O Concello de Silleda terá representación
na feira Alimentaria 2012 de Barcelona que se celebrará do 26 ao 29 de marzo.
A Deputación de Pontevedra, coa
colaboración da Concellaria de Turismo que dirixe Matías R. da Torre, é a
encargada da colocación dun expositor no que se poñerán a disposición do
público visitante folletos turísticos da comarca de Deza, así coma queixos da Asociación
Feiral a Semana Verde e Rosquillas de Tábora para degustación.
Esta actuación está integrada no proxecto
do Deza, posto en marcha pola devandita deputación e financiado polo Fondo
Social Europeo e ten como obxectivo dar a coñecer, fóra das nosas fronteiras,
os produtos típicos da zona, así coma a proxección de todos os recursos
turísticos dos concellos da contorna.
Cartaz de Alimentaria 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario