxía Galega, organizadas pola Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía (Aega) para informar do significado real da arqueología e o patrimonio. A cita trasdezá, coa que colabora a Concellaría de Cultura, comezará o venres ás 20.30 horas na biblioteca pública municipal Daniel Castelao, onde haberá varias disertacións sobre o patrimonio, con intervencións abertas ao público en xeral. O arqueólogo silledense Israel Picón Platas, que hoxe presentou as xornadas xunto co concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez, abre a sesión falndo do patrimonio arqueológico do concello de Silleda, municipio que atesoura máis de 100 xacementos, entre eles uns 24 castros. Continuará os relatorios Sara Rodríguez Souto, falando das descubertas recentes en Galicia na última década e pechará Juan Carlos Castro Carrera, coa conferencia titulada O patrimonio en tempos de crise, con cuestións máis candentes e conflictivas nas que disertará sobre a arqueología de xestión fronte á de investigación, entre outros asuntos.
A cita silledense continuará o sábado día 16 cunha visita didáctica aos Castros de Toiriz (ás 11.00 horas), guiada por membros do colectivo organizador. O arqueológo Israel Picón explicou hoxe  durante a presentación que se agarda a presenza de arqueólogos e profesionais da xesión do patrimonio, e eloxiou a aposta realizada no municipio por poñer en valor nos últimos anos xacementos coma o Castro de Toiriz ou a Copa do Castro, agradecendo a iniciativa das asociacións que o promoveron.
Pola súa banda, o concelleiro Matías Rodríguez incidiu na visión clarexadora das xornadas, de interese para o público en xeral, os interesados no patrimonio cultural e mesmo para aqueles que sospeiten da existencia de xacementos nas súas propiedades “para saber cómo actuar, como limpar ou garantir a súa accesibilidade”, engadiu. Ademais da relación afectiva con Silleda, ao ser Israel Picón natural de Refoxos, outro dos motivos de iniciar as xornadas en Silleda débese, segundo explicou o arqueólogo, á centrica situación da localidade ou ao “extenso traballo realizado no ano 86 polo arqueólogo silledense Xulio Carballo”.
A segunda cita será no concello coruñés de Boiro, no centro arqueológico de Neixón e dende Aega tamén se está a negociar cos municipios de Celanova (Ourense) e Meira (Lugo), para continuar con estas xornadas.