A Fundación Preescolar na Casa ten previsto desenvolver as súas actividades no Ceip de A Bandeira, e a Concellaría de Educación, que dirixe Matías R. da Torre, colaborará con ela na facilitación das instalacións e no apoio para as inscripcións para o programa.
As actividades, Espazos das Familias, - que pertence a Preescolar na Casa – darán comezo neste mes. A Fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que oferta, a través dun equipo de profesionais, un Servizo de Orientación Educativa ás familias e un Servizo de Difusión que comprende unha ampla variedade de accións divulgativas.
Dende esta fundación, as familias terán a oportunidade de favorecer o encontro con outras con características e necesidades similares, profundizar no desenvolvemento dos cativos para comprendelos mellor e ter actuacións máis axeitadas, aproveitar os recursos disponibles como elementos educativos, recoñecerse como principais educadores dos fillos, favorecer a sociabilización, e a participación en actividades lúdicas, todo para o desfrute dos máis pequenos.
Aqueles que estén interesados, poden inscribirse a través do correo electrónico correo@preescolarnacasa.org, da web www.preescolarnacasa.org, ou tamén na Casa da Cultura de Silleda (986581028).
No hay comentarios:
Publicar un comentario