Onte pola noite, nunha reunión na Casa da Cultura entre o concelleiro de educación, Matías Rodríguez da Torre e os representantes das 6 institucións educativas do concello (CEIP de Silleda, CEIP da Bandeira, Colexio María Inmaculada, Escola Infantil Galiña Azul, IES Pintor Colmeiro e Preescolar na casa) así como das ANPAS (Brincadeira do CEIP da Bandeira e Pícaros do CEIP de Silleda) quedou constituido o Consello Municipal da Educación.
Na reunión de onte puxéronse en común as características e demandas dos distintos centros así como foron suxeridas diferentes inciativas para inserir á sociedade trasdezá na actividade educacativa, e do mesmo xeito acordáronse celebrar reunións semestrais..
Nesta primeira asemblea constituinte quedou nomeado Jesús Fernández Sulleiro como vicepresidente do Consello Municipal da Educación, director do I.E.S. Pintor Colmeiro e Matías Rodríguez da Torre como presidente.
Aspecto da constitución do Consello Municipal da Educación onte á noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario