A vila da Bandeira tivo de novo outra edición do seu Entroido do Xenerias o sábado 18 de Febreiro, desta volta a asociación Xenerais da Bandeira, promotora da xolda, levou a cabo un pasarrúas con cabezudos antes do xantar, figura senlleira moitas décadas atrás do Entroido da vila da Bandeira, e recuperada para esta edición logo de meses de traballo de obradoiro para realizalos. O obxectivo era facer 3 dos personaxes dunha obra de teatro escrita polo ferrolán Bieito Vicetto, e que sitúa na mesma vila da Bandeira.
Anxo Lois Diéguez, vogal da asociación Xenerais da Bandeira, promotora do Entroido e da recuperación da tradición do desfile de cabezudos, preparándose para sair no desfile de cabezudos.
Pola tarde foi o grande desfile de máscaras, moi concorrido e onde había grupos e charangas de toda a Comarca e que recorreu as principais rúas da vila e rematou no Alto que tivo lugar na Praza da Feira, onde os 2 bandos levaron a cabo unha dura loita dialéctica de arengas primeiro no Alto Infantil e logo no de maiores.
Aspecto do Alto, cun arco de mimosas que simbolizaba a froteira.
Velaí o vídeo do Alto dos Xenerais Infantil:
Velaí o vídeo do Alto dos Xenerais (maiores):
No hay comentarios:
Publicar un comentario