A Banda da Bandeira
Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
sábado, 29 de septiembre de 2012
XI Festival de Música da Bandeira
O sábado 29 de Setembro terá lugar ás 20:30 horas, no Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira unha nova edición do seu festival de música. Desta volta, alén da Banda de Música Recreativa e Cultural da vila trasdezá afintriona, actuará a Xove Banda de Narón.
sábado, 22 de septiembre de 2012
Actividades da Asociación Cultural Vista Alegre
ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE
· XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20 h. e Xoves de 18 a 19 h.)
· CURSIÑO DE PILATES
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)
· CURSIÑO DE CALCETA
(Martes de 18 h. a 20 h.)
· CURSIÑO DE CANTO E BAILE TRADICIONAL (Para maiores)
(Martes de 20 h. a 21 h.)
· CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)
· CURSIÑO DE ZUMBA
Trátase dunha nova actividade para manter o corpo en forma. Dirixido a todas as persoas que estén dispostas a darlle caña ós seus músculos. Este tipo de ximnasia está acompañada, case sempre, de música latina. (Os días e horarios dependerán do nº de inscritos-as)
CURSIÑO DE INFORMÁTICA
(Xoves de 19 h. a 21 h.)
· CURSIÑO DE FOTOGRAFÍA E TRATAMENTO DE IMAXE
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)
· CURSIÑO DE PINTURA (Impartido por Francisco Alén “Picho”)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)
Os cursiños comezarán a partires do 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro 28 de Setembro.
MOI IMPORTANTE: Pregámosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante.
Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios de todas as actividades.
NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS: Como todos sabemos, os tempos que estamos pasando, non son os mellores para a xente que está sen traballo, polo que dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades en que participen, CONSULTÁDENOS
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Paulinho Lêmos na carballeira de Silva (A Bandeira) o venres 14 ás 22:00 horas
A Concellaría de Cultura e Turismo do Concello de Silleda como
agasallo de fin de tempada estival, contará
Paulinho Lêmos, o patriarca da
música brasileira en Barcelona,
trasládase a Pontevedra e A Coruña, para presentar o seu séptimo
disco, “Café con xeo”. O aluvión
musical que sobrevén ao escoitar
cancións de Paulinho Lêmos, é
comparable a deixarse arrullar polas augas do río Ulla, apoiando a cabeza
sobre unha das súas pedras puídas. Vacacións musicais polo mundo son o premio e
compromiso cun mundo que soña e reverte en historias e propostas cada vez máis
modernas e provocativas. Paulinho converteuse por obra do seu
talento e empeño, no Patriarca da MPB
(música popular brasileira), en Barcelona.
“Café con xeo”, 2010; o seu disco homenaxe á cidade multicultural
por excelencia de España, foi a
pedra angular dunha escola que ha ir crecendo cos días e forxouse naturalmente
a partir de encontros fortuítos e
afortunados con novas xeracións de músicos do mundo que en torno do legado
brasileiro, e do propio Paulinho,
recréano e engrandecen lonxe do seu lugar orixinal e así o devolven ao xigante
suramericano coa marca Lêmos.
Este disco, que se gravou entre Brasil,
Alemaña e Portugal, contou coa
participación de figuras imprescindibles como Mú Carvalho, Kiko Freitas, Ney Conceição, Filó Machado, João Frade,
Nelson Faria e Frank Rausch.
Esta vez o mestre Paulinho
volve achegarse ao público galego, o cal o coñeceu sobriamente durante o Festival Son e arte de Viveiro, Lugo; en 2009, e algo menos en
2008 durante un concerto como convidado as Festas
do Cristo de Cangas. Presentará o seu “Café
con xeo” dando unha visión
refrescante da música brasileira. A súa condición de jazzista, á súa vez enraizado na auténtica
cultura carioca, aparece enriquecida pola súa convivencia durante dúas décadas
en Portugal. Logo o seu asentamento
no mediterráneo de Barcelona, e os
seus itinerancias mundanas, lle validan como o músico brasileiro máis
internacional da súa xeración. O
seu pouso musical é un dos máis
contundentes e enjundiosos alimentos sonoros para os máis esixentes oídos. O
primeiro concerto terá lugar en Bandeira,
por unha iniciativa do Concello de
Silleda, e O Drakesito (Vos
mellores mojitos de Galicia). Logo nun singular espazo gastronómico musical de Arzúa, o Café Confeitaría La esquina. En ambos os concertos estará a
disposición do público o CD “Café con
xeo”. Para ambos os eventos a entrada é libre.
Máis información en: www.myspace.com/paulinholemos.
www.paulinholemos.com
Tel contacto: 693-804563. O Drakesito.
Programa:
Paulinho Lêmos
presenta o seu CD "Café con xeo".
Venres 14 Setembro. Lugar:
Carballeira de Silva (A Bandeira). Silleda. 22:00Hs.
Sábado 15 Confeitaría-Café "A Esquina". Praza de
Galicia, 7. Arzúa. 21:30H.
lunes, 3 de septiembre de 2012
Teatro no Mosteiro de Carboeiro e na Bandeira
"AS POMBAS DE CARBOEIRO" da Compañía Fantoches Baj de Lalín que ha ter lugar en dúas sesións no Trasdeza:
- A Bandeira (centro Cultural Vista Alegre), sábado 8 de setembro ás 20:30 h
- Mosteiro de Carboeiro, domingo 9 de setembro ás 17:30 h.
Especialmente o do Mosteiro, por ter a obra inspiración nel, está proxectado para que poidan ser tamén partícipes na tarde dominical os numerosos visitantes que ten o cenobio románico.
A entrada aos espectáculos custará 3 euros, podendo retiralas a partir do luns no propio Centro Cultural Vista Alegre, no Mosteiro de Carboeiro ou na Casa da Cultura de Silleda. Amais poderanse facer reservas no correo-e: info@turismosilleda.es
lunes, 27 de agosto de 2012
CONCERTO DE SOMOS III NA PRAZA DA FEIRA VELLA DE SILLEDA, XOVES 30 ÁS 10 DA NOITE
Logo do concerto de Chimango organizado pola Concellaría de Cultura e Turismo o pasado 8 de agosto e da boa acollida que tivo entre os silledenses, uns hostaleiros da vila dirixíronse a min coa idea de organizaren outro concerto e dinamizar as noites de verán na vila.
É polo que se respalda e colabora esta iniciativa de dous negocios hostaleiros locais, Restaurante Ricardo e Café Bar Pukará, ambos os dous situados ao pé da Praza da Feira Vella, para que o vindeiro xoves, 30 de agosto a partir das 10 da noite na devandita praza, teña lugar un concerto do grupo de Silleda, SOMOS III, integrado por Daniel Talquenca (guitarra) Paco Montoto (teclados e programación musical) e Carlos Montoto (voz), os cales interpretan fundamentalmente un repaso polo repertorio do pop-rock das décadas dos 80 e 90 no Estado español.
Esta interesante iniciativa pretende ser unha proba para experimentar se estas iniciativas teñen boa acollida do público, e conduzan a que, sobre todo, no verán vindeiro se poida pechar unha programación estival entre semana conxunta entre a hostalaría local e a Concellaría, nos núcleos urbanos de Trasdeza, Silleda e A Bandeira, que dinamice a actividade lúdica das vilas nas diversas rúas e prazas e sexa tamén un reclamo para os visitantes e turistas.
É polo que se respalda e colabora esta iniciativa de dous negocios hostaleiros locais, Restaurante Ricardo e Café Bar Pukará, ambos os dous situados ao pé da Praza da Feira Vella, para que o vindeiro xoves, 30 de agosto a partir das 10 da noite na devandita praza, teña lugar un concerto do grupo de Silleda, SOMOS III, integrado por Daniel Talquenca (guitarra) Paco Montoto (teclados e programación musical) e Carlos Montoto (voz), os cales interpretan fundamentalmente un repaso polo repertorio do pop-rock das décadas dos 80 e 90 no Estado español.
Esta interesante iniciativa pretende ser unha proba para experimentar se estas iniciativas teñen boa acollida do público, e conduzan a que, sobre todo, no verán vindeiro se poida pechar unha programación estival entre semana conxunta entre a hostalaría local e a Concellaría, nos núcleos urbanos de Trasdeza, Silleda e A Bandeira, que dinamice a actividade lúdica das vilas nas diversas rúas e prazas e sexa tamén un reclamo para os visitantes e turistas.
sábado, 18 de agosto de 2012
‘aCadaCanto’, chega ao Mosteiro de Carboeiro o vindeiro venres día 31 de agosto
O mosteiro de Carboeiro será o escenario
dun novo concerto. A cita, o vindeiro venres día 31 de agosto será esta vez con
aCadaCanto, o quinto traballo
discográfico do selo Músicas de Salitre. Artistas coñecidos como Guadi Galego,
Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices do
traballo resultante deste xuntoiro de artistas con traxectorias independentes.
Aínda que xa teñen coincidido en moitas ocasións, esta é a primeira vez que os
catro participan de forma conxunta. O disco foi publicado a mediados do pasado
mes de maio.
A
cita en Carboeiro será ás 21.30 horas, e as entradas terán un prezo de 10 euros
en venda anticipada e de 12 euros na billeteira. A venda anticipada farase na
Casa da Cultura de Silleda (986 581028; info@turismosilleda.es)
o na mesma tarde no mosteiro.
A cita,
programada dende a Concellaría de Cultura e Turismo, que dirixe Matías
Rodríguez da Torre, vén sumarse á oferta cultural de verán.” Pese ás
dificultades económicas, dende a Concellaría de Cultura e Turismo buscamos que
poida haber durante o verán actividades culturais de grande calidade, polo que
aínda haberá algunha cita máis antes que remate a tempada estival”, engade o
concelleiro.
(Nota: o concerto será presentado a
vindeira semana polos propios artistas en Silleda)
miércoles, 15 de agosto de 2012
O Bandeirock será o 16 de Agosto
O 16 de Agosto teremos unha nova edición do Bandeirock. Desta volta, a partir das 22;30 teremos a oportunidade de ver a Barrio Rojo, Tu mujer nos engaña, malucos e malandros e máis unha banda sorpresa.
As actuacións terán lugar na rúa Camilo José Cela, en caso de que chova irase ao pavillón da Bandeira.
O Esmorga Folk será o 17 de Agosto na Bandeira
...e coma sempre será na vila de A Bandeira. Desta volta virán:
-Tanto nos ten (de Redondela)
-Zurrumalla (de Vigo)
-Os Carapaus ( de Compostela)
-Os Cuchufellos (de Manzaneda)
As actuacións terán lugar desde as 22.30 horas
-Tanto nos ten (de Redondela)
-Zurrumalla (de Vigo)
-Os Carapaus ( de Compostela)
-Os Cuchufellos (de Manzaneda)
As actuacións terán lugar desde as 22.30 horas
martes, 7 de agosto de 2012
Bases para as subvencións en Cultura e Deporte
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais e asociacións veciñais, educativas ou outras entidades sociais que presten servizos ou organicen actividades sen fin de lucro do tipo (organización de actividades que fomenten a cultura, a educación, o turismo ou a participación cidadá como cursos e obradoiros, celebracións tradicionais, viaxes, certames, etc.) e para gastos en infraestruturas e equipamento cultural.
Este ano como novidade pódense recoller no Rexistro do Concello todos os modelos precisos para presentar, e mesmo descargalos desde o sitio web www.silleda.es
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 6 de Agosto , a partires da páxina 64.
Este ano como novidade pódense recoller no Rexistro do Concello todos os modelos precisos para presentar, e mesmo descargalos desde o sitio web www.silleda.es
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do luns 6 de Agosto , a partires da páxina 64.
domingo, 5 de agosto de 2012
Chimango Comando rumbero, presenta en Silleda o seu disco "Donde el diablo perdió el Poncho", o mercores 8 Agosto na Praza da Feira Vella as 10 da noite.
Chimango presenta "Donde el diablo perdió el poncho", en tour galego, ao que se sumou Silleda (8 de Agosto en Praza do Feira vella). A concellaria de Cultura e Participacion Cidada decidiru engrosar a programación estival con esta proposta actual de música mestiza adubiada co sabor tropical de O Drakesito, os mellores mojitos cubanos de Galicia.
En formato trío baixo o apelativo de Comando rumbero, presentarán unha música avalada por figuras como Manu Chao, Tonino Carotone, Anouk Chauvet (Fufu-ai), quen colaboran neste novo disco do arxentino afincado en Barcelona, Pablo Pascuale.
En formato trío baixo o apelativo de Comando rumbero, presentarán unha música avalada por figuras como Manu Chao, Tonino Carotone, Anouk Chauvet (Fufu-ai), quen colaboran neste novo disco do arxentino afincado en Barcelona, Pablo Pascuale.
A Xunta de Goberno Local acordou iniciar o procedemento para a adxudicación do programa lúdico educativo fóra do horario lectivo
A
Xunta de Goberno Local de Silleda acordou hoxe, entre outros asuntos, iniciar o
procedemento para contratar o servizo do programa lúdico-educativo de apertura
de centros escolares públicos fóra do horario lectivo. Farase, ao igual que o
ano pasado por procedemento negociado con publicidade.
Este servizo está dirixido a nenos/as de entre 3 e 12 anos, con
actividades nos centros escolares fora do horario lectivo, e tamén durante as
vacacións.
O procedemento está aberto a todas aquelas empresas interesadas e que
cumpran cos requisitos lúdico educativos que esixen as bases. Os pregos, coas
condicións tanto técnicas como administrativas, xa se poden consultar na web
municipal, no apartado Perfil do Contratante (sección servizos).
As empresas que queiran concorrer dispoñen dun prazo de 15 días
naturais, contados a partir de mañá día 4. O prezo polo que se licita o servizo
é o mesmo ca o do ano pasado: 80.000 euros.
Na adxucación, teranse en conta unha serie de criterios obxectivos e
tamén subxectivos. En canto aos obxectivos, atenderase ao prezo ofertado,
facendo fincanpé en que as empresas deben de presentar unha distribución
salarial dos traballadores. Esta cuestión puntuarase con 4 puntos.
Tamén se terá en conta o número de monitores. Así valorarase en 0,5
puntos, e ata un máximo de 1,5 (máximo 3 puntos) cada monitor que propoñan as
empresas a maiores. No prego esíxense contar con persoal técnico axeitado para
o desenvolvemento da actividade de cara a atender 90 nenos e nenas. Entre os
persoal que se pide figura: unha persoa con titulación de Mestre, diplomada en
Educación Infantil ou Primaria; 4 monitores de Tempo Libre ou equivalente, un
licenciado en Psicoloxía, Psicopedagoxía, ou Pedagoxía na especiacidade
escolar; un titulado/a en Educación Social; e unha persoa para servizos con
carné de manipulador de alimentos. Debe respetarse unha ratio mínima de 1
coidador/a por cada 12 nenos/as. Así mesmo, debe nomarse por parte da empresa
un director/a ou coordinador/a para toda a actividade.
O concelleiro de Educación, Matías Rodríguez da Torre, explica que
“básicamente o que se fixo foi simplificar os criterios obxectivos, de feito,
cos criterios citados anteriormente, tamén se busca que poidan concorrer
empresas que aínda que non teñan experiencia no servizo, sí conten cunha
programación lúdica e educativa”, engade.
Así, nos criterios subxectivos, terase en conta o programa educativo
que se presente, valorando sobre todo a súa multidisciplinariedade. Este será o
criterio que máis puntue, con 5 puntos.
Da Torre tamén explica que como novidade este ano se encargará un
informe sobre o programa lúdico a un membro do recén creado Consello Municipal
de Educación. “Será un especialista na sección de idade á que se dirixe o
servizo, contando contando co seu asesoramento á hora de valorar os programas”,
engade o concelleiro.
jueves, 26 de julio de 2012
AS BASES DE SUBVENCIÓNS DE CULTURA ESTÁN PREPARADAS E APROBADAS
A Concellaría de Cultura do Concello de Silleda que
dirixe o Concelleiro do BNG, Matías Rodríguez da Torre, anunciou que logo de
saíren os orzamentos municipais, o pasado venres se aprobaron as bases de subvencións
para actividades culturais dirixidas ás asociacións rexistradas no rexistro
municipal. A estas agora quédalle un último trámite que é a publicación dixital
no Boletín Oficial da Provincia da Deputación Provincial, polo que o
Concelleiro agarda que en setembro como máximo estean ao dispor dos colectivos
para estes poder presentar os seus proxectos.
Este ano dotáronse con
39.000 euros, aproximadamente un 20% menos que as concedidas o ano anterior, e poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais e asociacións veciñais, educativas ou outras
entidades sociais que presten servizos ou organicen actividades sen fin de
lucro do tipo (organización de actividades que fomenten a cultura, a
educación, o turismo ou a participación cidadá como cursos e obradoiros,
celebracións tradicionais, viaxes, certames, etc.) e para gastos en
infraestruturas e equipamento cultural, todos no período comprendido entre o 1
de xaneiro e o 10 de decembro de 2012.
Desde a Concellaría de
Cultura tentáronse simplificar os trámites para a presentación da
documentación, polo que se subirán á web municipal e o blogue de participación
cidadá modelos de toda a documentación a presentar, fichas que tamén se poderá
recoller no propio Concello, e que axudarán a estandarizar a información
presentada polos interesados, aos cales se lles avaliará até 10 puntos a
antedita documentación en base aos seguintes criterios,
-
Interese
xeral e calidade das actividades a desenvolver. (até 4 puntos)
-
Número
de beneficiarios directa ou indirectamente. (até 2 puntos)
-
Carácter
permanente ou periódico das actividades obxecto de subvención, en base ao
número de actividades ou proxectos realizados ou con proxección de cara ao
futuro. (até 2 puntos)
-
Contribución á normalización da lingua e
cultura galegas. (até 2 puntos)
O
Concelleiro tamén deixou claro que non
serán subvencionábeis os gastos de mantemento ordinario: auga, luz, gas,
comidas e bebidas e teléfono. Só se admitiran os
gastos provenientes de seguros ou alugueiros se estiveren directamente
relacionados coas actividades obxecto da subvención. E tamén se ofrece a
novidade da posibilidade de cobranza anticipada até un máximo do 50% dos gastos
coa pertinente xustificación dos mesmos. En palabras de Matías R. da Torre “as
subvencións teñen que servir para colaborar ao máximo naqueles actividades que
teñn un fundamento cultural, priorizando as que aposten pola formación, o
desenvolvemento turístico e a participación veciñal”
lunes, 16 de julio de 2012
OS XENERAIS DA BANDEIRA REPRESENTARON UN ATRANCO NA FREGUESÍA DE VILA DE PUNHE, VIANA DO CASTELO, PORTUGAL.
O pasado sábado 14 de xullo os Xenerais da
Bandeira estiveron representando aos Xenerais da Ulla no festival de Teatro
Popular do eixo Atlántico celebrado no lugar de Largo das Neves na freguesía
portuguesa de Vila de Punhe, pertencente a cámara municipal de Viana do
Castelo. No festival de teatro organizado pola cámara de Viana de Castelo e o
Auto das Floripes participaron colectivos da Galicia como os Xenerais da Bandeira
e veciños e veciñas do Concello Lucense de Cervo, xunto a colectivos de teatro
popular da zona do eixo atlántico Portugués.
Os Xenerais da Bandeira representaron o sábado
14 ás 18 h un atranco de seis xenerais con correos e sentinelas, no que
reflexaron un bando invasor da Galicia e un bando defensor de Portugal. As súas
arengas trataron temas de actualidade Portuguesa e Galega sen esquecer que os
dous países son irmáns compartillando mesma cultura e agora rescate económico,
así como tamén se fixeron alusións o uso elevado de galeg@s do aeroporto
internacional de Porto, a figura de Cristiano Ronaldo, referencias aos xenerais
da revolución dos caraveis ou a reconquista dos territorios galaicos da época
de Gallaecia.
É de sinalar que se estableceron contactos co
colectivo organizador, Auto das Floripes, tanto por parte da Concellería de
Cultura de Silleda como polos organizadores para comezar unha vía de
comunicación cara a posibilidade de que na vindeira edición se poida realizar
unha xornada do Eixpressoes na Bandeira. ´
Hai que lembrar que o festival continúa nesta
vindeira fin de semana en Xinzo da Limia, no que estarán presentes os Moros e
Cristianos do Auto das Floripes, e remata na fin de semana do 28 e 29 de xullo
en Viana do Castelo con representacións das pantallas, cigarróns, peliqueiros,
da Maruxaina do norte de Lugo e os Xenerais de Vedra.
A II Romaría da Fervenza de Escuadro será o vindeiro sábado 21 de Xullo
Esta mañá tivo lugar, na Casa da Cultura de Silleda a presentación da Romaría da Fervenza de Escuadro, na cal estiveron presentes do concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre e mais representantes da directiva da Asociación O Son da Ferveza.
Un día cheo de música e lecer, que contará coa participación dos seguintes grupos:
- Bico da Balouta, Agolada
- O Arco de Merza (Vila de Cruces)
- Lume na Lareira, (A Estrada)
- Almuíña Pandereteiras,(Escuadro)
- Pao de Buxo, (Saídres)
- Pandereteiras de Curantes (A Estrada)
- Camballeira, (A Estrada
- Ruadeiras de Loimil (A Estrada)
- Gaiteiros da Pereiriña (Ansemil-Martixe)
- O Son da Fervenza, (Escuadro).
O programa para ese día de festa será o segunte:
-
A partir das 12:00 h. da mañá, os Grupos participantes farán a súa
presentación coa interpretación de tres pezas.
-
Pregón a cargo de D. Rafael Agulló Albors ( Director da Banda Municipal
da Silleda e Coro da Fervenza ).
-
Unha vez rematado o Pregón todos os Grupos interpretarán conxuntamente
o Pasodobre de “ San Roque “.
-
A continuación comida campestre para todos os que queiran asistir.
Haberá postos de bar, pulpeiros, rosquilleiras e artesáns.
-
Comida de confraternidade de tódolos Grupos.
-
A partir das catro da tarde actuación de todos os Grupos asistentes (
A duración será duns 45 minutos por grupo, aproximadamente ).
-
Cea de confraternidade.
-
Foliada para todos os que o desexen.
-
Haberá festa ata que o corpo aguante.
-
Haberá café para todo e toda durante todo o día
viernes, 13 de julio de 2012
O Xenerais da Bandeira estarán presentes no Encontro de Teatro Popular do Eixo Atlántico
Será o sábado 14 de Xullo en Largo das Neves (Viana do Castelo, Portugal) onde os Xenerais da Bandeira farán unha demostración das súas arengas, dentro desta senlleira mostra de teatro, demostrando o particular caracter do Entroido da Ulla.
Unha foto antiga do "Entroido dos Xenerais" na Bandeira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)
.jpg)





