Ábrese
o prazo de inscrición para o curso de monitor de actividades de tempo libre promovido
pola Concellaría de Cultura do Concello de Silleda
Silleda, 5 de marzo de 2012
A finais de marzo comezará a impartirse o curso de Monitor
de Actividades de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia. Está organizado
pola Escola Rural de Tempo Libre coa que colabora a Concellaría de Cultura,
Educación, Turismo e Participación
Cidadá, que dirixe Matías R. da Torre.
O prazo de inscrición para a participación na actividade
formativa estará aberto ata completar o límite máximo de 25 prazas, aínda que
ten que haber un mínimo de 15 alumnos para que se imparta. Quen o desexe pode
apuntarse a través da web www.escolaruraldetempolibre.com
ou na propia Casa da Cultura de Silleda,
formalizando o proceso coa cumprimentación dos datos personais e co pagamento
de matrícula, a partir de 210€ por alumno, para o que existe a opción de aboalo
en prazos. A selección dos alumnos realizarase por orde de inscrición.
A actividade formativa ten unha duración de 200 horas
teórico- prácticas en horario intensivo e impartirase na Casa da Cultura do Concello
de Silleda. Comezará o 31 de marzo e en abril será do dia 1 ao 6, o 14, 15, 28
e o 29; en maio será os días 1, 12, 13, 26 e 27; e en xuño prevé os días 2, 3,
16 e finaliza o 17.
O curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre contempla
módulos coma Psicoloxía, Socioloxía, Lexislación, Expresión deportiva e
drámática, Roteiros e campismo, Aspectos sociais na saúde, Risoterapia entre un
total de 19 e garántese o lugar onde facer as prácticas que van incluídas na
actividade formativa.
O teléfono 636 201 810 está posto a disposición de todas
aquelas persoas interesadas ás que lle xurda algún tipo de dúbida, en horario
de 10.30 a
14.00 horas e de luns a venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario