Coa creación do blogue Silledaparticipa! (SP) a veciñanza de Trasdeza, ten unha ferramenta para coñecer todas as novidades que acontecen no concello de Silleda, no eido da Participación Cidadá, a Cultura e a Educación. Agora nós propoñemos e vós decidides ou vós propoñedes e decidimos entre tod@s! Esta é a clave dun concello aberto, achegado á cidadanía.Este blogue está aberto a calquera suxerencia e crítica, así como a conta de correo cultura.silleda@gmail.com. Con SP, agora, ti participas!
jueves, 17 de mayo de 2012
Literatura na Ruta da Auga. Unha achega ás nosas letras feita polos veciños de Parada
Moi fermosa a inciativa dos veciños de Parada para celebrar o día das nosas letras: poñer poemas, relatos, comics e mesmo o texto en galego máis antigo que se conserva (do 1230) dispostos ao longo da súa Ruta da Auga deica o final de maio, inzando lavadoiros e fontes de mostras da literatura feita na nosa lingua. Parabéns!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario