As vindeiras reunións para o mes de Marzo serán:
-O martes 13 en Piñeiro ás 21:00h
-O mércores 14 en Vilar ás 20:30h
-O martes 20 en Oleiros ás 21:00h
-O mércores 21 en Dornelas ás 21:00h
-O xoves 22 en Martixe e Ansemil ás 20:30h
Lembramos que as funcións dos Consellos de Relacións Veciñais serán as seguintes:
-Propoñer ao órgano competente fórmulas encamiñadas a resolver os problemas relacionados co ámbito das súas funcións.
-Emitir informes por iniciativa propia ou a petición do Concello, sobre materias da súa competencia.
-Emitir e formular propostas e suxestións en relación co funcionamento dos servizos e organismos públicos municipais.
-Presentar iniciativas, propostas ou suxectións ao Concello, para seren discutidas nas comisións informativas municipais correstpondentes.
Coa Participación Cidadá, agora ti participas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario