Arredor de trinta colectivos trasdezaos acudiron onte á Casa da Cultura de Silleda onde tivo lugar a reunión na que se fixo a proposta de constitución do Consello de Cultura.
Na reunión mantida onte designouse o presidente do Consello, que será o Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, a videprensidencia recaerá na Banda Recreativa e Cultural de A Bandeira, a cal enviou como representante ao seu tesoureiro Diego Cuíña, mentres que os representantes das restantes asociacións serán os vogais. Cabe destacar, que ao ser en representación do colectivo, se alguén non pode acudir ás reunións, pode ser substituido por outro membro da súa asociación.
Este consello manterá asembleas con carácter semestral e estará vixente mentres dure a lexistatura; o obxectivo fundamental desta entidae é a coformación dun grupo a prol da cultura no Concello de Silleda, que organice actividades para a súa promoción.
O Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, califica de importante a heteroxeneidade de colectivos que acudiron, posto que “habíaos con obxectivos totalmente culturais, pero outros tamén artísticos, ou que son só tanxenciais no eido cultural, aínda que aportan moito coas actividades que organizan nas correspondentes parroquias”.
Na encontro mantido onte, os asistentes estruturaron as bases para as subvencións de 2012, aportando un modelo por cada punto a presentar, para que a entrega da documentación precisa fora máis doada para todos; tamén se deixou claro que estas axudas económicas, en ningún caso servirían para comidas, nin tampouco para gastos ordinarios como poden ser luz, auga... Unha das primeiras función deste órgano recén constituido, será valorar as propostas de resolución de subvencións funcionando tamén como consello asesor do propio Concello.
Rede cultural municipal
Asemade, o Consello de Culutra contempla a creación dunha rede cultural que vai facilitar a comunicación e a colaboración entre colectivos, para que todo o mundo teña coñecemento das actividades que organizan os demais, e proporcionar así a este municipio un calendario estable de actividades culturais. Esta rede tamén permitirá ás asociacións evitar a duplicidade de eventos na mesma data, ou unha organización máis aticipada, ademáis da colaboración directa con outras, aportando os recursos de cada unha, para levar os seus proxectos a cabo.
Algo no que se traballará na vindeira reunión, en xuño, será unha proposta da presidencia, na que se pon sobre a mesa a posibilidade de que todos os colectivos colaboren para que os silledenses que non o coñezan, teñan información sobre o seu propio patrimonio e a riqueza cultural socializando monumentos e paraxes naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario